domingo, 26 de abril de 2009

Louro estrea cargo na Festa do Champiñón


O novo Delegado do Goberno en Galicia acompañounos nunha festa na que se deron cita máis de 20.000 personas

Os bares de Ordes repartiron entre os visitantes 7.000 quilos deste hongo

Máis de 20.000 persoas de toda a comarca visitaron durante este domingo Ordes, onde disfrutaron da feira multisectorial Expo Ordes, do Concurso de Salto de Obstáculos Nacional dun Día e da tradicional degustación do champiñón, que este ano chegaba á súa vixésima edición.


Estrea oficial de Antón Louro como Delegado do Goberno
Durante toda a xornada, milleiros de persoas ateigaron os 1.800 metros cadrados do recinto feiral ordense. Unha asistencia que se disparou a iso da 13:00 horas, coincidindo coa visita a Expo Ordes da comitiva de autoridades, encabezadas por Antón Louro, que se estreaba oficialmente como Delegado do Goberno en Galicia.

As frases de Manuel Regos, alcalde de Ordes
"Estamos moi satisfeitos porque cumprimos con todas as nosas previsións de asistencia xa que máis de 20.000 persoas xa pasaron a esta hora por Expo Ordes e estamos seguros de que, contando as dúas xornadas previas e no que queda de día, acadaremos a cifra de 35.000 visitantes que nos propoñiamos inicialmente"

"Nestes tres días sabemos que os expositores están a iniciar múltiples contactos comerciais con distintos clientes chegados de toda a provincia, algúns dos cales se pechan na mesma feira e moitos máis que se pecharán ao longo do ano, o que supón un forte impulso económico para eles especialmente nestes momentos de crise"


*