Un total de 65 grandes empresas amosarán as súas últimas novidades nesta gran feira multisectorial
Mañá sábado celebrarase a I Xornada do Cogomelo Galego
Mañá sábado celebrarase a I Xornada do Cogomelo Galego
Uns douscentos empresarios e autónomos de Ordes arrouparon esta noite ao alcalde ordense, Manuel Regos, no acto de inauguración da feira multisectorial Expo Ordes, que se desenvolverá entre o 24 e o 26 de abril no campo da feira ordense.
Os asistentes fixeron o primeiro percorrido polos 65 stands que ocupan as dúas grandes carpas de Expo Ordes 2009. Unha feira na que participan empresas como Unión Fenosa, Espina y Delfín, Internaco, Reale Seguros, ING, firmas do sector textil (coma Deus ou Viriato), empresas do sector alimentario e de automoción (Citroën, Ford, Opel, Suzuki e Fiat). Xunto a elas estarán stands institucionais (Deputación da Coruña, Consellería do Medio Rural, Concello de Ordes, Mancomunidade de Ordes) e entidades coma Sogama, Unións Agrarias ou a Asociación Española contra o Cancro.
Podes ver o vídeo da inauguración facendo clic baixo estas liñas: