Eles son o profesor Antonio Mouriño Mosquera, premiado no Congreso Internacional sobre Vitamina D; e a moza Macarena Pallas Rodríguez, Premio Nacional de Bacharelato
O alcalde, Manuel Regos, aproveitou o pleno municipal ordinario celebrado esta mañá para enviar sendas felicitacións a dous veciños de Ordes polos seus éxitos profesionais e académicos. Trátase do profesor Antonio Mouriño Mosquera, que foi galardoado en Bruxas (Bélxica) polos seus traballos sobre as propiedades da vitamina D para o tratamento do cancro; e de Macarena Pallas Rodríguez, estudiante que vén de conseguir o Premio Nacional de Bacharelato.
Regos destacou o traballo do profesor Antonio Mouriño Mosquera, natural de Ordes e catedrático de Química na Universidade de Santiago de Compostela. Mouriño Mosquera dirixe o departamento de Química Orgánica da USC e traballa no deseño e síntese de derivados da vitamina D para o tratamento do cancro. Os análogos desenvolvidos por Antonio Mouriño e o seu equipo ofrecen unha elevada acción antiproliferativa das células tumorais e unha baixa acción calcémica, propia da substancia natural que, en exceso, pode resultar perxudicial para a saúde.
Mouriño Mosquera recibiu este galardón en Bruxas (Bélxica) durante a celebración do máis importante congreso internacional sobre Vitamina D. Unha distinción que lle foi entregada polos presidentes deste congreso: os profesores Anthony Norman, da Universidade de California, e Roger Bouillon, da Universidade de Lovaina.
Premio Nacional de Bacharelato
Así mesmo, Manuel Regos destacou tamén a figura de Macarena Pallas Rodríguez, veciña de Lesta que vén de conseguir o Premio Nacional de Bacharelato. Macarena cursou os seus estudos no IES nº 1 de Ordes, que rematou coa calificación de Matrícula de Honra (cunha media de 9,8) e que despois conseguiría un 9,58 nas probas de acceso á universidade. Unhas calificación que fixeron que o Concello de Ordes xa lle realizara unha homenaxe canda outras dúas alumnas do IES Nº 1 por seren tres dos mellores expedientes académicos de Galicia.

_____
Foto: O profesor Mouriño recibindo o galardón no Congreso Internacional sobre Vitamina D en Bruxas (Bélxica).
*