Pasoulle a Marcos buscou concienciar aos adolescentes cos accidentes de tráfico nas noites da 'movida'O auditorio da Casa da Cultura acolleu onte unha obra de teatro dirixida aos estudantes de ensino secundario da vila. Foron máis de 150 os alumnos e alumnas ordenses, concretamente 94 do IES nº 1 e 65 do IES Maruxa Mallo, os que acudiron a esta cita coa dramaturxia, que ademais quixo concienciar aos adolescentes sobre un tema tan de actualidade como os accidentes de tráfico tralas noites de 'movida'.
Pasoulle a Marcos, intenta reproducir unha situación real das fins de semana onde os xóvenes se reúnen, charlan e beben alongando as noites, ás veces, en condicións non idóneas para a conducción polo consumo de alcohol ou de substancias estupefacientes, o que pode desembocar, como nesta ocasión, nun accidente de tráfico. Na obra recréase como actúan os servizos de emerxencia ante esta situación ou o sufrimento de familiares e amigos polo sucedido, co fin de facer ver aos mozos e mozas que un accidente non é só un golpe no coche.
Colaboraron varios membros da policía local
A compañía 'O Ruiseñor' foi a encargada de escenificar a representación na que colaboran tamén membros de policías locais, bombeiros, Cruz Vermella, así como a Unidade de Lesionados Medulares do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña.
Esta obra foi programada pola concellería de Cultura do Concello de Ordes, que dirixe José Ramón Vázquez Raña, e que chegou ao municipio da man da Deputación da Coruña.
*