martes, 7 de abril de 2009

Non deixes de revisar a túa tensión, peso e glucosa na Alameda

.
O Día Mundial da Saúde se presenta en Ordes da man do Concello e da Consellería de Sanidade

A boa saúde dos veciños debe ser primodial para os nosos dirixentes

Agora só depende de nós facernos estas análises que pode mellorar moito a nosa calidade de vida

Centos de veciños e veciñas pasaron ao longo de hoxe pola carpa da saúde que o Concello instalou na Alameda para celebrar o Día Mundial da Saúde por segundo ano consecutivo. Unha carpa que, grazas á colaboración da Consellería de Sanidade a través do programa “Pasea a túa saúde”, permitíu que centos de veciños, sobre todo aqueles de idade máis avanzada, puidesen coñecer o seu estado de saúde de mans dunha ducia de especialistas.

O alcalde incide na boa alimentación para gozar de boa saúde
A “Carpa da Saúde” foi inaugurada polo alcalde, Manuel Regos, quen destacou a importancia deste tipo de actividades de cara a concienciar á poboación do importante que é manter unha alimentación sa para gozar dunha boa saúde.

Ao acto de inauguración asistiron tamén o técnico da Consellería de Sanidade, Orlando Blanco; a coordinadora de enfermería do Centro de Saúde de Ordes, María José Pardal; o presidente de AGEDO, Jesús Pascual; e o responsable da Unidade de Promoción do Centro de Transfusión de Galicia, Antonio Carcedo; así como todos os concelleiros do Grupo de Goberno de Ordes.

A frase de Xesús Pedreira, tenente de alcalde e concelleiro de Sanidade de Ordes
"Esta iniciativa pretende ser un chequeo rápido á saúde dos veciños e veciñas de Ordes e ser un punto de información sobre aspectos importantes para mellorar a saúde tanto persoal como colectiva"

*