O Concello pon en marcha o programa 'Ordes SOStible', que inclúe actividades de educación para a sustentabilidade
Xesús Pedreira: "O obxectivo é conseguir unha ampla implicación da poboación sobre os problemas, estratexias e proxectos a realizar a prol do noso medio ambiente”
A concellería de Medio Ambiente de Ordes vén de poñer en marcha o programa 'Ordes SOStible', que inclúe un ciclo de actividades de educación para a sustentabilidade que foi presentado hoxe no Concello. Un acto que contou coa participación do alcalde de Ordes, Manuel Regos; do concelleiro de Medio Ambiente, Xesús Pedreira; e de Verónica Iglesias, de Ciencia Divertida-OBZ Consulting.
Dende este sábado e ata mediados do mes de novembro realizaranse distintos obradoiros formativos, circuitos científicos de actividades experimentais e foros de participación.
A primeira cita terá lugar este sábado 17 de outubro, ás 18:00 horas, no Centro Comarcal de Ordes. “Será un foro de participación cidadá, ao que están invitadas asociacións de veciños e empresarios, para falar sobre a sustentabilidade en Ordes”, explica Xesús Pedreira.
A primeira cita terá lugar este sábado 17 de outubro, ás 18:00 horas, no Centro Comarcal de Ordes. “Será un foro de participación cidadá, ao que están invitadas asociacións de veciños e empresarios, para falar sobre a sustentabilidade en Ordes”, explica Xesús Pedreira.
As frases de Xesús Pedreira, concelleiro de Medio Ambiente
"As actividades que se contemplan neste programa son de educación, formación e participación cidadán, especialmente dos adultos pois os rapaces e rapazas de Ordes xa teñen participado en numerosas actividades de sensibilización medioambiental”
“Con este programa pretendemos conseguir unha ampla implicación e participación dos veciños e veciñas de Ordes en torno a un debate sobre cales son os principais problemas que adoece o territorio, sobre cales son as estratexias que se deberían poñer en marcha e así poder chegar a proposicións sobre proxectos a realizar. Trátase de establecer unha responsabilidade compartida entre gobernantes locais, asociacións e organizacións de Ordes”
_____
Foto: Xesús Pedreira, concelleiro de Medio Ambiente; Manuel Regos, alcalde de Ordes; e Verónica Iglesias, de Ciencia Divertida-OBZ Consulting
*