Logo dunha importante reforma na que se investiron máis de 800.000 euros
Regos: "Traballaremos para que Ordes conte tamén cun crematorio"
O alcalde Manuel Regos inaugurou onte as obras de reforma do tanatorio municipal do Balado. Unhas obras que contaron cun investimento de 835.200 euros e que se financiaron a través do Fondo Estatal de Investimento Local. Ao acto foi convidado o subdelegado do Goberno, José Manuel Pose Mesura, quen definiu a Ordes como "vila exemplar, dinámica e punteira, que terá grandes cousas tamén no futuro”.
"Obra primordial para o municipio"
Pola súa banda, Manuel Regos amosou a súa satisfacción porque a reforma do tanatorio sexa xa unha realidade xa que era “unha obra primordial para o municipio”. Ademais o primeiro edil foi máis aló e explicou que o próximo no que queren traballar dende o goberno local é en conseguir que Ordes conte cun crematorio, converténdose nunha das poucas vilas da provincia que o teñen, como A Coruña, Narón ou Santiago de Compostela.

Este proxecto de reforma supuxo que o tanatorio conte agora con dúas novas salas de velorio, unha capela, unha zona de oficina e unha cafetería, que se suman ás outras dúas salas velatorias xa existentes, ademais dos servizos cos que xa contaba o edificio.
O proxecto incluiu tamén melloras na instalación eléctrica, así como a instalación de aire acondicionado e calefacción.
A frase de Manuel Regos, alcalde de Ordes
"A reforma do tanatorio do Balado era unha obra primordial para o municipio”
A frase de Roberto González, concelleiro de Obras e Urbanismo de Ordes
“O tanatorio municipal do Balado tiña xa once anos e necesitaba adaptarse aos novos tempos, ademais de que cada vez se estaba a facer máis pequeno para un municipio como o de Ordes”
*