lunes, 6 de abril de 2009

O colesterol, a glucosa e a tensión, a raia en Ordes

O Concello instalou hoxe unha “Carpa da Saúde” na Alameda para celebrar o Día Mundial da Saúde. Unha carpa na que un par de médicos do centro de saúde ordense revisarán de balde a tensión arterial, o peso e os niveis de colesterol e de glucosa dos veciños e veciñas de Ordes que se acheguen pola Alameda entre as 11 e as 19 horas.


*