O Concello repartirá mañá venres entre os establecementos hostaleiros os 7.000 quilos de champiñóns que se degustarán de balde o domingo
O BNG ordense critica que non foran convidados á inauguración
A feira multisectorial Expo Ordes abrirá mañán venres as súas portas co obxectivo de recibir uns 35.000 visitantes durante esta fin de semana do 24, 25 e 26 de abril.
O alcalde Manuel Regos Boquete será o encargado de inaugurar Expo Ordes maná venres 24 de abril, ás 20:00 horas, nun acto que estará especialmente adicado aos empresarios e autónomos do municipio. Durante a pasada semana, o Concello de Ordes enviou unha serie de invitacións aos autónomos e empresarios do municipio e ten confirmada a asistencia de varios centos deles nesta xornada inaugural.
65 expositores
Finalmente, nas dúas grandes carpas de Expo Ordes participarán un total de 65 grandes expositores, aos que hai que engadir trece empresas máis que participan na exposición de maquinaria agrícola. No recinto feiral ordense participarán empresas como Unión Fenosa, Espina y Delfín, Internaco, Reale Seguros, ING, firmas do sector textil (coma Deus ou Viriato), empresas do sector alimentario e de automoción (Citroën, Ford, Opel, Suzuki e Fiat).
Xunto a elas estarán stands institucionais (Deputación da Coruña, Consellería do Medio Rural, Concello de Ordes, Mancomunidade de Ordes) e entidades coma Sogama, Unións Agrarias, a Asociación Española contra o Cancro ou a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia.
Mostra de gando
A carón destas dúas carpas está instalada outra pequena, na que se ubicará unha exposición con dez cabezas de gando (nai e cría) de razas autóctonas de Galicia como a cachena, a limia, a frieiresa, a vianesa ou a caldelá. Tamén participarán dous sementais e dúas nodrizas con cría de raza rubia, dous sementais de cabalo de pura raza galegas e exemplares do can de palleiro, do porco celta, da galiña de Mos e da ovella galega.
Canda elas haberá a xa tradicional exposición de maquinaria agrícola na que participarán trece empresas de toda a provincia. Por mor do inicio das obras do paseo fluvial, a mostra de maquinaria agrícola non se ubicará na esplanada baixo o centro de saúde, senón nunha área situada xusto enfronte e a carón tamén do campo da feira.

Críticas do BNG
Pero non son todo parabéns nesta importante fin de semana para a vila. Os nacionalistas denuncian que Manuel Regos ten excuido ao BNG e a varios empresarios dos actos de inauguración de Expo Ordes. A concelleira María Xosé Raña criticou o que considera “falta de respecto institucional do alcalde Manuel Regos”, por “non ter convidado aos concelleiros que integran o Grupo Municipal do BNG, como representantes da Corporación Municipal, ao acto institucional de inauguración de Expo Ordes 2009”.
A nacionalista considera que o alcalde está tendo un “comportamento irrespetuoso cos milleiros de veciños aos que representa o BNG na Corporación Municipal, ao excluir aos seus representantes dos actos institucionais programados polo Concello”.
Raña lembrou que “esta actitude de falta de respecto institucional por parte do Alcalde, non é nova, xa que se ven producindo desde o primeiro día do seu mandato”. Por outra banda, a concelleira nacionalista manifestou que “o alcalde tamén mantén unha actitude de discriminación con algunhas empresas do noso Concello, que non foron convidadas aos actos de inauguración de Expo Ordes, mentres outras si foron convidadas aos mesmos”.
Finalmente, María Xosé Raña emplazou a Manuel Regos a “abandonar esta política sectaria e de exclusións, xa que os veciños de Ordes non merecen un alcalde que só goberna para os seus amigos”

As frases de Manuel Regos, alcalde de Ordes
O aspecto do recinto é magnífico e estamos seguros de que esta edición será moito mellor ca do ano pasado, xa que contamos con máis expositores e o nivel dos stands e dos productos que presentarán esta fin de semán en Ordes é moito maior”
“A nosa intención é adicarlles este primeiro día xa que son unha parte fundamental na economía do municipio e consideramos que merecen a nosa admiración, sobre todo nesta época de crise económica”
*