Celebrado onte pola noite na igrexa parroquial de Santa María de Ordes
Ordes acolleu onte pola noite a celebración do seu tradicional Certame de Corais, organizado pola Coral Polifónica de Santa Cruz de Montaos en colaboración co Concello de Ordes, e que tivo lugar na igrexa parroquial de Santa María de Ordes.
Este novo certame contou cun gran éxito de público que puido disfrutar coa música de diferentes agrupacións de toda a comarca. Así, nesta ocasión, as agrupacións participantes foron a Coral Aires de Carral, a Coral de Trazo, a Coral Hermano Gómez de Santiago, o Grupo de Música Tradicional de Ordes, e a anfitriona, a Coral Polifónica de Santa Cruz de Montaos.
Momento da interpretación dunha das corais participantes na iglexa parroquial de Ordes. |
O concelleiro de Cultura e Deportes, José Ramón Vázquez Raña, presente no acto xunto a outros compañeiros do goberno local, agradeceu a todos os asistentes a súa participación, así como ás agrupacións participantes que trouxeran o mellor dos seus repertorios ata Ordes, desexando que en próximas ocasións volvan a visitar o municipio. Ademais o edil ordense insistiu unha vez máis no apoio que se está a dar e se seguirá dando dende o Concello a este tipo de iniciativas que teñen a cultura como protagonista.
*