sábado, 23 de octubre de 2010

Castro: “Os veciños saben dos grandes avances das parcelarias ordenses durante o Bipartito da Xunta”

Afirman que o goberno municipal debería deixar de negar o evidente e adicarse a traballar para resolver problemas na parcelaria de Beán-Pereira como o arranxo das pistas da rede principal de camiños

O portavoz nacionalista de Ordes amosou hoxe sábado a súa sorpresa porque o goberno municipal negue que durante a xestión do BNG na Consellería do Medio Rural se dou a toma de posesión provisional de cinco parcelarias.


Gonzalo Castro amosou a súa “sorpresa porque o goberno municipal negue os grandes avances que se produciron nas parcelarias ordenses nos últimos anos, grazas ao gran esforzo inversor realizado na pasada lexislatura pola Consellería do Medio Rural, que estaba dirixida polo nacionalista Alfredo Suárez Canal, e que investiu máis de seis millóns de euros nas parcelarias de Ordes, convertindo a Ordes no concello con máis investimento nesta materia de toda Galiza”.

O portavoz afirmou que “esta actitude do goberno municipal tampouco é nova, xa que na pasada lexislatura cada vez que a Consellería do Medio Rural anunciaba o remate dalgunha concentración parcelaria, adicábase a obstruir o traballo da Consellería e a negar que fose certo o anunciado pola mesma”.

Os veciños, testemuñas directas dos avances
Gonzalo Castro salientou que “afortunadamente os veciños e veciñas de Ordes teñen sido testemuñas directas destes avances, como ben saben os veciños de Ardemil, Leira, Montaos, Buscás, Barbeiros e Vilamaior, parcelarias que foron rematadas durante a xestión do BNG na Xunta”.

Con respecto á parcelaria de Beán-Pereira, Castro afirmou que “resulta preocupante que o goberno municipal descoñeza que no prazo aproximado de dúas semanas producirase a publicación, no Diario Oficial de Galiza (DOGA), do acordo da concentración parcelaria de Beán-Pereira, e o que resulta lamentábel é que non fixera un seguimento da tramitación desta parcelaria para saber que, con total probabilidade, o número de recursos que se presenten contra o acordo non superará o 6% dos titulares nin o 10% por cento da superficie concentrada, o que poderá permitir a toma de posesión provisional das fincas de reemprazo”.

O portavoz nacionalista afirmou que “o goberno municipal debería deixar de negar o evidente e adicarse a traballar para resolver problemas que son da súa competencia na parcelaria de Beán-Pereira, como o arranxo das pistas da rede principal de camiños, que xa son de titularidade municipal desde hai dous anos e que se atopan nun deficiente estado de conservación”.

*

Unha delegación do PP de Ordes se presenta ante a Xunta de Galicia para coñecer a realidade das concentracións parcelarias do municipio

Os populares acusan á anterior delegada de Medio Rural, Olga García, de "enganar aos veciños" e antepoñer a súa militancia nacionalista ao rigor e seguridade xurídica

Martínez Sanjurjo, enxeñeiro forestal e candidato popular de facto á alcaldía de Ordes, estréase divulgando un completo informe da situación real da parcelarias do noso municipio 

Dende a Xestora do Partido Popular de Ordes informaron esta tarde de que varios representantes da formación mantiveron unha reunión na Xunta de Galicia "para axilizar os procesos de concentración parcelaria que se están a executar" e reclamar "o máximo rigor para que se respecten os dereitos de todos os propietarios".


Olga García entre Lino Gaudeoso e Gonzalo Castro en xaneiro de 2009.

Logo das "afirmacións contraditorias e carentes de rigor" que se teñen efectuado nos últimos días "para confundir aos veciños", o Partido Popular de Ordes informa que os propietarios con terreos nas zonas de concentración parcelaria de Beán-Pereira II, Parada II e Mercurín-Lesta II "poderán coñecer nas próximas semanas as fincas de reemprazo que lles corresponderán, abríndose logo o período de alegacións".

Simultaneamente, sempre segundo o comunicado dos populares, os propietarios de Ardemil, Leira, Buscás e Barbeiros-Vilamaior II, que xa tomaron posesión das fincas de reemprazo tempo atrás, recibirán os títulos de propiedade ao longo do ano 2011 ou, como moi tarde, o 2012.

Pola súa parte, os propietarios de Montaos están a sofrir as consecuencias da "xestión chapuceira do anterior Goberno bipartito", que deu posesión das novas fincas "sen ter completado todo o proceso legal necesario, deixando pendentes de resolver numerosos recursos e sen solucionar tampouco a afectación derivada do trazado do Camiño Inglés" que atravesa a parroquia.

Toda esta información foi recompilada polo Partido Popular de Ordes nunha reunión celebrada nos servizos centrais da Consellería de Medio Rural cunha dobre intención: reclamar a axilización das concentracións que están en marcha e trasladar aos veciños afectados información fidedigna sobre o proceso.

Martínez Sanjurjo, candidato do PP á alcaldía de Ordes.
Asistiu ás reunións o candidato popular á alcaldía
Na reunión participou o candidato do Partido Popular á Alcaldía de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, que pola súa condición de enxeñeiro técnico forestal e auxiliar técnico en topografía, é un bo coñecedor de todas as fases que integran calquera proceso de concentración parcelaria. Tamén asistiu a presidenta da xestora local do PP, Estrella Vázquez Varela.

O Partido Popular de Ordes aclara que boa parte das demoras que están a padecer os veciños afectados polas diferentes concentracións parcelarias que se están a executar no Municipio son consecuencia da actuación irresponsable da anterior delegada de Medio Rural, que antepuxo a súa militancia nacionalista e a busca de réditos electorais mediante o engano, fronte ao rigor, a planificación ordenada e a necesaria seguridade xurídica que debe caracterizar calquera concentración parcelaria, un proceso complexo de ata oito fases diferentes.

“Antes de desinformar, hai que contrastar os datos; e en lugar de competir en despilfarro e en enganos, como sucedeu durante a etapa do bipartito, hai que actuar coa seriedade coa que traballa o actual equipo da Consellería de Medio Rural”, afirman desde o PP de Ordes.

CONCENTRACIÓN PARCELARIA NO CONCELLO DE ORDES
Situación actual segundo informan dende o Partido Popular de Ordes.

1º.- BEÁN-PEREIRA II:
a) O decreto da zona é do ano 1991, e as bases definitivas (fincas aportadas) son firmes dende o 25/04/1999. Non se pode falar, polo tanto, dunha espera dun cuarto de século.

b) En datas próximas, vaise efectuar a exposición publica do Acordo de Concentración Parcelaria da zona, o que implica dar a coñecer as propietarios as fincas de reemplazo, logo de resolver as alegacións interpostas contra o proxecto exposto no ano 2008. Xa se convocou a xunta local da zona.

c) Coa exposición pública achegaránselle aos propietarios as fichas de atribucións da nova fase e abrirase un prazo de un mes para a presentación de recurso de alzada.

d) Neste momento dende a Consellería de Medio Rural, estase axilizando o trámite de contratación do amojonamiento (sinalización dos lindeiros) das fincas de reemprazo, que será coñecido nas vindeiras semanas.

e) Posteriormente publicarase o correspondente aviso de toma de posesión das novas fincas e abriranse os prazos contemplados na lei 12/2001 para a comprobación de superficie e retirada do arborado.

f) Finalmente, declararase a firmeza do acordo, unha vez resoltos todos os trámites e continuarase coa elaboración dos títulos de propiedade e a protocolización notarial da acta de reorganización de propiedade.

Prazo estimado de remate proceso: 2 anos, mínimo.

Non respectar eses prazos implicaría inseguridade xurídica para os propietarios.

2º.- ARDEMIL, LEIRA, BUSCÁS, BARBEIROS-VILAMAIOR II E MONTAOS:
a) Nestas zonas deuse posesión provisional das fincas de reemprazo aos propietarios. Ardemil, Leira e Buscás son as mais avanzadas e estase cos últimos flecos de resolución das reclamacións. Vaise publicar a firmeza do acordo en breve, contratar a elaboración dos títulos de propiedade e efectuar a acta de reorganización da propiedade. Ao longo de 2011 ou comezos de 2012 efectuarase a entrega de títulos de propiedade.

b) Barbeiros-Vilamaior II. Tamén ten toma de posesión provisional e neste momento estanse a resolver as reclamacións de superficie. En breve colocaranse os marcos que quedaron pendentes logo da toma de posesión (novembro 2008), e procederase de igual xeito que no resto das zonas mencionadas.

Firmeza do acordo e acta de reorganización da propiedade: ano 2011.

c) Montaos II. Aínda ten pendente a notificación dos recursos de alzada, que se efectuará en breve, así como as reclamacións de superficie e corrección de erros no amojonamiento. Así mesmo tratarase de dar unha solución satisfactoria aos afectados polo trazado do Camiño de Santiago (Camiño Inglés).

A toma de posesión das fincas de reemprazo deuse dun modo apresurado en novembro do 2007, e agora son os propietarios os que pagan as consecuencias, aínda 3 anos despois.

Firmeza do acordo e acta de reorganización da propiedade: sen data fixa

3º.- PARADA II e MERCURIN-LESTA II;
a) En ambas zonas estase á espera da exposición publica do proxecto das novas fincas. Este trámite efectuarase en breve, en cuestión de semanas, unha vez que dende a administración se convoquen as xuntas locais. Abrirase un prazo de alegacións e, a continuación, a empresa adxudicataria dos traballos procederá a elaborar os planos do acordo.

b) Dende a Consellería tratarán de axilizar no posible os tempos das seguintes fases, a fin de que os propietarios poidan botar man das novas fincas canto antes.

De ningún xeito se pode dicir que estes procesos rematarán nos próximos meses, nin que os investimentos da anterior lexislatura así o prevían, cando son tantos e tan laboriosos os trámites que faltan ata acadar a toma de posesión, e máis aínda a firmeza do acordo e posterior acta de reorganización da propiedade.
Non respectar os diferentes prazos e fases legalmente establecidas implicaría inseguridade xurídica para os propietarios.

Moitas das demoras que se están a producir nas diferentes zonas de concentración de Ordes veñen derivadas do modo de actuar da anterior delegada do medio rural: falta de planeamento e busca de intereses unicamente partidistas (BNG) por riba do rigor e veracidade que se lle debe esixir a calquera cargo público.

*

Os socialistas ordenses, escandalizados co recorte orzamentario da Xunta de Galicia

O secretario xeral dos socialistas de Ordes define como "sectarios" a uns orzamentos do ano 2011 que"castigan" aos veciños de Ordes "por non ter un goberno do Partido Popular"

Pedreira: "Os veciños saben ben que quen apostou por Ordes foi o goberno bipartito"

O secretario xeral da Agrupación Socialista de Ordes, Xesús Pedreira, denuncia que os orzamentos aprobados pola Xunta de Galicia son “sectarios e castigan aos veciños e veciñas de Ordes por non ter un goberno do Partido Popular”. Neste sentido, Pedreira sinala que “os orzamentos da Xunta non contemplan varias obras de abastecemento e saneamento en Ordes que non só estaban comprometidas, senón que mesmo tiñan o proxecto feito pero que agora quedaron en nada”.

Pedreira considera que esta situación “é un castigo da Xunta, que actúa con sectarismo diante daqueles gobernos municipais que non son do seu partido”. Neste sentido, denuncia que outros concellos da comarca ordense gobernados polo Partido Popular sí que terán investimentos durante o ano 2011.

Para o socialista, “está claro que o Partido Popular non apostou nunca por Ordes en ningún momento”, fronte aos investimentos recibidos durante a etapa do bipartito e cuxos beneficios están a ver os veciños de Ordes.

A frase de Xesús Pedreira, secretario xeral da Agrupación Socialista de Ordes
“Os veciños de Ordes saben ben que quen apostou por Ordes foi o goberno bipartito, que puxo en marcha multitude de obras”, sinala Xesús Pedreira, “pero o que é vergonzoso é que a Xunta castigue agora aos veciños de Ordes por non votar ao Partido Popular”.

O BNG falará do asunto o luns en Santiago de Compostela
Sobre este mesmo particular, o BNG de Ordes ven de anunciar unha convocatoria de prensa para este luns 25 de outubro en Santiago de Compostela na que participarán Gonzalo Castro e a deputada Ana Pontón.

*

O BNG proporá o rescate da concesión da escola infantil de Ordes

'Sorrisos' podería ter que abandoar a xestión deste servizo público se a inspección e o pleno da corporación determinan un incumplimento no contrato administrativo

Gonzalo Castro anunciou esta tarde que o BNG proporá o rescate da concesión da Escola Infantil ‘Sorrisos’ nunha moción que se debatirá no pleno da corporación municipal do vindeiro martes. Os nacionalistas defenderán, por tanto, que sexa o Concello quen volva a asumir a xestión dun servizo que foi privatizado a comezos deste ano.


Gonzalo Castro referiuse ás continuas queixas dos pais e nais pola baixa calidade da comida que se sirve aos cativos na Escola manifestando que “desde o BNG xa advertimos do deterioro na prestación do servizo que se provocaría coa privatización da Escola Infantil, e opuxemonos firmemente a ela, mais o alcalde, co apoio do PP, sacouna adiante co argumento de que o Concello non podía asumir o custo da prestación dese servizo".

O portavoz nacionalista criticou “que o alcalde e o PP apoiasen a privatización dun servizo público esencial, como é a escola infantil, co argumento de que as arcas municipais non podían asumir o seu custo de 90.000 euros anuais, mentres se está destragando máis de tres millóns de euros de diñeiro público en obras faraónicas e non prioritarias como a ampliación da Alameda e da Casa Consistorial, ou se lle paga o cuartel á Garda Civil, cun investimento de máis de dous millóns de euros”.

Castro acusou ao alcalde e ao PP de “hipocresia política”, e emprazounos a “rectificar e apoiar o rescate da concesión da garderia municipal, para que sexa o Concello quen volva asumir a súa xestión e poder garantir un servizo público e de calidade para os nosos veciños”.

Que é un rescate dunha concesión?
É unha forma de resolución de contratos coas Administracións públicas, neste caso a través da resolución do contrato de xestión de servizos públicos firmado no seu día entre unha Administración -Concello de Ordes- e unha empresa xestora de servizos públicos -Escola Infantil Sorrisos-, mediante a cal e previa inspección se conclúe con que unha serie de deficiencias na xestión son motivo de resolución contractual. Esto suporía que a Administración pública poidera ter que 'rescatar' a xestión do servizo, previa indemnización á empresa das inversións, obras e instalacións que executadas pola concesionaria, foran a pasar de novo á Administración.

viernes, 22 de octubre de 2010

Castro súmase á defensa do Noitebús cos nacionalistas da comarca


Presentarán diversas mocións nos concellos de Santa Comba e Ordes

O BNG da comarca compostelá deu comezo a unha campaña para defender a necesidade de que a Xunta rectifique e non suprima o servizo do Noitebús. Dela falaron esta mañá en rolda de prensa a deputada do BNG, Ana Pontón; o responsable comarcal de Galiza Nova, Roberto Pardal Coca; o responsable local de Santa Comba, Felipe Calvo; e o portavoz do BNG de Ordes, Gonzalo Castro, por ser as localidades máis prexudicadas coa supresión. As iniciativas desta campaña serán, entre outras, a presentación de mocións nos Concellos, actos diversos cos mozos e mozas, recollidas de sinaturas e diversas preguntas no Parlamento de Galiza.

Vinte liñas de Noitebús en Ordes

Dentro da comarca de Compostela, informan dende o BNG Compostela, Ordes e Santa Comba son as dúas localidades máis prexudicadas, con 28 liñas de Noitebús, 20 Ordes e oito Santa Comba. De feito, Santa Comba é a localidade do país que concentra maior oferta e demanda deste servizo. Precisamente esta mesma mañá, as deputadas do BNG Ana Pontón e Teresa Táboas presentaron dúas preguntas para a súa resposta na comisión: unha relativa ao impacto da supresión do Noitebús no Concello de Ordes e outra a respecto do impacto en Santa Comba.

Nelas pídense os datos concretos de usuarios deste servizo e pregúntaselle á Xunta se é consciente de que a supresión do Noitebús supón reducir estratexias para diminuír os accidentes entre a xente moza. Así, preguntaselle tamén se reducir os accidentes entre a mocidade lles parece unha cuestión complementaria e prescindíble así como se, revisado isto, ten previsto a Xunta rectificar na súa decisión.


Gonzalo Castro denunciou a política de “destrucción masiva” que está a por en marcha o Partido Popular desde a Xunta e dentro da que se enmarca a supresión do Noitebús.

Foto: Roberto Pardal, Ana Pontón, Felipe Calvo e Gonzalo Castro, esta mañá en rolda de prensa. 

*

O PP de Ordes solicitara á Xunta unha inspección xeral na gardería municipal

Cando o Concello privatizou a gardería, o PP reclamou que se mantivese un control estricto sobre o centro para garantir a calidade da atención aos nenos

Os populares lanzan unha mensaxe de ánimo ao persoal e apuntan que, de terse producido algunha hipotética incidencia, a responsabilidade política recaerá sobre o Concello

O Partido Popular de Ordes solicitara, a través dun escrito na oficina comarcal da Xunta de Galicia, a realización dunha inspección urxente na escola infantil municipal de Ordes logo da alarma social suscitada tras coñecerse as denuncias públicas de algúns pais que alertan dun deterioro do servizo ofertado aos meniños.

Inspección da Xunta de Galicia 
Dada a transcendencia deste asunto, e ante a sospeita de que se poda ter producido algunha presunta neglixencia, o Partido Popular solicita a inmediata intervención da inspección da Xunta de Galicia para analizar todos os parámetros que debe cumprir unha escola infantil, revisando especialmente a calidade nutricional dos menús ofertados aos menores escolarizados, a idoneidade nutricional para cada tramo de idade e cadro de persoal asignado habitualmente a este centro.

Recordan que cando o actual Goberno privatizou a gardería municipal, o Partido Popular advertiu da necesidade de que por parte do Concello se mantivese un control estricto sobre o funcionamento do centro para evitar calquera incidencia ou deterioro da calidade na atención que este centro debe prestar aos cativos escolarizados nel.

Ante a situación creada no pobo, os populares lanzan unha mensaxe de ánimo ao persoal da gardería e apuntan que, de terse producido algunha hipotética incidencia, a responsabilidade política recae sobre o Concello como titular do servizo.

Reencontro coas orixes ordenses


O alcalde recibe a un ordense residente en Brasil dende 1954 

O alcalde Manuel Regos recibiu hoxe no Concello a José Sánchez López, un veciño natural de Ordes que reside no Brasil dende hai 56 anos e que estivo de visita no municipio xunto aos seus familiares.

Foto: De esquerda a dereita: José Sánchez López; o alcalde, Manuel Regos; o fillo de José Sánchez López que o acompañou na viaxe; e outro veciño ordense.

*

Ordes comenza esta fin de semana a liga de fútbol sala

Organizada pola Asociación Deportiva de Ordes

Tamén haberá competición de dardos, tute e futbolín

Esta fin de semana Ordes dá comenzo a unha das modalidades das ligas deportivas que organiza para este ano a Asociación Deportiva de Ordes en colaboración co Concello.


Concretamente será a liga de fútbol sala a que dea comezo esta fin de semana, unha liga que contará coa participación de 20 equipos de toda a comarca, con xogadores que van dende os 16 aos 63 anos. Os partidos xogaranse os venres e sábados nos polideportivos de Campomaior e Castelao. As clasificacións daranse asiduamente pola radio municipal, Radio Ordes, e tamén se poderán consultar na web http://www.asociaciondeportivaordes.es.tl/

Deportes de outras 'modalidades'
Por outra banda para principios do mes de novembro tamén está previsto que dean comenzo as ligas nas outras modalidades, que serán dardos, tute e futbolín. A liga de dardos xogarase no bar Tahití, a de tute no bar Mira e a de futbolín no bar Millenium.

Ademais está previsto que para o próximo mes de xaneiro se faga unha nova convocatoria para participar na liga de tenis, xa que nesta convocatoria non se superou a inscrición mínima para a súa celebración.

*

Pedreira: "O que anuncia Castro aínda non se pode dar por finalizado"

O edil de Medio Rural para os pés aos nacionalistas á hora de publicitar a inminente toma de posesión da parcelaria de Beán-Pereira

Pedreira: "É lamentable a falta de información de Gonzalo Castro"

O goberno local do Concello de Ordes, tralo pleno da xunta local da concentración parcelaria da zona Beán- Pereira, que tivo lugar onte, explicou que todavía non se pode dar por finalizado o proceso, tal e como anunciaba hoxe na prensa o portavoz do BNG ordense, Gonzalo Castro.
Así, e tal e como explicaron dende o grupo de goberno, todavía hai que remitir o informe do acordo á Dirección Xeral de Desenvolvemento para a súa aprobación, e posteriormente será notificado a todos os propietarios de maneira individual que poderán interpoñer recurso de alzada dentro do prazo de trinta días hábiles dende a notificación, cuestións que tal e como explicou o concelleiro de Medio Ambiente, Medio Rural e Sanidade, Xesús Pedreira “pode todavía retrasar moito o proceso”.

O edil explicou tamén que nesta concentración todavía quedan sen abrir catro kilómetros de camiños secundarios, aínda que sí anunciou a próxima colocación dos marcadores.

"A información dada polos nacionalistas non é exacta"
“É lamentable a falta de información do portavoz do BNG acerca deste tema. A nós gustaríanos que a finalización da concentración de Beán-Pereira fose unha realidade, pero non é así, e a información dada polo edil nacionalista non é exacta”, dixo Pedreira.

No pleno da xunta local da concentración parcelaria da zona Beán- Pereira, tamén se explicou que ao proxecto se presentaron 164 alegacións, das que se estimaron 73, e 56 se estimaron en parte e foron desestimadas 35. En canto aos datos xerais da zona, a superficie total é de un pouco máis de 1.337 hectáreas.

Por outra banda o goberno local sí puido anunciar a firmeza de acordo para a finalización da concentración parcelaria de Ardemil, cuestión que calificaron de gran importancia para o municipio, despois de moitos anos de espera.

O vindeiro luns día 25 de outubro celebrarase no Concello de Ordes a reunión do pleno da Xunta Local da concentración parcelaria da zona Mercurín- Lesta II, na que se tratará o informe sobre o proxecto de camiños e o informe do proxecto da concentración parcelaria.

*

Castro, satisfeito co anuncio da publicación da parcelaria Beán-Pereira

Castro atribue este avance aos seis millóns de euros investidos por Suárez Canal no tempo do Bipartito 

O portavoz municipal do BNG de Ordes, Gonzalo Castro, anunciou que nun prazo aproximado de dúas semanas producirase a publicación, no Diario Oficial de Galicia , do acordo da concentración parcelaria de Beán-Pereira, o que dará lugar, se o número de recursos presentados contra o mesmo non supera o seis por cento dos titulares de explotacións nin os reclamantes representan máis do dez por cento por cento da superficie concentrada, á aprobación da toma de posesión provisional das fincas de reemprazo por parte dos seus titulares.


Castro amosou a súa satisfacción por este acordo e manifestou que “o impulso á tramitación da concentración parcelaria de Beán-Pereira foi posíbel grazas ao gran esforzo inversor realizado na pasada lexislatura pola Consellería do Medio Rural, que estaba dirixida polo nacionalista Alfredo Suárez Canal”.

Seis millóns de euros nas parcelarias ordenses
O portavoz nacionalista lembrou que “na pasada lexislatura a Consellería do Medio Rural investiu máis de seis millóns de euros nas parcelarias de Ordes, convertindo a Ordes no concello con máis investimento nesta materia de toda a Galiza, o que posibilitou a entrega nos últimos anos das concentracións parcelarias de Ardemil, Leira, Montaos, Buscás e Barbeiros-Vilamaior, ás que haberá que engadirlle, nos próximos meses, a de Beán-Pereira”.

Castro valorou “a incidencia positiva que ten a finalización da concentración parcelaria de Beán-Pereira no desenvolvemento socioeconómico do noso concello, non só no referente as posibilidades de dimensionamento das explotacións agrarias, senon tamén respecto das dotacións de infraestructuras como a creación e mellora da rede viaria, así como no facilitamento do acceso a servizos básicos nos núcleos rurais”.

A frase de Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG de Ordes
“Os investimentos aprobados pola Consellería do Medio Rural na pasada lexislatura prevían a finalización e entrega, antes de xuño de 2011, de todas as concentracións parcelarias abertas en Ordes, prazos que agardamos que sexan respectados polo actual goberno da Xunta, o que permitiría a finalización e entrega durante os próximos meses das parcelarias de Parada e de Lesta-Mercurín”.

*

O Concello de Ordes participa na I Feira Galega do Voluntariado

Un stand do Concello mostra no centro comercial de Área Central de Santiago de Compostela, o traballo levado a cabo dende o programa municipal de Voluntariado Verde

O Concello de Ordes participa dende hoxe na I Feira Galega do Voluntariado que organiza a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia ata o próximo 24 de outubro.

Así, o Concello de Ordes é unha das 50 entidades que participan nesta xuntanza de voluntariado cun stand no que mostra o traballo levado a cabo dende o Programa de Voluntariado Verde promovido dende o Consistorio.

Dar a coñecer o traballo do Voluntariado Verde
A inauguración da Feira tivo lugar esta mañá e correu a cargo do director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro Tato e a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, que visitaron o stand do Concello de Ordes. Ao acto asistiu o concelleiro de Medio Ambiente, Xesús Pedreira, quen insistiu en destacar e agradecer a gran labor que están a desempeñar os voluntarios ordenses que, de forma desinteresada, contribúen coa súa participación nos distintos bloques de actividades do programa de Voluntariado Verde a coidar e fomentar o respeto polo patrimonio natural do municipio. Ademais tamén explicou que esta feira servirá para dar a coñecer todo o traballo que se está a realizar dende este programa municipal.

A feira prolongarase ata o próximo domingo no centro comercial Área Central en Santiago de Compostela.

*

O Concello xa ten listo o 'Circuíto deportivo e cultural' do outono

Haberá obradoiros de pandeireta, gaita, tiro con arco, pilates, así como diferentes cursos de informática


O Concello de Ordes, a través do departamento de Cultura e Deporte que dirixe Xosé Ramón Vázquez Raña, prepara unha nova edición do 'Circuíto deportivo e cultural' que traerá durante este trimestre ao municipio diferentes actividades para o disfrute dos veciños e veciñas de Ordes. Así os ordenses que estean interesados, poderán inscribirse nun amplo abano de actividades, entre elas, obradoiros de pandeireta, gaita, tiro con arco, pilates, así como diferentes cursos de informática.

Concretamente e no relativo ás clases de pandeireta, está previsto que se celebren os martes de novembro, decembro e xaneiro nas instalacións da Escola de Música. No mesmo lugar, pero os mércores, terán lugar as clases de gaita, día no que tamén se celebrará o obradoiro de tiro con arco de 20 a 21 horas no pavillón Campomaior. Os luns e os mércores celebraranse as clases de pilates de 20 a 21 horas.

Cursos de informática
Por outra banda tamén se realizarán diferentes cursos de informática, moi demandados polos veciños. Haberá tres cursos adicados á iniciación en Windows XP, de 20 horas de duración cada curso. O primeiro deles terá lugar os luns e mércores do mes de novembro de 10 a 12 horas na aula de informática da Casa da Cultura; outro celebrarase os martes e xoves de novembro de 18 a 20 horas, e por último, no mes de xaneiro celebrarase o terceiro os martes e xoves de 18:30 a 21 horas tamén na Casa da Cultura.

A estes cursos sumaranse ademais outros dous de perfeccionamento en Windows XP, un os martes e xoves de novembro de 20 a 22 horas e outro os luns e mércores de xaneiro de 19:30 a 22 horas. Tamén se celebrará en novembro un curso sobre redes sociais dirixido a pais e nais, e por último outro de perfeccionamento de Excel os luns e mércores de xaneiro de 17 a 19:30 horas na Casa da Cultura.

Dende o Concello advirten de que se poderán producir cambios nos horarios e lugares de realización dos cursos.

Para poder participar nestes cursos haberá que facer unha inscrición, cuxo prazo xa está aberto ata o próximo 27 de outubro. As fichas de inscrición poden recollerse e deberán entregarse no departamento de Cultura e Deporte situado na planta baixa da Casa do Concello, onde tamén se poderá recibir máis información acerca das actividades e os prezos das mesmas.

A frase de Xosé Ramón Vázquez Raña, concelleiro de Cultura e Deporte de Ordes
"Animo a todos a que participen nestas actividades, coas que se pretende dar unha alternativa de ocio aos adultos ordenses, e ao mesmo tempo formalos nalgunha especialidade tanto cultural como deportiva, así como na informática, tendo en conta o momento no que vivimos e a importancia de ter coñecementos neste ámbito”

*

miércoles, 20 de octubre de 2010

O Mesón do Venta xa conta con contedor de recollida de aceite doméstico usado

Coa campaña de sensibilización da reciclaxe deste producto, xa se ten evitado que 5.000 litros de aceite contaminaran uns cinco millóns de litros de auga

O Concello de Ordes anima a tódolos veciños da vila a que depositen o aceite doméstico usado nos distintos contedores de recollida deste residuo de que dispón o municipio, e que esta semana se amplía con un máis que está ubicado na praza da Igrexa no Mesón do Vento.


Dende que o pasado mes de novembro de 2008 se puxera en marcha a campaña de sensibilización de reciclado de aceite usado de cociña, Tirar aceite polo fregadeiro contamina, o Concelllo leva xestionado máis de 5.000 litros deste residuo evitando así por cada un destes litros xestionados, contaminar 1000 litros de auga dos nosos ríos.

Contedor de reciclaxe de aceite na Ada. Alfonso Senra.
Numerosos beneficios ambientais
Son xa varias as campañas de sensibilización levadas a cabo nas que se dan a coñecer os beneficios ambientais que a reciclaxe deste residuo supón xa que, segundo o Concello de Ordes, con cada litro de aceite usado xestionado evitamos lanzar 1.32 kilos de dióxido de carbono á atmósfera e impedimos que se contaminen, aproximadamente, 1.000 litros de auga.

Coa colocación deste novo contenedor, son xa oito os contenedores que o Concello de Ordes ten instalado no municipio para este fin. Concretamente o resto de contenedores están ubicados, un na rúa do Recreo á altura do número 34, outro na rúa da Feira (ao lado da Escola de Música), outro na rúa Pascual Veiga nº1, outro na rúa do Muíño, outro na rúa Nova á altura do número 36, e outros dous na Avenida de Alfonso Senra.

A frase de Xesús Pedreira, concelleiro de Medio Ambiente de Ordes
"A política ambiental levada a cabo por esta concellería insiste unha vez máis na necesidade de concienciar á cidadanía da importancia da reciclaxe deste residuo polos beneficios que conleva, non só ambientais, senón que tamén para evitar os problemas que acarrea desfacerse deste residuo polas cañerías, xa que provoca a súa obstrucción ao solidificarse e, en consecuencia, graves molestias para calquera domicilio ou comunidade de veciños. Así mesmo, se os aceites alcanzan as alcantarillas acumúlanse nas esquinas e favorecen a proliferación de colonias de roedores e, incluso, se se mesturan coa auga poden chegar a disminuir a súa calidade. En definitiva, é un xesto co que gañamos todos"

*

martes, 19 de octubre de 2010

Unha representación do Concello acudiu onte a Madrid como invitada á entrega dos premios Ciudad Sostenible

Son outorgados pola Fundación Fórum Ambiental e foron entregados pola Princesa de Asturias

O concelleiro de Medio Ambiente, Medio Rural e Sanidade do Concello de Ordes, Xesús Pedreira, e a concelleira de Educación, Mocidade e Discapacidade, Silvia Marín, acudiron onte, en representación do Concello de Ordes, a Madrid á entrega da oitava edición dos premios Ciudad Sostenible que outorga a Fundación Fórum Ambiental.



Unha gala á que o Concello de Ordes foi invitado en recoñecemento ao seu traballo en favor do medio ambiente e o desenvolvemento sostible, invitación pola que o edil de Medio Ambiente, Xesús Pedreira, mostrou a súa gratitude e a súa satisfacción, ao ser moi poucos os invitados ao evento.

O acto estivo presidido pola Princesa de Asturias que foi a encargada de entregar os premios. Entre as institucións premiadas nas diferentes categorías estiveron o Concello de Palencia, o de Santa Pola (Alicante), La Aldea de San Nicolás (Las Palmas), Rivas Vaciamadrid (Madrid) e a Deputación de Jaén.

Dende o goberno local do Concello de Ordes mostraron a súa satisfacción por ter sido invitados a un evento de tal importancia, recoñecendo así o traballo que se está a realizar dende o Concello en materia medioambiental.

Máis información na páxina web da Casa Real a través deste enlace.

*

O BNG acusa ao alcalde de "defender aos especuladores" co retraso do PXOM

Gonzalo Castro critica que "en tres anos non se rematase nin sequera o avance" e que o alcalde "intente engañar aos veciños con mentiras"

O portavoz municipal do BNG de Ordes, Gonzalo Castro, acusou onte ao alcalde Manuel Regos, de “favorecer aos especuladores co retraso na tramitación do PXOM de Ordes”.

Castro afirmou que “detrás da lentitude na tramitación do PXOM existen sospeitas fundadas da existencia de intereses inconfesábeis, que buscan provocar que non se aprobe definitivamente o mesmo no presente mandato municipal, o que abocaría a Ordes a seguir padecendo un desenvolvemento urbanístico caótico e pouco sostíbel.”

O portavoz nacionalista acusou ao alcalde “de manter tres anos paralizada a tramitación do PXOM e intentar engañar aos veciños xustificando o retraso con excusas que non son máis que mentiras, cando é precisamente agora, nun momento de crise, cando mais se necesita un PXOM que dea un impulso ao noso Concello”.

Segundo Gonzalo Castro “coas excusas do alcalde para non acelerar a tramitación do PXOM demostrase que para él é máis importante manter a vixencia dunhas normas subsidiarias obsoletas, que benefician a uns poucos especuladores, antes que aprobar un PXOM que beneficie ao conxunto dos veciños e veciñas de Ordes, permitindo que o noso Concello poida desenvolverse urbanísticamente de xeito equilibrado”.

A frase de Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG de Ordes
"O BNG defenderá que se aprobe canto antes un PXOM que permita un desenvolvemento urbanístico equilibrado, que fomente a creación de vivenda protexida e que prime a calidade de vida dos veciños e veciñas de Ordes"

*

O Concello organiza un curso de graduado en ESO para adultos

Dará comenzo o próximo día 2 de novembro na Casa da Cultura

O Concello de Ordes, a través do departamento de Educación, Mocidade e Discapacidade, que dirixe a concelleira Silvia Marín, organiza un curso de graduado en ESO para adultos.


Un curso dirixido a maiores de 18 anos co que se pretende dar a posibilidade de conseguir o título de graduado en ESO a persoas que polo motivo que fose non o obtiveran no seu día. Ademais con esta iniciativa, dende o Concello de Ordes pretenden dar unha ferramenta máis a todas aquelas persoas para as que conseguir esta titulación poida supoñer unha facilidade á hora de encontrar un traballo.

Comezan o 2 de novembro
As clases darán comenzo o vindeiro día 2 de novembro na Casa da Cultura de Ordes, unhas clases que se prolongarán ata o mes de xuño para os que consigan o título nesa convocatoria de exames, ou en setembro para os que necesiten a segunda convocatoria.

Non é a primeira vez que se realiza este curso no municipio que sempre contou cun gran éxito de aprobados. Así, na edición do ano pasado foron máis do 90% dos alumnas e alumnas participantes os que conseguiron o título.
Máis información acerca do curso no departamento de Educación, Mocidade e Discapacidade do Concello de Ordes, situado na planta baixa da Casa do Concello.

sábado, 16 de octubre de 2010

Manifestación en A Coruña contra el decreto del carbón con presencia de ordenses


Allí estuvieron al menos los ediles Xesús Pedreira (PSOE), José Luis Gómez Candal (UxO) y Ramón Vázquez (UxO)

Más de 2.000 personas, informa Europa Press -unas 1.500 según la Policía Local y unas 3.000 según los organizadores- se concentraron esta mañana ante la Delegación del Gobierno en A Coruña como protesta por el decreto del carbón. Estuvieron presentes representnates de los principales partidos. Entre ellos, por el PSOE, el presidente de la Diputación de A Coruña, Salvador Fernández Moreda; por el PP, el delegado de la Xunta en A Coruña, Diego Calvo; y por el BNG, el diputado Francisco Jorquera.

Miembros del PP, PSOE y BNG
También se dieron cita miembros de la Plataforma en contra del decreto del carbón -integrada por BNG, CIG y USTG- y representantes de los comités de empresa de Endesa As Pontes y Gas Natural Meirama, de CC.OO. y UGT. Entre los representantes municipales, los alcaldes de As Pontes, Cerceda, Ferrol, Ortigueira, Mañón, As Somozas, Cabanas, Ares, A Capela, Oleiros, Cerdido, Arteixo, Narón, Fene, Cedeira, Monfero, Carballo, Tordoia, Razo, Mesía y Abegondo.

El Concello de Ordes estuvo representado por el concelleiro de Sanidade, Medio Rural y Medio Ambiente, Xesús Pedreira (PSOE), así como por los también ediles José Ramón Vázquez, de Cultura e Deportes (UxO); y José Luis Gómez Candal, edil de Promoción Económica, Turismo, Mercados e Exposicións, también de UxO.

Foto: Imagen de la manifestación de esta mañana contra el decreto del carbón / EFE.

*

Ordes estuda crear unha comisión para a violencia de xénero

O seu debate terá lugar nun encontro derivado do Protocolo contra a violencia de xénero de 2008

Enriba da mesa dúas cuestións: A explotación sexual e a trata de persoas en Ordes

O Concello de Ordes, en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, buscar poñer en marcha novos mecanismos que consoliden o Protocolo de actuación para a atención integral a vítimas de violencia de xénero, elaborado no ano 2008 entre diferentes organismos.


Nesta ocasión, tal e como informaron dende o Centro de Información á Muller do Concello, preténdense abordar dúas cuestións: estudiar a viabilidade de crear unha comisión para a violencia de xénero, e analizar o tratamento de dous temas de especial relevancia no entorno, como son, a explotación sexual e a trata de persoas, e a especial vulnerabilidade das mulleres migrantes que son vítimas de violencia de xénero.

Para tratar estas cuestións o Concello de Ordes organiza unha reunión á que están invitadas as institucións implicadas no protocolo, como corpos e forzas de seguridade, xulgados, servizos sanitarios e servizos sociais e a Subdelegación do Goberno. Este encontro terá lugar o luns 25 de outubro na Casa do Concello de Ordes. Nesta iniciativa tamén colabora a ONG Ecos do Sur.
Por outra banda como complemento e reforzo a esta actividade e ao protocolo, tamén se levarán a cabo diferentes accións formativas dirixidas ao personal das institucións implicadas, co fin de que coñezan todas as novidades e información acerca desta problemática.
.
O edil Xosé Manuel Tobío.
Elaboración de dípticos
Outra das actuacións que completarán este conxunto de iniciativas, será a elaboración de dípticos, dirixidos especialmente a mulleres inmigrantes vítimas de violencia de xénero. Uns dípticos que se editarán en varios idiomas, castelán, inglés, francés e árabe, e nos que se recollerán diferentes cuestións como o que é a violencia de xénero, a onde se pode acudir no caso de ser unha vítima, e outras cuestións de especial interese para estas mulleres migrantes.

A frase de Xosé Manuel Tobío, concelleiro de Servizos Sociais de Ordes
“Esperamos que o esforzo compartido dos organismos públicos na loita contra a violencia de xénero e a atención ás vítimas contribúa, na medida do posible, a diminuir esta lacra social”

*

viernes, 15 de octubre de 2010

A Asociación Española contra o Cancro celebrará connosco o Día Mundial contra o Cancro de Mama

Ubicarán unha mesa informativa no centro de saúde

A iniciativa, que conta coa colaboración do Concello de Ordes, terá lugar o 19 de outubro

A Asociación Española contra o Cancro, coa colaboración da concellería de Sanidade do Concello de Ordes, levará a cabo o vindeiro martes día 19 de outubro unha actuación informativa.

A importancia da prevención
Así, con motivo da conmemoración do Día Mundial contra o Cancro de Mama, colocarán unha mesa informativa no centro de saúde de Ordes. A mesa, na que se poderá recoller información acerca deste tipo de cancro, permanecerá no centro de 10:00 a 13:00 horas.

Desta maneira, dende a xunta local da Asociación Española contra o Cancro e o Concello, esperan poder contribuir á concienciación dos veciños e veciñas do municipio acerca desta dolencia, dando as directrices básicas sobre como detectala e poder previla na medida do posible.

Podes coñecer o modo no que se crea un tumor ou cáncer na mama a través deste vídeo:



Podes atopar máis información desta enfermidade nesta páxina do
National Cancer Institute, de Estados Unidos.

*

Presentan unha iniciativa para instar á Xunta de Galicia a frear o deterioro da sanidade pública

Gonzalo Castro, portavoz do BNG de Ordes.
O BNG ordense reclama que se cubran o 100% das baixas de sanitarios e rexeitan a privatización da Sanidade

Os nacionalistas de Ordes anunciaron hoxe a presentación dunha moción para o seu debate e aprobación polo pleno da corporación municipal na que se denuncia a situación de "deterioro e a privatización da sanidade pública en Galiza”, segundo manifestou o seu portavoz municipal, Gonzalo Castro.

Segundo este, “o empeoramento da sanidade pública desde a chegada do PP ao goberno galego é evidente, como o demostra o incremento das listas de espera, tamén en Atención Primaria, o aumento do número de intervencións e probas diagnósticas derivadas aos centros privados concertados, a supresión da actividade de tarde nos hospitais do Sergas ou a ameaza de privatización e financiamento público-privada das novas infraestruturas sanitarias".

O portavoz nacionalista salientou que "os cidadáns necesitan uns servizos públicos de sanidade acordes co desenvolvemento social, cultural e democrático dos tempos actuais, e non se poden nin se deben admitir os intolerábeis niveis de saturación e de falta de medios e de recursos sanitarios que se están producindo".

A moción do BNG esixe da Xunta, entre outras cousas, a adecuación dos orzamentos sanitarios para cubrir o 100% das ausencias de persoal sanitario, dotar dos recursos necesarios aos centros de saúde do concello para evitar listas de espera, reducir os concertos ao máximo e financiar cada infraestrutura sanitaria a través de diñeiro público.

A frase de Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG de Ordes
“Desde o BNG agardamos que a iniciativa conte co respaldo unánime da corporación Municipal, porque a defensa dunha sanidade pública de calidade é unha cuestión que afecta directamente ao benestar dos veciños e veciñas do noso Concello”

*

jueves, 14 de octubre de 2010

O centro de Ordes moi pronto despedirá para sempre o tráfico pesado

Deron comezo as obras da segunda fase da ronda leste

Manuel Regos espera que as obras poidan estar rematadas no mes de marzo


As obras da segunda fase da coñecida como Rolda Leste de Ordes deron xa comenzo no municipio . Unhas obras que se iniciaron na zona de Buscás, e que consisten na construción dun vial que enlazará a AC-524 (Ordes- Lanzá) co polígono industrial de Ordes, e que se encontran incluídas dentro dun convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta e o Concello de Ordes.

Tal e como explicaron dende o grupo de goberno, o novo trazado, que ten unha lonxitude total dun pouco máis de dous kilómetros, transcurre íntegramente polo Concello de Ordes. O novo vial terá calzada única con dous carrís de 3 metros de ancho cada un, un para cada sentido da circulación. O orzamento total das obras desta segunda fase é de 1,3 millóns de euros aproximadamente, que asumirá a Xunta de Galicia a través do convenio asinado co Concello de Ordes.

Adeus aos camións pesados
O alcalde Manuel Regos explicou que con este vial preténdese garantizar o desvío do tráfico pesado do centro do municipio, fundamentalmente aqueles transportes con destino a Sogama, xa que na actualidade para acceder ao polígono teñen que pasar polo núcleo de Ordes coas consecuentes molestias que isto acarrea para os veciños e veciñas. Ademais, con este vial de enlace tamén se facilitará a conexión coa AP-9.

Así, cando se dean por finalizadas estas obras, sumaranse ás da primeira fase, inauguradas o pasado 11 de agosto e xa en funcionamento, que consistiron na construción do vial de enlace entre a N-550 e a AC-524. Un vial de, aproximadamente, 730 metros de lonxitude, que conta cunha calzada de tres carrís de circulación, un carril bici e unha senda peonil, converténdose nunha gran avenida dentro do núcleo de Ordes, tal e como explicaron dende o goberno local.

*

A corporación municipal celebrou a Festa Nacional de España


A parroquia de Santa María de Ordes acolleu unha solemne misa na honra da Virxe do Pilar, patrona da Garda Civil

A parroquia de Santa María de Ordes recibiu o pasado martes 12 de outubro, a un nutrido grupo de membros da corporación municipal ordense encabezado por Xesús Pedreira, alcalde en funcións durante a pasada fin de semana.

O motivo do encontro era participar na solemne misa na honra da Virxe do Pilar, patrona da Garda Civil. Ata o templo ordense desprazáronse un nutrido grupo deste corpo de seguridade pública xunto con outros membros da policía local.

*

Ordes conta xa co novo roteiro de San Paio e Outeiro


Trátase dun sendeiro circular de 8,5 kilómetros que pasa polas parroquias de Buscás e Poulo e conecta nalgún tramo co Camiño Inglés

O municipio ordense conta xa cun novo roteiro para o disfrute de todos os amantes do mundo do sendeirismo, así como de veciños e veciñas e visitantes do municipio. Trátase do roteiro de San Paio e Outeiro, que xa pode ser utilizado, e que dá comenzo na parroquia de Buscás pasando por Poulo e rematando de novo en Buscás.


O alcalde Manuel Regos, acompañado polos concelleiros de Medio Ambiente Xesús Pedreira; de Educación, Mocidade e Discapacidade, Silvia Marín; de Cultura e Deportes, José Ramón Vázquez Raña e representantes do programa municipal de Voluntariado Verde de Ordes visitaron xa o roteiro facendo un primeiro percorrido polo mesmo. Na visita os representantes municipais tamén estiveron acompañados polos responsables das casas rurais Dona María e Antón Veiras, dous establecementos polos que pasa e que conecta este novo roteiro.

Este roteiro ordense foi posto en valor a través do programa de Voluntariado Verde do Concello de Ordes, cuxos participantes foron os encargados de levar a cabo o acondicionamento e a marcaxe de todo o percorrido.

Xa temos dous roteiros: San Paio e Outeiro, e río Mercurín
O roteiro de San Paio e Outeiro súmase agora a outro roteiro do municipio, o do río Mercurín, contando así Ordes con lugares atractivos para os amantes da natureza, tanto veciños como visitantes, que queiran disfrutar de xornadas ao aire libre favorecendo ademais a práctica de actividades físicas tan importantes para a saúde.

En canto ás características do roteiro, trátase dun sendeiro circular de 8,5 kilómetros que comenza nas inmediacións da Casa Rural Dona María para seguir pola Igrexa de San Paio de Buscás, e dende alí por un camiño de terra que sen desviarse pasa polo Muíño de Auga de Trabe conectando despois cun tramo do Camiño Inglés de Santiago.

Durante o traxecto crúzanse a ponte do Cubo, seguindo ata Outeiro de Abaixo e despois visita á igrexa de San Xiao de Poulo en Outeiro de Arriba. Neste tramo a ruta coincide co Camiño Inglés chegando ata a Casa Rural Antón Veiras. O percorrido continúa despois por Pardiñas para seguir de novo ata o seu punto de inicio en Buscás.

A duración aproximada da ruta é de 2 horas e media e a dificultade baixa.

Foto: Un grupo de concelleiros e hoteleiros ordenses xunto ao cartel do recén inaugurado roteiro de San Paio e Outeiro.

*

Entre Lusco e fusco, entre guerras e pinturas

Os rapaces da asociación participaron nunha batalla de 'paintball' en Caldas de Reis

Varios membros da asociación xuvenil ordense Entre Lusco e Fusco participaron o pasado martes nunha singular batalla de paintball no Campo do Lobo, en Caldas de Reis. En total foron 15 os rapaces e rapazas de Ordes e Frades quenes disfrutaron da guerra de fusís de bolas de pintura.

*

miércoles, 13 de octubre de 2010

O Concello axuda con ata 85 euros ás familias máis necesitadas para mercar material escolar

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o próximo día 2 de novembro

O Concello de Ordes convoca un ano máis as axudas para material escolar que terán como beneficiarios aos veciños e veciñas de Ordes. O obxectivo destas axudas, tal e como explicaron dende o grupo de goberno, é facilitar a escolarización dos menores do municipio cubrindo o coste da compra de material didáctico complementario para este curso.

As familias ordenses que poderán ser beneficiarias destas axudas deberán cumprir unha serie de requisitos como ter ao seu cargo fillos en idade escolar matriculados en centros escolares do municipio no curso 2010- 2011, en educación Infantil, Primaria e Secundaria; ter uns ingresos netos anuais per cápita da unidade familiar correspondentes ao ano 2009 inferiores a 3.500 euros; e estar empadroadas e residindo no concello de Ordes cunha antigüidade mínima de dous anos a contar dende a data na que finalice o prazo de presentación de solicitudes, entre outros.

Beneficiarios de educación primaria, secundaria e infantil
En canto ao importe das axudas para os beneficiarios de educación Primaria e Secundaria, será de 60 euros, e para os de educación Infantil será de 85 euros.

As solicitudes deberán presentarse no departamento de Educación do Concello de Ordes onde tamén se poderán recoller os impresos para a súa realización en horario de luns a venres de 9 a 14 horas. O prazo de presentación de solicitudes finalizará o próximo 2 de novembro.

Dende o goberno local do Concello de Ordes esperan con esta iniciativa, poder axudar ás familias ordenses económicamente nunha cuestión tan importante como é a educación dos seus fillos, tendo en conta ademais o difícil momento económico que están a vivir moitas delas, así como o resto do noso país.

*

domingo, 10 de octubre de 2010

O Concello organiza un curso sobre cooperativismo do 18 ao 22 de outubro

As inscricións poden realizarse no departamento de Emprego municipal situado no 2º andar da Casa do Concello

O Concello de Ordes está a preparar a celebración dun curso sobre cooperativismo que terá lugar entre os días 18 e 22 de outubro no municipio.

Con este curso preténdese dar aos participantes as nocións básicas sobre a creación das cooperativas e o seu funcionamento, contando ademais o último día do curso cunha visita a unha cooperativa da zona para comprobar de primeira man o seu funcionamento.

Inscricións no departamento de Emprego do Concello
O prazo de inscrición para poder participar está xa aberto debendo realizarse as inscricións no departamento de Emprego do Concello de Ordes, onde tamén se poderá recibir máis información. O número de prazas será limitado e os destinatarios ao que vai dirixido serán desempregados e interesados en xeral no tema.

As clases terán lugar do 18 ao 22 de outubro na aula do segundo andar da Casa da Cultura de Ordes en horario de 16 a 20 horas e estarán impartidas por un experto na constitución e os trámites necesarios para a creación de cooperativas.

Cantas cooperativas temos en Ordes?
No concello de Ordes existen a día de hoxe, oito sociedades cooperativas galegas en funcionamento. Agraria Comarcal de Ordes (producción agraria e gandeira) ; Cibegama (confección e textil); Cosurona (confección e textil); Lumae (confección e textil); Oriber (producción agraria e gandeira); Orpa (producción agraria); Os Pequeniños (producción agraria e gandeira); e Santa María de Barbeiros (producción agraria e gandeira). No total da comarca de Ordes existen 36 cooperativas.

A través deste enlace á páxina de Cooperativismo e Economía Social da Xunta de Galicia podes coñecer en profundidade este modelo de asociacionismo económico. Tamén podes consultar a páxina do Consello Galego de Cooperativas.
 
Foto: Imaxe aérea da Sociedade Cooperativa Feiraco ubicada no concello de Ames (A Coruña).
 
*

viernes, 8 de octubre de 2010

Aluvión de peticións para os obradoiros culturais e deportivos do Concello

Preto de 300 ordenses participan nestas actividades que deron comenzo esta semana

O debuxo e pintura e o oiga son as propostas que maior interese despertaron

O Concello de Ordes puxo en marcha esta semana un novo programa de obradoiros culturais e deportivos para o curso 2010- 2011. Un programa deseñado polo departamento de Cultura e Deportes, e que conta cun gran éxito de participación por parte dos veciños e veciñas.

Así, son preto de 300 os ordenses que formularon a súa inscrición nas diferentes actividades enmarcadas dentro deste programa, cuxas clases deron comenzo esta semana. Unhas clases entre as que se encontran cursos de debuxo, bailes de salón, ioga, ximnasia de mantemento, aeróbic e patinaxe.

Concretamente, en ioga participan 61 persoas, repartidas en tres grupos, que teñen as súas clases os luns e mércores de 19 a 22 horas, (unha hora cada grupo). En ximnasia de mantemento participan 21 persoas os martes e xoves de 19:30 a 20:30 horas, en aeróbic outras 20 persoas tamén os martes e xoves de 20:30 a 21:30 horas e en patinaxe 22 participantes os mércores e venres de 18 a 19:30 horas no pavillón Campomaior.

Podes recibir a túa primeira clase de ioga facendo clic baixo estas liñas:



Bailes de salón
Tamén contan cun gran éxito de participación as clases de bailes de salón nas que participan 44 persoas repartidas por parellas que aprenden a arte do baile os venres de 21 a 23 horas. E por último as clases de debuxo e pintura son as que contan cun maior número de participantes, máis dun cento entre nenos e adultos, que se reparten entre as clases das tardes dos venres e as das mañás dos sábados.

Ximnasio municipal
Por outra parte tamén se puxo en funcionamento o ximnasio municipal, ubicado no pavillón Castelao e que ten un horario de apertura de luns a venres de 18:30 a 22:30 horas. Todos aqueles que queiran facer uso do mesmo poderán facer as súas inscricións durante todo o ano.

As instalacións do ximnasio permanecen abertas de outubro a xuño, ambos meses incluídos.

*

Castro insiste na modernización da praza de abastos

Acusa ao alcalde de "enganar aos comerciantes" e de "pretender a desaparición" do recinto

Gonzalo Castro: "Moitos veciños e veciñas teñen amosado o seu interese en instalar un posto mais o alcalde non ten atendido estas solicitudes”

O portavoz do BNG de Ordes, Gonzalo Castro, acusou hoxe ao alcalde Manuel Regos, de “pretender a desaparición definitiva da Praza de Abastos” e criticouno por “enganar aos comerciantes durante os últimos tres anos, prometéndolles apoio para a modernización e dinamización da praza de abastos, cando as súas intencións son ben distintas”. Castro criticou ao alcalde por “seguir mantendo as instalacións nunha situación de deterioro permanente e cunha falta de aproveitamento comercial que non ten xustificación”.

O portavoz municipal do BNG manifestou que “o BNG ten proposto que se incluise a modernización da praza de abastos nas actuacións a financiar con cargo ao Plan E, mais o alcalde en lugar disto preferiu despilfarrar o diñeiro en obras de dubidosa necesidade como a ampliación da Alameda e da Casa do Concello”.

"Desmantelamento e derrubo"
“O único proxecto que ten o alcalde para a praza de abastos" asegurou o nacionalista, "é o seu desmantelamento e derrubo, non sabemos con que oscuros intereses”. Idénticas palabras ás que xa usara o tamén concelleiro nacionalista Ramiro Recouso en febreiro de 2010 para referirse á mesma circunstancia.

Podes ver o aspecto que lucía a praza de abastos de Ordes en novembro de 2009:



Impulso ao sector primario
O portavoz nacionalista manifestou que “mentres Ordes sigue encabezando as cifras de aumento do desemprego na nosa comarca, o alcalde en lugar de modernizar e promocionar a praza de abastos, ofrecendo condicións favorábeis para permitir a instalación de postos de venta aos productores do noso Concello e dar un impulso ao sector primario, só busca o seu desmantelamento definitivo”.

Finalmente, Castro salientou que “moitos veciños e veciñas teñen amosado o seu interese en instalar un posto na praza, mais o alcalde non ten atendido estas solicitudes”.

O Concello de Ordes xa anunciara en agosto de 2009 unha subvención de 97.000 euros da Xunta de Galicia que se lle sumaría aos 41.000 euros que investirá o Concello no proxecto de mellora da praza. Segundo declarara por aquel entonces o concelleiro de Obras, Roberto González, se farán obras de eliminación de barreiras arquitectónicas, mellora na seguridade e instalación dunha placa entre a primeira e a segunda planta. 
 
*

jueves, 7 de octubre de 2010

Preto de 200 escolares participan nas actividades extraescolares organizadas polo Concello para este curso

Impártense clases de multideporte, patinaxe, xadrez  e manualidades  dependendo da demanda de cada un dos centros

O Concello de Ordes puxo en marcha esta semana o programa de actividades extraescolares para este novo curso 2010- 2011. Un programa, posto en marcha polo departamento de Educación que dirixe a concelleira Silvia Marín, no que están a participar preto de 200 escolares do CEIP Campomaior e o ADR Castelao.


No CEIP Campomaior estanse a desenvolver as actividades de 'Aprender a crear' os xoves de 17 a 18 horas, multideporte os luns de 16 a 17 horas e patinaxe os mércores e venres de 16 a 18 horas.

No ADR Castelao realízase a actividade de patinaxe os luns e xoves de 15:30 a 17:30 horas e a de xadrez, unha actividade esta última á que asisten tamén alumnos e alumnas do CEIP Campomaior.

*

O BNG presenta unha moción para instar á Xunta a manter o servizo do 'Noitebus'

Critican ao PP por suprimir este servizo que permitía o desprazamento nocturno da mocidade con seguridade
Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG de Ordes, anunciou onte a presentación dunha moción que será debatida no próximo pleno da corporación municipal, na que os nacionalistas propoñen que se inste á Xunta de Galicia a manter o funcionamento do servizo de transporte público nocturno a lugares de lecer (Noitebus), sen aplicar ningunha redución das rutas existentes e mellorando a súa dotación e funcionamento.


Segundo Castro, “o PP, a través da Xunta de Galiza, ven de anunciar que se vai suprimir o servizo coñecido como Noitebus, unha iniciativa, posta en marcha na pasada lexislatura, que forma parte das actuacións destinadas a mellorar a seguranza viaria e reducir a sinistralidade, cubrindo as necesidades de desprazamento nocturno da mocidade”.

O portavoz do BNG salientou que “a demanda que rexistrou desde a súa posta en funcionamento da boa mostra de que é un servizo necesario do que non se pode prescindir” e cualificou de “lamentábel, á par que unha irresponsabilidade, escoitar do presidente do Goberno galego que este é un servizo que resulta innecesario nun momento de dificultades económicas, cando persoas expertas nesta materia fixeron público o seu desacordo nestes mesmos días”

Gonzalo Castro fixo fincaré en que “a propia Dirección Xeral de Tráfico afirmou que este servizo ten demostrado a súa eficacia, ademais de ter contribuído a eliminar vítimas e a concienciar sobre a condución segura”. Tamén, segundo o portavoz nacionalista, a plataforma Stop Accidentes uniuse a estas manifestacións para cualificar a pretensión do goberno do PP de “desastre”, para engadir que “sempre é máis barato previr que lamentar”.

O portavoz nacionalista ordense cualificou de “auténtico desatino a intención do PP e o anuncio feito polo presidente da Xunta, xa que os fondos destinados a previr os accidentes e dar servizos á xente nova non poden considerarse un dispendio”.

Un servizo de máis de catro millóns e medio de euros
Gonzalo Castro, salientou que “o custe do servizo é perfectamente asumíbel pola Xunta de Galiza. No ano 2010 a Xunta dedicou ao Noitebus pouco máis de 4,5 millóns de euros, unha cifra que representa o 0,5% do orzamento da Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Un investimento moi inferior ao gasto que o goberno do PP está a facer en propaganda e publicidade desde a Xunta de Galiza.”

O portavoz municipal do BNG agarda que a iniciativa nacionalista sexa secundada por todo o pleno da corporación municipal, xa que, segundo manifestou, “o normal é que os recortes se realicen no ámbito da propaganda e non en servizos que cumpren unha función social evidente. A Xunta de Galiza debe rectificar esta decisión e manter o funcionamento dun servizo que ten demostrado a súa necesidade e utilidade”.

*

miércoles, 6 de octubre de 2010

Regos cre na formación e no fomento do emprego

"Nun momento de crise e desemprego como o que se está vivindo, a formación dos nosos desempregados é a mellor das iniciativas para facilitar a súa incorporación ao mundo laboral"


O goberno local de Ordes segue a mostrar a súa aposta pola formación para o fomento do emprego no municipio. Mostra delo que o municipio acolla neste momento a celebración de diferentes cursos formativos dirixidos aos desempregados.


Concretamente Ordes está sendo a sede neste momento da celebración dun curso de atención sociosanitaria a persoas no domicilio, un curso de atención especializada para enfermos de alzheimer e un curso de socorrista acuático enmarcados dentro da programación de accións formativas dirixidas prioritariamente para persoas traballadoras desempregadas da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta, e un curso sobre enerxía térmica enmarcado dentro do Proxecto Rede Xiana da Deputación.

Segundo informa o Concello, son máis de 60 as persoas desempregadas que se benefician destes cursos, sendo 15 os participantes no de atención sociosanitaria a persoas no domicilio, curso que lles proporcionará ademais o certificado de profesionalidade, outras 15 persoas participantes no curso de atención especializada para enfermos de alzheimer, 15 máis no curso de socorrista acuático, e 18 desempregados no curso sobre enerxía térmica.

Clausura do Obradoiro de Emprego Ramón Ruibal II
Ademais recentemente clausurábase tamén o obradoiro de emprego Ramón Ruibal II que tivo unha duración dun ano, e no que se formaron 26 alumnos e alumnas nas especialidades de xardinería, carpintería e albanelería. Un obradoiro de emprego que serviu ademais para poñer en valor diferentes instalacións do municipio, que estaban nun importante estado de deterioro dando agora paso a lugares de lecer e esparcimento para os veciños e veciñas das parroquias.

Este foi o caso das antigas escolas unitarias de Leira e Poulo e a antiga Rectoral de Beán que se convertiron xa nos novos locais sociais de ditas parroquias para o disfrute dos veciños e veciñas.
Durante o acto de clausura de dito obradoiro de emprego o alcalde Manuel Regos, aproveitou a ocasión para solicitar aos representantes da Xunta unha escola obradoiro para o municipio, tendo en conta que Ordes tería un gran potencial de participantes ao contar con máis de 1.200 mozos e mozas de entre 17 e 25 anos e destacando a importancia que tería para afastar das rúas ou de malos hábitos aos rapaces, ademais da gran importancia que ten a formación para conseguir un emprego.

Foto: Unha das clases de formación para desempregados do Concello de Ordes.

*