domingo, 23 de enero de 2011
O Concello felicítanos polo uso dos contedores de aceite usado e nos convida a usalo aínda con máis frecuencia
Están ubicados no Recreo 34, Rúa da Feira (Escola de Música), Pascual Veiga 1, Rúa do Muíño, Rúa Nova 36, na Avenida de Alfonso Senra e na Praza da Igrexa do Mesón do Vento
Con esta práctica, os ordenses xa evitaron a contaminación dun millón de litros de auga dos nosos ríos
O Concello anima a tódolos veciños da vila a que depositen o aceite doméstico usado nos distintos contedores de recollida deste residuo de que dispón o municipio, e que recentemente se ampliaron cun máis que está ubicado no Mesón do Vento, na praza da Igrexa.
Así, son xa oito os contenedores que o Concello de Ordes ten instalado no municipio para este fin. Ademais do de Mesón do Vento, o resto de contenedores están ubicados, un na rúa do Recreo 34, outro na Rúa da Feira (ao lado da Escola de Música), outro na Rúa Pascual Veiga 1, outro na Rúa do Muíño, outro na Rúa Nova 36, e outros dous na Avenida de Alfonso Senra.
Dende que o pasado mes de novembro de 2008 se puxera en marcha a campaña de sensibilización de reciclado de aceite usado de cociña 'Tirar aceite polo fregadeiro contamina', a concellería de Medio Ambiente de Xesús Pedreira xa leva xestionado máis de 5.000 litros deste residuo evitando así por cada un destes litros xestionados, contaminar 1.000 litros de auga dos nosos ríos.
Foto: O concelleiro de Medio Ambiente de Ordes, Xesús Pedreira, explica ao alcalde Manuel Regos (esq.) e a un grupo de concelleiros o funcionamento do contedor de aceite usado da Avenida de Alfonso Senra xunta á Alameda de Ordes // Arquivo.
*
Protagonistas:
Manuel Regos,
Xesús Pedreira