.
Preto de 80 alumnos de IES nº1 de Ordes participaron nunha xornada de intercambio cultural con 40 alumnos e profesores procedentes do Instituto de Monçao, en Portugal. Unha iniciativa promovida polo IES nº1, en colaboración co Concello de Ordes, e que permitiu a estes rapaces participar nunha xornada de convivencia, chea de actividades que incluiron estancia en diferentes empresas ordenses, visita a Santiago de Compostela e un xantar ao que acudiu o alcalde de Ordes, Manuel Regos, e a concelleira de Educación, Silvia Marín.
Irán a Monçao a finais de abril
Os estudantes ordenses terán a oportunidade de ir visitar o centro de Monçao a finais de abril, para pasar un día con actividades programadas e promover os contactos feitos neste primeiro encontro.
*