O próximo sábado 25 de abril: Xornada do Cogomelo + Expo Ordes + XX Festa do Champiñón
As persoas interesadas en participar na Xornada do Cogomelo deberán anotarse antes do xoves 23 de abril no teléfono 981 534 601
A Casa da Cultura acollerá a primeira Xornada Técnica do Cogomelo Galego, que terá lugar o vindeiro sábado, 25 de abril, no marco da feira multisectorial Expo Ordes e dentro da XX Festa do Champiñón. Trátase dunha xornada técnica sobre valorización integral do monte organizada polo Concello de Ordes, a Consellería do Medio Rural e o Feader.
Degustación de cogomelos
Estas xornadas inclúen un total de cinco ponencias sobre todo o que rodea ao cogomelo, dende o seu cultivo ata a súa preparación culinaria. De feito, as xornadas clausuraranse ás 14:00 horas cunha degustación de cogomelos do país a cargo do restaurador Siro González, que previamente ofrecerá unha charla de vinte minutos sobre aspectos culinarios do cogomelo.
O encargado de abrir as xornadas, ás 10:00 horas, será Antonio Rigueiro Rodríguez, catedrático da Universidade de Santiago de Compostela, que falará da multifuncionalidade do monte: complementariedade de usos e sistemas silvopastoriais. Acto seguido, Esteban Sinde Stompel, de Hifas da Terra (empresa de venda de setas caracterizada pola súa produción ecolóxica), falará sobre froitos forestais e cogomelos: experiencias de produción.

Aprenderás a identificar cogomelos
Tras un descanso, o presidente da Asociación Forestal de Galicia, Francisco J. Fernández de Ana-Magán, disertará sobre a silvicultura e a produtividade micolóxica. Antes da charla e degustación de cogomelos a cargo de Siro González, José Manuel Castro Marcote, da Federación Galega de Micoloxía, explicará como identificar as especies de cogomelos máis comúns en Galicia e as normas existentes para a súa recolección.
Para participar nestas xornadas é necesario inscribirse antes do vindeiro xoves 23 de abril no teléfono 981 534 601 ou a través do e-mail: xornadatecnicaordes@gmail.com.

*