
Máis de 500 escolares de Ordes participarán esta semana na campaña 'Ceo oscuro', posta en marcha pola concellería de Medio Ambiente de Ordes. Unha iniciativa que se está a levar a cabo nas instalacións do centro comarcal de Ordes e que inclúe a visita a un 'Planetario viaxeiro', facilitado pola Obra Social La Caixa, e a participación en diversos obradoiros astronómicos e medioambientais. “Pensamos que coa colaboración de todos poderemos facer fronte ao problema da contaminación lumínica e conseguir mellorar a nosa calidade de vida”, explica Pedreira Mirás.
Os escolares ordenses seguirán participando nesta iniciativa durante as xornadas de mañá do xoves, en horario de mañá. O público en xeral tamén poderá visitar este 'Planetario Viaxeiro' en horario de tarde, concretamente a partires das 17:00 horas no centro comarcal de Ordes.
A frase de Xesús Pedreira, concelleiro de Medio Ambiente
"Esta campaña didáctica pretende concienciar á cidadanía sobre o problema da contaminación lumínica, as súas orixes, efectos e solucións que conxuguen a iluminación exterior coa proteción do medio nocturno, o que facilita unha observación astronómica limpa de contaminación”
_____
Foto: Obradoiros de astronomía.
*