Na actualidade están expostas dúas mostras sobre a vendima e a astronomía, ás que seguirá unha próxima sobre o magosto
A biblioteca municipal de Ordes vai organizar ao longo dos vindeiros meses unha serie de exposicións periódicas dos seus fondos, que inclúen máis de 13.000 volumes entre libros, audiovisuais e recursos electrónicos. Unhas mostras que este mes incluiron unha exposición temporal de libros relacionados coa vendima, tanto para un público infantil como adulto, así como unha mostra de fondos relacionados coa astronomía, que estará exposta ata finais de ano como conmemoración de 2009 como ano internacional desta ciencia. A vindeira exposición, como non podía ser doutro xeito, terá como tema central o magosto.
Biblioteca aberta 24 h. en internet
A biblioteca municipal de Ordes conta con máis de novecentos socios presenciais, que en gran número utilizan os seus servizos case a diario. De feito, dispón dun dos horarios máis amplos de toda Galicia, pois está aberta de luns a venres, de 8:30 a 20:30 horas, e os sábados de 10:00 a 14:00 horas. Pero, ademais, os socios da biblioteca ordense poden acceder a ela as 24 horas do día a través da internet, dende onde poden facer reservas e consultar os fondos desta instalación en calquer momento a través de http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/.

E é que a aposta do Concello de Ordes por mellorar o servizo que presta a biblioteca municipal permitiu ampliar o persoal empregado nestas instalacións, que xa conta cun técnico e dúas auxiliares a tempo completo. Ademais, o Concello de Ordes incrementou en dous o número de equipos informáticos dispoñibles aos veciños e veciñas do municipio. Así, a biblioteca municipal conta con sete equipos informáticos completos, con scánner, webcam, servizo de impresión e acceso á internet libre para os socios.
Así mesmo, os últimos venres de cada mes, a biblioteca municipal ordense acolle a iniciativa 'Tardes de contos e lendas', un programa de animación á lectura a través de contacontos nos que participan tanto os nenos coma os seus pais.

*