sábado, 18 de abril de 2009

Venres Saudables: Prohibidos os Bollycaos no climaterio e a menopausia

.
A charla deste venres foi impartida por Teresa González e Florinda Corzo, matronas do Programa de Atención á Muller

Corzo recomena unha dieta rica en calcio durante a adolescencia

Qué comer: Xureles, sardiñas, froitos secos, cereais, coello e polo

Qué non comer: Bollería industrial

Unha vintena de mulleres de Ordes participaron na noite de onte na cuarta sesión dos “Venres Saudables”, organizada polo Concello de Ordes e que nesta ocasión xirou en torno ao climaterio e a menopausia. Durante case unha hora, Teresa González e Florinda Corzo, matronas do Programa de Atención á Muller, explicáronlles ás veciñas de Ordes as características desta fase e déronlles consellos para diminuir os seus efectos.

As ponentes alertaron contra as graxas hidrogonadas, presentes en toda a bollería industrial, e recomendaron unha dieta mediterránea, rica en cereais, legumes, peixe (sobre todo xurel e sardiña), froitos secos e carne sen pel (especialmente coello e polo).

A frase de Florinda Corzo, matrona
"O climaterio non é unha enfermidade, é unha etapa máis da nosa vida e temos que preparar ás nosas fillas para ela”

*