lunes, 3 de enero de 2011

O PP de Ordes alerta do aumento do malestar dos usuarios da piscina climatizada

Queixanse da baixa temperatura da auga e o "nulo mantemento" das instalacións

Os populares denuncian o "caso omiso" feito dende o Concello de Ordes

O Partido Popular de Ordes anunciou hoxe que durante as últimas semanas ven recibindo numerosas queixas dos usuarios da piscina climatizada da localidade, criticando tanto a baixa temperatura da auga como o nulo mantemento das instalacións, que acusan o paso do tempo sen que o Concello, a xuizo dos populares, faga nada por subsanar as deficiencias. O problema da temperatura da auga foi posto en coñecemento polos usuarios tanto o persoal da propia piscina coma no Concello de Ordes, donde ata agora, sempre segundo o PP, "fixeron caso omiso as queixas dos mesmos".

O Partido Popular vincula estas carencias co feito de que a piscina municipal carece de empresa concesionaria nos último anos "como consecuencia da desidia do Goberno local, que non quixo ou non foi capaz de adxudicar os diferentes concursos convocados con esta finalidade".

Actualmente, esta piscina atópase segundo o PP nunha situación de “limbo concesional” xa que nin é xestionada directamente polo Concello, nin ten sido adxudicada a empresa algunha. O feito de que o servizo non teña sido adxudicado impide que os actuais xestores asuman a conservación das instalacións, pero tamén propicia un maior deterioro por falta do mantemento axeitado.

Investimento elevado
O Partido Popular volve a recordar que arranxar as deficiencias da piscina climatizada supón un investimento elevado, porque fai moito tempo que non se acometen inversións na mesma, e matiza que xa no seu momento advertiu ao Concello sobre a necesidade de acometer estas obras, para o que propuxo incluír estes traballos nalgunha das dúas convocatorias do Plan E. O Concello fixo caso omiso da propostas do Grupo Popular, permitindo, segundo estes, que o deterioro se acelere.

*