O fan a través do primeiro número do seu boletín informativo 'O Comarcal Socialista'
Os socialistas da comarca de Santiago de Compostela veñen de sacar á luz o primeiro número do seu boletín informativo 'O Comarcal Socialista'. Nas súas catro follas, dedicadas exclusivamente á crítica á labor do goberno do Partido Popular na Xunta de Galicia, recollen as súas queixas respecto da ausencia dunha serie de inversións en Ordes. En concreto, os socialistas comarcais denuncian que para Ordes non hai, por parte da Xunta de Galicia "nin un duro" para o saneamento e abastecemento no medio rural aos lugares de Espenica, Castiñeira e Sar; da rúa Nova, da rúa República Arxentina e dos medios rurais de Reboredo e Gorita.
Tampouco haberá, segundo as follas de O Comarcal Socialista, inversión na mellora da ETAP do Mesón do Vento para resolver o exceso de ferro na rede de aastecemento de auga de consumo; nin se financiarán gastos de funcionamento do Museo do Traxe Juanjo Liñares.
*