O Concello e Adega xúntanse na procura de implicar e formar a 'voluntarios verdes' do municipio
No caso de que sexa un ano problemático cos lumes forestais, poderían centrar a súa atención na colaboración na detección de lumes
O Concello presentou onte o seu novo programa medioambiental, denominado “Voluntariado verde”. Trátase dunha iniciativa que coordinará a aqueles voluntarios que desexen colaborar nos distintos programas en defensa do medio ambiente organizados polo Concello de Ordes.
Proxecto Ríos de Adega
Dentro do “Voluntariado verde” integraranse iniciativas como a adhesión de Ordes ao Proxecto Ríos, desenvolto por Adega para achegar á poboación aos ríos galegos. Integraranse tamén a formación e creación de unidades de voluntarios para a defensa do monte galego contra os lumes forestais, organización de rutas de sendeirismo, facer seguementos de enclaves naturais de especial valor coma o embalse de Vilagudín.
A frase de María Xosé Castro, coordinadora de actividades do Proxecto Ríos, de Adega
"Cando algo se coñece, o tes preto e o aprecias, é máis doado de conservar, xa que o sintes coma algo teu"
As frases de Xesús Pedreira, tenente de alcalde e concelleiro de Medio Ambiente
"A través do Voluntariado Verde controlaremos as distintas actividades relacionadas cos voluntarios e o medio ambiente no municipio, ofrecendo información e formación a todos os que queiran participar"
"O obxectivo é que a xente que queira colaborar na defensa do noso medio ambiente se apunte"
"Despois as actividades xurdirán segundo as necesidades e as preferencias de cadaquén"
A frase de Manuel Regos, alcalde de Ordes
"Facemos un chamamento a todos os veciños e veciñas de Ordes para que participen como voluntarios nesta iniciativa, xa que disfrutarán do seu entorno e ademais colaborarán na súa conservación"
*