viernes, 3 de abril de 2009

Astray, sorprendido de que o BNG vote a favor do proxecto e despois o critique na prensa


Astray: "Este tema non está incluido na orde do día da sesión plenaria do vindeiro martes 7 de abril, e será debatido nunha sesión posterior"

"Recouso votou a favor da modificación para a ampliación da casa consistorial e, acto seguido, vai Gonzalo Castro e critica a decisión nunha nota de prensa"

O Concello de Ordes non autorizará a construción dun parking soterrado baixo o parque municipal “Félix Rodríguez de la Fuente” pero seguirá adiante coa modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal para acometer a ampliación da casa consistorial. Así o acordou a Comisión de Urbanismo reunida na tarde de onte cos votos a favor do grupo de Goberno e do BNG, e a absteción do PP.

As frases de Manuel Astray, portavoz do Goberno municipal
"Na Comisión de Urbanismo, o voceiro nacionalista, Ramiro Recouso, votou a favor da modificación para a ampliación da casa consistorial e, acto seguido, vai Gonzalo Castro e critica a decisión nunha nota de prensa enviada aos medios de comunicación. Non ten sentido ningún, ou nos están a tomar o pelo ou non son quen de poñerse de acordo entre os dous"

"A decisión tomada onte foi froito dun Goberno que escoita á sociedade e, diante das alegacións presentadas polos veciños ao proxecto do parking, xa anunciaramos que non iamos seguir por ese camiño"

"Repartir en tres ou catro edificios as dependencias municipais, como pide o BNG, sería un erro porque, dacordo con esa proposta, un veciño tería que vir á actual casa do concello para un trámite, pero cando queira ir a Urbanismo tería que ir ao campo da feira, e cando sexan asuntos de servizos sociais iría á escola... Iso é andar a marear á xente e nós cremos nun concello único”.
*