Este ano superou as vinte persoas matriculadas
A
tenente de alcalde de Ordes, Silvia Marín, fixo hoxe entrega dos diplomas e cualificacións
aos alumnos do curso de graduado en ESO para adultos organizado polo
Concello de Ordes.
Un grupo que este ano superou as 20 persoas matriculadas e que unha
vez máis obtiveron unhas cualificacións que “demostran o esforzo e a calidade
do ensino que se imparte neste curso” segundo palabras de Marín.
De feito a comparativa mostra uns niveis
de aprobado superiores á media. Nas áreas científico-tecnolóxica, lingüística e
sociais o número de aprobados dos ordenses superaron o 60%, 70% e 90%
respectivamente, mentres que en Santiago foron do 11%, 25% e 26%.