Cada familia cubriu unha folla de avaliación na que pediron que se volva facer e na que destacaron o bo ambiente de festa e participación que se creou
Un total de 180 veciños e veciñas de Ordes participaron no xantar familiar do 'Día das familias', celebrado na tarde do pasado sábado no campo da festa de Poulo. As familias trouxeron a súa comida, que degustaron baixo unha gran carpa instalada polo Concello.
O día acompañou e, despois de xantar, tanto os nenos como os mozos e os adultos participaron de xeito moi activo nos diversos xogos tradicionais preparados. A Concellería de Servizos Sociais tiña preparados tanto xogos individuais (zancos, a rá, a buxaina) coma en grupo (brilé, o pañuelo ou a corda). A música do grupo “Os reiceiros” fixo que moitos dos participantes cantaran e bailaran ao son das súas cancións e mesmo algún deles se uniu ao grupo tocando a gaita e a pandeireta.
Pediron que se volva a facer
A Concellería de Servizos Sociais entregou a cada familia unha folla de avaliación para pulsar a opinión dos participantes sobre a organización da festa, os horarios, etc. Dacordo con esta enquisa, á gran maioría das familias gustoulles moito a festa e sinalaron que están moi interesados en que se volva a facer. De feito, todos os comentarios foron positivos e moitas persoas destacaron o bo ambente de festa e participación que se creou tanto nos xogos coma durante a actuación musical.

*