Luis Gómez: "A proba ordense duplica a media de asistentes a este tipo de probas en Galicia, que ronda os 40-50 xinetes"
Este domingo terá lugar a XX Degustación do Champiñón, na que se repartirán sete toneladas de cogomelos entre os visitantes

.
Oitenta persoas participaron na primeira Xornada Técnica do Cogomelo Galego, celebrada esta mañán na Casa da Cultura
Un total de 107 xinetes de toda España participarán mañá domingo no Concurso de Salto de Obstáculos Nacional dun Día (CSO 1º), organizado polo Concello de Ordes no marco da segunda edición de Expo Ordes. As probas terán lugar na explanada do colexio Campomaior.
O prato forte terá lugar pola tarde, na que a competición comezará ás 17:00 horas.
Éxito da xornada do cogomelo
Durante esta mañán, o recinto feiral de Expo Ordes compartiu protagonismo coa Casa da Cultura, onde tivo lugar a primeira Xornada Técnica do Cogomelo Galego, que reuniu a oitenta persoas chegadas dende distintos concellos da provincia. Unha xornada técnica organizada polo Concello de Ordes, a Consellería do Medio Rural e o Feader, que entregaron aos asistentes información sobre os cogomelos de Galicia: os mellores e os máis tóxicos.

Sete toneladas de champiñóns
Un pequeno adianto do gran día de mañán domingo, que coincido coa XX Degustación do Champiñón de Ordes. Durante a xornada do venres, o Concello de Ordes repartiu sete toneladas de champiñón entre uns 130 establecementos hostaleiros do municipio. Uns establecementos que durante a xornada de mañán repartirán estes cogomelos entre os seus clientes de xeito totalmente gratuito.

"A media de asistentes a este tipo de probas en Galicia ronda os 40 ou 50 xinetes, o que significa que Ordes duplicará a media e contaremos coa presenza de importantes xinetes profesionais e dos seus alumnos que chegarán de toda España”
A frase de Manuel Regos, alcalde de Ordes
“Esperemos que o tempo nos sega acompañando e que milleiros de persoas se acheguen mañá ata Ordes a disfrutar connosco desta gran feira multisectorial que é Expo Ordes e que aproveiten para degustar de balde o champiñón, que aquí se cociña de moitas maneiras diferentes”
*