.
O Concello inicia un curso anual de habilidades sociais para que estas persoas aprendan a valerse por si mesmos na vida cotiá
Silvia Marín: "A formación que van recibir estes veciños e veciñas vai ser fundamental de cara á súa propia socialización"
Un total de doce persoas con dicapacidade (tanto físicas como sensoriais, cognitivas ou psicolóxicas) participan dende onte no curso anual gratuito de Habilidades Sociais organizado polo Concello. Unha iniciativa pioneira en Galicia xa que non se trata dun simple curso dunhas horas de duración senón dunha auténtica xornada lectiva: de luns a venres, de 10:00 a 13:00 horas.
Durante estas tres horas, os alumnos quedan baixo a supervisión de Pilar Fernández, pedagoga, e Marta Felípez, psicopedagoga, que son as dúas monitoras encargadas de impartir estas clases. “As clases están dividas en tres apartados”, explica Marta Felípez, “ao chegaren facemos unha hora de obradoiros con manualidades, estimulación da memoria e da atención, cociña, aseo persoal... despois temos unha sesión de alfabetización, dacordo cos niveis de cada alumno; e rematamos as clases cunha sesión de relaxación e psicomotricidade, para o cal utilizaremos diversos xogos con aros, pelotas, etc”.
As clases, no recinto feiral do Mesón do Vento
As clases teñen lugar nun aula especial na nave do recinto feiral do Mesón do Vento e que foi convintemente habilitada polo Concello de Ordes. Ademais de dispor dun amplo aparcamento, o aula conta cunha rampa de acceso e está libre de barreiras arquitectónicas. O Concello de Ordes instalou un novo chan en madeira e pintou toda a zona, que está perfectamente aillada e independente do recinto feiral.
Todos os participantes neste curso de Habilidades Sociais teñen unha discapacidade recoñecida pola Xunta superior ao 33 por cento. Este feito permitiría que a gran maioría poda disfrutar de transporte gratuito ata a aula do Mesón do Vento (a través do 065), aínda que nesta xornada inaugural todos chegaron nos vehículos particulares dos seus familiares, que se achegaron á zona para coñeceren ás monitoras e o propio aula.
A frase de Pilar Fernández, pedagoga
“O obxectivo final non é tanto que os alumnos aprendan novos conceptos, senón o efecto socializador destas clases, que aprendan a ser máis independentes e autónomos”
A frase de Marta Felípez, psicopedagoga
“Pretendemos que aprendan a facer as cousas da vida diaria. Que poidan facer a cama, a comida, coidar da casa... que poidan facer unha vida máis autónoma”
A frase de Silvia Marín, concelleira de Discapacidade de Ordes
"A formación que van recibir estes veciños e veciñas de Ordes vai ser fundamental de cara á súa propia socialización e, ademais, tamén permitirá darlles un respiro diario ás familias durante esas tres horas”
*