Numerosos pais teñen manifestado ao candidato popular, Martínez Sanjurjo, a súa preocupación polo risco de atropelo dos nenos que poidan escapar detrás do balón
O Partido Popular de Ordes informa hoxe que rexistrará un rogo para instar ao Concello a que repare, de xeito inmediato, os grandes buratos que presenta o peche perimetral da pista deportiva situada na parte inferior do parque infantil municipal “Félix Rodríguez de la Fuente”, ante o risco de atropelo que rexistran os rapaces que xogan habitualmente neste recinto.
O peche perimetral de rede metálica desta pista deportiva -utilizada habitualmente polos nenos e adolescentes da vila para a práctica de fútbol- presenta enormes buratos (como pode apreciarse nas fotografías difundidas polo Partido Popular de Ordes) polos que se escapan os balóns. Se algún rapaz sae detrás do esférico corre un serio risco de ser atropelado, dado que esta pista está circundada, por tres dos catro lados, por rúas coa consecuente densidade de tráfico rodado, en especial a Rua do Recreo.
Preocupación dos pais
Diferentes pais teñen manifestado ó candidato do Partido Popular á alcaldía de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, a súa preocupación polo risco de atropelo dos rapaces que utilizan esta instalación deportiva.
Os pais dos cativos non poden entender como se puido arranxar o parque fai uns meses e deixar este peche, que xa neses momentos estaba nun estado lamentable, sen cambiar a malla, posto que o custo que supón e mínimo. Con actuacións deste tipo, asegura dende o PP, os gobernantes de Ordes demostran que carecen de sensibilidade cos máis pequenos, a vez que tamén deixan clara a situación económica que atravesa o Concello, cando só se executan os traballos que veñen subvencionados por outros organismos, e se deixan os que se terían que executar con fondos propios.
Foto: Aspecto que luce a malla metálica do campode xogo do parque municipal Félix Rodríguez de la Fuente // PP de Ordes.
*