Investiranse 10.000 euros en axudas económicas ás familias do municipio para a adquisición de material escolar
O prazo de presentación de solicitudes ábrese hoxe e pecharase o 30 de outubro.
.
Máis información no Departamento de Educación. Tlf. 981 68 0002
O Concello vén de convocar axudas económicas ás familias do municipio para a adquisición de material escolar para o curso 2009-2010 en educación infantil, primaria e secundaria obrigatoria. Unhas axudas ás que o Concello de Ordes destinará un total de 10.000 euros, que serán repartidos entre as familias do concello con menores recursos económicos. O importe destas axudas oscilará entre os 60 euros (no caso de rapaces de educación primaria e secundaria) e os 85 euros (para educación infantil).
.
Deberás presentar unha solicitude no Concello
As familias de Ordes interesadas en acceder a estas axudas deberán presentar unha solicitude no Concello de Ordes antes do 30 de outubro e cumprir unha serie de requisitos como: estar empadroadas en Ordes; ter ao seu cargo fillos matriculados en centros escolares do municipio en educación infantil, primaria e secundaria obrigatoria; e que os ingresos anuais per cápita da unidade familiar correspondentes a 2008 non superen os 3.500 euros.
Canda a solicitude, as familias interesadas deberán presentar fotocopia do DNI, libro de familia, do carnet de familia numerosa (se é o caso), certificado de empadroamento e xustificantes de ingresos da unidade familiar correspondentes a 2008 (fotocopia compulsada da declaración da renda do último exercicio). Máis información no departamento de Educación do Concello de Ordes ou no 981 680002.
Unha vez recibidas todas as solicitudes, unha comisión de valoración revisará todos os expedientes para proceder canto antes ao pago da axuda. Un abono que se fará efectivo nun único pago por cada fillo e despois de que a familia beneficiaria presente no concello (antes do 15 de decembro de 2009) unha factura xustificativa dos gastos realizados en concepto de material escolar ou o vale entregado para a adquisición do material subvencionado.

*