Un grupo de estudantes ordenses viaxará a Polonia e Lituania durante este curso
Chegará en febreiro unha delegación deses dous países para convivir connosco durante uns días
O IES Maruxa Mallo de Ordes vai participar por primeira vez no programa europeo Comenius xunto con outros dous centros educativos, un de Lituania e outro de Polonia. O alumnado implicado dos tres países levará a cabo dous módulos de investigación: 'Diversidade cultural e diálogo intercultural' neste curso e 'Os ECOeuropeos e a calidade de vida' no vindeiro.
Por medio deste proxecto preténdense mellorar, entre outras, as destrezas comunicativas nun idioma estranxeiro, o inglés, xa que tódolos traballos terán que estar nesta lingua, así como as competencias dixitais, posto que elaborarán un xornal on-line. Este proxecto está financiado pola Unión Europea o que permitirá, por unha banda, que diferentes grupos de alumnado e profesorado viaxen aos outros dous países, e, por outra banda, farán de anfitrións cando os socios lituanos e polacos veñan a coñecer esta parte de Europa.
Os participantes do proxecto esperan adquirir amplos coñecementos sobre a cultura, estilo de vida e tradicións dos outros -aspectos bastante descoñecidos para unha gran maioría-, promovendo sempre o valor da diversidade, do respecto e da tolerancia cara ás culturas diferentes.
Os participantes do proxecto esperan adquirir amplos coñecementos sobre a cultura, estilo de vida e tradicións dos outros -aspectos bastante descoñecidos para unha gran maioría-, promovendo sempre o valor da diversidade, do respecto e da tolerancia cara ás culturas diferentes.
"Viaxaremos a Polonia e Lituania antes de que termine o curso"
A preguntas de Ordessiete, a coordinadora do proxecto, Isabel Mato, confirmounos a chegada dun grupo de estudantes polacos e lituanos para o vindeiro mes de febreiro. Do mesmo xeito, os ordenses tamén viaxarán a eses países, segundo Mato, "antes de que termine este curso". A intención agora do instituto e recadar a maior cantidade de fondos posibles para que sexan cantos máis mellor os xóvenes ordenses beneficiados do programa. Así, polo de agora, serán catro os alumnos que acompañen a Isabel Mato e a directora do IES, Rosa Maceiras, ata terras centroeuropeas.
____
Foto: Vista de Vilnius, capital de Lituania.
*