domingo, 9 de agosto de 2009
A Asociación de Veciños de Pereira presentará alegacións ao trazado da variante
Contemplan o proxecto como unha autovía pechada que aillaría ás parroquias de Montaos, Poulo e Buscás
O presidente da Asociación de Veciños de Pereira, Manuel Veiras Varela, ven de facer pública a presentación dunha serie de alegacións ao Estudo Informativo da Variante de Ordes co obxectivo de modificalo. Segundo Veiras, as razóns para a oposición ds Asociación que preside son as seguintes:
1º.- Perxuízos a Montaos, Pereira, Poulo e Buscás. Consideramos que as necesidades e circunstancias que motivan a aprobación do citado proxecto non xustifican a súa concepción global como unha autovía de 35 metros de ancho, xa que para conseguir desviar o tráfico da vila de Ordes e solucionar o problema de colapso existente na mesma, non é necesaria a construción dunha autovía que 12,2 km, pechada e case sen accesos, xa que aillaría grande parte da zona este do concello, provocando graves perxuízos á parroquias de Montaos, Pereira, Poulo e Buscás, que verían perxudicado o seu desenvolvemento socioeconómico.
2º.- Construír unha estrada convencional. Para dar solución aos problemas de tráfico e seguridade vial en Ordes, bastaría a construción dunha estrada convencional, que desviaría o tráfico da vila sen aillar e afectar tan gravemente ao futuro socioeconómico da zona este do noso concello, ao poder conectarse, mediante accesos, coa rede viaria secundaria existente nesta zona.
3º.- Un viaduto sobre o río Cabrón. Non parece razoábel aproximar, do xeito que se fai, aos núcleos de poboación é ás explotacións agrarias esta autovía, cando se podería alonxar significativamente construindo un viaduto sobre o río Cabrón.
4º.- Aceso na estrada a Pontecarreira. Si se pretende facer unha circunvalación a Ordes, para desconxestionar a N-550, sería lóxico construír un aceso na estrada AC-3802 (Ordes-Pontecarreira), no lugar da Pinguela, para facilitar o aceso a esta autovía, sen ter que ir até o centro da vila de Ordes, dos veciños das parroquias de Poulo e Pereira, así como os habitantes dos Concellos de Frades, Oroso e Mesía.
5º.- Que sucede coa nova rede viaria local de Pereira. O Estudo Informativo que se somete a información pública non contempla a nova rede viaria local da parroquia de Pereira, executada no proceso de concentración parcelaria da mesma. Polo que se deixan cortadas moitas desas vías e sen aceso as leiras de reemplazo. Non observando, tampouco, que a autovía teña carrís de servizo a ambos lados da calzada.
6º.- Debe facerse referencia ás traídas de auga potábel. Tampouco se contempla no Estudo Informativo exposto a información pública, as diversas traídas de auga potábel, tanto privadas como comunais que existen na parroquia, polo que se debería ampliar o Estudo e facer referencia a todas elas.
Trinta días habiles para facer alegacións
Foi o pasado 14 de xullo cando o Concello de Ordes recibía comunicación do Ministerio de Fomento dando coñecemento da entrada do estudo informativo da variante en período de información pública e audiencia, que estará aberto por un periodo de 30 días hábiles a partires da publicación do anuncio no BOE, momento que tivo lugar o pasado 11 de xullo de 2009.
As frases de Manuel Veiras, presidente da Asociación de Veciños de Pereira
"O proxecto de circunvalación presentado polo Ministerio, consistente nunha autovía pechada, vai causar un grave perxuizo económico a toda a zona este do Concello, polo que esperamos que os veciños de Montaos, Poulo e Buscás, se unan a esta reivindación dos veciños de Pereira"
"Os veciños afectados loitaremos porque se atendan as alegacións e se modifique a concepción global do Estudo Informativo da Variante de Ordes, pasando a concebirse o mesmo como unha estrada convencional, con accesos desde a rede viaria existente no concello, e alonxando o seu trazado dos núcleos de poboación e das explotacións agrogandeiras"
*
jueves, 6 de agosto de 2009
Malestar entre los vecinos de la rúa Mercado por los presuntos “privilegios” con Correos por la acera
El Concello se compromete a atender todas las peticiones de comerciantes u hosteleros que pudieran tener problemas en la aplicación de las normas a favor de las personas con movilidad reducida
Hace apenas tres meses, la acera de la rúa Mercado a la altura del edificio de Correos sufría una reforma para, supuestamente, facilitar el acceso de las personas que se desplazan en silla de ruedas a las dependencias de la oficina postal. Así las cosas, la acera a ambos lados de su puerta de acceso se elevaba unos 15 centímetros, evitando de este modo la construcción de un rampa desde la misma puerta de la oficina, tal y como, según aseguran algunos vecinos, debió hacerse.
Ahora, algunos vecinos y comerciantes muestran su malestar por dos razones, una, que al elevarse la acera, los coches que aparcan justo en su frente han sufrido daños al abrir sus puertas; y la otra, es la incertidumbre por saber si el Concello de Ordes permitiría una obra semejante a un comerciante u hostelero de la zona que hiciera obras de reforma en sus locales y hubiera de someterse a la normativa de acceso a personas con movilidad reducida. “Eu non estou en contra de que se facilite o acceso a persoas en silla de rodas, todo o contrario, o que non vexo ben é que se lle dea este privilexio a Correos por ser Correos” aseguraba a Ordessiete una conocida hostelera de la polémica acera.
Pese a todas estas quejas, el concelleiro de Urbanismo y Obras, Roberto González, a preguntas de Ordessiete ha asegurado que se ven obligados a ejecutar este tipo de actuaciones en la acera al tratar de beneficiar a instituciones públicas, en este caso, a Correos. “Pero do mesmo xeito o faríamos cunha escola, unas oficinas municipais, un centro de saúde ou calquera outro edificio de servizo público”, asegura.
Conta atrás para o Brincadeira 09
Máis de 50 persoas velarán pola seguridade do evento
O Concello de Ordes porá en marcha mañá venres un dispositivo conformado por máis de cincuenta persoas (entre membros de Protección Civil, da Garda Civil de Tráfico e da Policía Municipal) para velar pola seguridade dos asistentes ao Festival Brincadeira 09, que pretende reunir en Ordes a 15.000 mozos e mozas de toda Galicia este venres e sábado.
Mañá venres, 7 de agosto, a terceira edición do Festival Brincadeira abrirá as súas portas a partires das 20:00 horas, coa música do DJ “O Americano” baixo unha gran carpa instalada no Campo da Feria de Ordes e con capacidade ata para 15.000 persoas. A partires das 21:00 horas, será o turno dos grupos La Pulquería, Che Sudaka (que repite por segundo ano consecutivo), os locais Dios ke te Crew e Las Furias.
Puedes ver un vídeo de Dios ke te Crew haciendo clic bajo estas lineas:
Certame de arte urbano, concurso de fotografía e camping
Paralelamente ao festival terá lugar un certame de arte urbano, unha mostra de novas tendencias e un concurso de fotografía. A empresa xestora deste festival, Iceberg Audiovisuais, habilitou un terreo cedido polo Concello de Ordes para camping, onde poderán instalarse máis de cincocentas tendas. Trátase dunha explanada fronte ao centro de saúde de ordes e ubicada a uns metros de onde terán lugar as actuacións. En caso de choiva, a acampada sería no pavillón do colexio Campomaior.
Puedes ver un video de los preparativos del Festival Brincadeira 09:
Festa da malla en Ardemil
Tamén nsta fin de semana, a Asociación Cultural Castro da Croa, en colaboración co Concello de Ordes, organiza esta fin de semana a xa tradicional Malla de Ardemil, que se celebrará no lugar de O Castro. Unha festa que terá o seu punto álxido coa malla o sábado 8 de agosto, a partires das 12:00 horas, toda vez que o pasado 25 de xullo xa se realizou a tradicional sega do trigo.
Así, mañá venres 7 de agosto haberá en Ardemil unha degustación gratuita de panceta. A malla terá lugar o sábado 8 de agosto, a partires das 12:00 horas. Paralelamente haberá unha feira de antigüidades, que inclúe unha concentración de tractores novos e unha exposición de coches antigos, motos, motores antigos de mallas (a gasolina e diésel), mobles, etc.
Xa pola tarde, a partires das 18:00 horas, terá lugar unha competición de tiro da corda. A xornada pecharase coa actuación do Dúo Tajú. Para a xornada do domingo 8 de agosto quedará unha concentración de tractores antigos.
A frase de Manuel Regos, alcalde de Ordes
"Temos preparado un operativo para acoller ata 10.000 persoas por día, que disporán de ampla zona de acampada e de persoal que os informarán dos distintos lugares de aparcamento habilitados”
*
Alfonso Rueda "no ve inconveniente" en ceder el centro comarcal de As Casillas al Concello
La visita de Astray y Prado Patiño al conselleiro Alfonso Rueda, que nos visitará entre septiembre y octubre, acerca ambas posturas para dar solución a esta reivindicación históricamiércoles, 5 de agosto de 2009
Pedreira: "Grazas á colaboración dos nosos veciños, impedimos que se contaminen case dous millóns de litros de auga"
A concellería de Medio Ambiente do edil socialista pecha un semestre de éxito no fomento da reciclaxe entre os ordenses Recolléronse 1.330 quilos de aceite usado e 25 quilos de aparellos de telefonía nos dous programas postos en marcha este ano
Pola contra, apréciase unha reducción na recollida de metais (pasouse dos 175 metros cúbicos recollidos no primeiro semestre de 2007 aos 50 m3 de 2009) e de neumáticos, xa que pasamos de 2.960 unidades recollidas en 2008 ás 1.080 recollidas nestre primeiro semestre de 2009.
Recollida selectiva de residuos
Por último, tamén é moi significativo o incremento rexistrado na recollida selectiva dos residuos que se producen no municipio, e que deu pé a unha campaña de publicidade por todo o municipio iniciada a mediados de 2008. Unha campaña na que se lle achegou aos veciños e veciñas información sobre a recollida de residuos no municipio para promover unha axeitada clasificación dos mesmos en orixe.
.
Foto: Inauguración dos contenedores de recollida de aceite de cociña usado, en noviembre de 2008.
lunes, 3 de agosto de 2009
Brincadeira 09. Obxectivo: 15.000 mozos e mozas
O cartel do festival, de entrada gratuita, inclúe a grupos como Boney M, La Pulquería, Che Sudaka, Rumba Tarumba ou Dios ke te CrewParalelamente ao festival terá lugar un certame de arte urbano, unha mostra de novas tendencias e un concurso de fotografía. A empresa xestora deste festival habilitou un terreo cedido polo Concello para camping, onde poderán instalarse máis de cincocentas tendas. Trátase dunha explanada ubicada a uns metros de onde terán lugar as actuacións. En caso de choiva, a acampada sería no pavillón do colexio Campomaior, mentres que unha gran carpa con capacidade para 15.000 persoas impedirá que os asistentes aos concertos se mollen.
Todo un éxito a mellor feira de cans de Galicia
No que atinxe aos premiados, o galardón ao Mellor Can da Mostra foi para o ordense Pedro Rodríguez, cun setter inglés, que levou un premio de 150 euros. Da mesma raza foi o segundo clasificado, propiedade de Pedro Ferreiro, de Vilamaior (Ordes), cun premio de 100 euros. O terceiro clasificado foi Pedro García, de Guísamo (Bergondo), que levou 75 euros.
O outro gran galardón da xornada foi o do mellor lote da feira, que foi para o asturiano Álvaro Fernández Braña, cunha camada de sabueso español. Así mesmo, Javier Orgueira Amor, de Carral, levou o galardón á Mellor Camada de Caza Maior, cuns exemplares de Gran Azul; Juan Carlos Pomar Pampín gañou o premio á Mellor Camada de Caza Menor (coello), cuns basset hound; e Julia Suárez Barreiro, cos seus setter ingleses, lvou o premio á Mellor Camada de Caza Menor (perdiz).
Entre os participantes había maioría da provincia da Coruña, aínda que tamén se rexistraron exemplares procedentes de Lugo, Ourense, Pontevedra, Asturias e León.
sábado, 1 de agosto de 2009
No te pierdas 'a infancia' de los Kastomä en el YouTube
La banda de rock ordense acaba de rodar su primer videoclipKastomä pega el salto al fonograma con imágenes, o lo que es lo mismo, al videoclip. Su tema ‘A infancia’ ya se puede disfrutar en el YouTube desde el pasado 22 de julio, y por las visitas que está recibiendo (524 al tiempo de escribir estas líneas) no parece que esté pasando desapercibido entre sus seguidores y los amantes del rock gallego en general.
“A idea era recrear unha idea da nosa infancia en Ordes”, nos asegura su guitarrista Sito. Kastomä lo forman cinco músicos, cuatro de ellos de nuestra villa. “O outro é de Sigüeiro, pero ten a moza en Ordes así que é coma se fora tamén de aquí”. Así, son cinco niños entre 7 y 12 años, uno por cada miembro de la banda, los protagonistas del video: Adrián, Manuel, Anxo, Marcos y Asier, acompañados de Cristina. Eso sí, sin saber quién de ellos representa realmente a Oscar (bajo), Sito (guitarra), Soneira (voz), Antonio (batería) y David (guitarra).
El escenario, la escola unitaria de Meirelle, algunos espacios del lugar de Reboredo y un tramo del Camino inglés en Outeiro (Poulo), todos ellos lugares de la infancia de estos rural rockers. “Gravamos entre maio e xuño e é o primeiro video ‘profesional’ que producimos. Fixemos outras cousas pero todas moi amateurs”, reconoce Sito a Ordessiete.
Puedes ver el video de 'A infancia' haciendo clic bajo estas líneas:
"O que interesa é que se nos coñeza"
Preguntado sobre el objetivo que buscan con su realización, aseguran que “o que nos interesa é que se nos coñeza. Agora a venta de discos non existe, todo é promoción para os concertos”.
Los Kastomä siguen fieles al rock bravú, a “ese rock sin capar, que surgió cuando las guitarras llegaron a las aldeas”, definición que algunos le atribuyen a Os Diplomáticos de Monte Alto. La ironía y el sentido del humor se perciben a leguas en la banda. Se nota que se lo pasan bien, que no hay estreses impuestos por discográficas ni promotores. En definitiva, que hacen lo que les da la gana y además, lo hacen bien.
Saldrán por primera vez de Galicia este verano
No parece un mal año para la banda a tenor de la agenda que tienen para este último semestre del año. El próximo sábado estarán dándolo todo en el Festival Brincadeira y próximamente tocarán en el Festival Meigas Fora de Poulo. El 30 de octubre toca bolo en Sada y el 31 de ese mismo mes, en Lugo.
Pero sin duda lo que hará especial este verano de 2009 para los Kastomä será su primera incursión “no extranxeiro”, como dice Sito. Será el 15 de agosto cuando la banda viaje a Cáceres para participar en un festival, el primer concierto que esta banda ordense va a ofrecer fuera de Galicia.
Puedes ver el 'making of' del video haciendo clic bajo estas líneas:
“Un carro de toxo” para los Kastomä
Por R. A. Landeira
Lo cierto es que lo que los Kastomä ha llevado hasta el ciberuniverso se trata de un material audiovisual de primera. Dirigidos por Gaspar Broullón y Matías Tarrío, los cinco chavales viven felices su día a día en el rural gallego hasta que descubren los sonidos (roqueros) de una misteriosa cinta de cassette (la mítica TDK de 60 minutos) con dos nombres escritos en su frontal: ‘Bon Yobi’ por uno, y ‘Castoma’ por el otro. “Esta cinta está que flipas. Es verdad todo eso” expresan unos atónitos y jóvenes aprendices de músicos al escucharla.
La calidad audiovisual y sonora del vídeo es de 10 y el grupo no debe dejar pasar la oportunidad de rularla por toda cuanta televisión local, comarcal o autonómica exista por ahí ya que el vídeo cumple de sobra los parámetros de calidad técnica que imponen las televisiones. Te puede gustar más o menos el grupo o su música, pero el vídeo, y más aún si eres de Ordes, te va a flipar y como eso que dicen que pasa con las Pringles, no podrás verlo sólo una vez.
Pero bueno, también como decía el señor Lobo en Pulp Fiction, “no empecemos a chuparnos las pollas todavía” y existen cositas a mejorar. Una de ellas es su gran influencia del Bravú que no olvidemos quedó muy muy atrás y cada vez los fans del movimiento son (somos) menos, más viejos y menos roqueros. La ‘velliña de aldea’ supuestamente tocando una Les Paul ya lo habían hecho los Heredeiros da Crus con la portada de su primer disco, ‘A cuadrilla de Pepa a Loba’ allá por 1994. Otra cosa que seguro que a todos nos hubiera gustado sería el haber grabado más imágenes reconocibles de Ordes. ‘Hacer un poco de patria’, digo.
Está claro que los Kastomä se han ganado a pulso un cajón de cerveza con este video y el ‘carro de toxo’ del que habla la abuela, que se lo coman otros, de Siguëiro 'pabaixo' y del Mesón 'parriba'. Saúde, Kastomä.
__
Foto: A los Kastomä de vez en cuando les gusta para de tocar y tomar un vino en el Orellas.
*
La ex modelo y fotógrafa Michelle Ferrara mejora la imagen de la textil ordense TMX

Con sede en O Paraíso, TMX se dirige a una mujer urbana de entre 25 y 45 años que valora la originalidad de los pequeños detalles. Sus colecciones se comercializan en 350 puntos multimarca de España y en otros 50 del exterior, repartidos entre Bélgica, Reino Unido, Portugal, Italia y Países Bajos. En 2008, la empresa facturó 5,9 millones de euros, con una tasa de exportación del 10%.
jueves, 30 de julio de 2009
Silvia Marín clausura o curso de informática para discapacitados
En setembro comezarán actividades de alfabetización, cursos de cociña e de psicomotricidade para discapacitados no Mesón do VentoNesta iniciativa, pioneira na comarca, participaron trece alumnos con distintas discapacidades: físicas, con deterioro cognitivo, xente con problemas sensoriais (sobre todo con problemas graves de visión) e con trastornos psicolóxicos. De feito, o único requisito para participar neste curso era estar empadroado en Ordes e ter unha discapacidade recoñecida pola Xunta non inferior ao 33% por cento.
De feito, estes trece veciños solicitaron ao Concello de Ordes a programación dun curso de informática de perfeccionamento. Marín acolleu a petición con agrado e explicou que buscará financiación para poder realizalo o vindeiro ano.
Festa na carballeira do Socorro
Este sábado 1 de agosto, a Asociación Cultural Seixo Branco de Vilamaior, celebrará na carballeira do Socorro o II Festival Sons do Socorro.
O comezo da festa está previsto para as 12.30 h. coa actuación do grupo de gaitas ‘Fontornela’ e a ‘Asociación Cultural A Ramola’, que traerán cantareiras e un grupo de baile.
Despois dun oficio relixioso no que se rendirá homenaxe ao que foi curra párroco da vila durante 58 anos, haberá un xantar con polbeira no que se agarda a presenza de máis de 200 persoas.
A troula comezará unha rematado o xantar coas ‘Zanfonas sobre rodas’ de Carlos de Viso e Luis de Caruncho, e o grupo de gaitas, ‘Os Viqueiras’.
Segundo informa a propia asociación, Seixo Branco leva cinco anos organizando este encontro festivo no emblemático lugar do Socorro, e durante os tres últimos acometeu obras por valor de 18.000 euros na mellora do campo, unha capela e unha fonte existentes no lugar. A última actuación de rehabilitación da Asociación tivo lugar este mesmo ano co cambio e revestimento do tellado da capela.
*
Ana Pontón e Teresa Táboas esíxenlle a Feijóo que se comprometa coa creación de solo industrial en Ordes
A petición, que materializouse a través dunha iniciativa no Parlamento de Galicia, fíxose extensiva tamén ao Concello de Ordes "Na Xunta", asegurou Pontón en rolda de prensa conxunta co portavoz municipal Gonzalo Castro, "existe un proxecto de ampliación da dotación de solo empresarial, que consiste en reclasificar o solo urbanizábel delimitado de uso industrial a un ámbito de 1.576.485 metros cadrados situados na parte centro-este do concello”. Para a deputada, “esta actuación suporía a creación dunha nova zona industrial máis próxima á autoestrada AP-9 e adicional ao parque empresarial existente na estrada N-550”.
“É necesario que non se poñan atrancos e que se impliquen todas as administracións”
Sen embargo, para que este importante proxecto vaia adiante, Pontón recalcou que “é necesario que non se poñan atrancos e que se impliquen todas as administracións, tanto o concello de Ordes como a Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas”.
En concreto, a deputada do BNG lembra que “para facer realidade este polígono industrial requírese un compromiso efectivo da Xunta de Galiza, xa que, ademais do polígono hai que tramitar unha modificación das normas subsidiarias, cos preceptivos trámites de aprobación provisional polo Concello; hai que remitilos á Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo para que emita o seu informe; ten que ter a aprobación inicial polo Concello; sometelo a trámite de información pública e que a Xunta emita o informe definitivo”.
“Imprescindíbel para atraer novas actividades a Ordes"
Pola súa parte, o portavoz municipal do BNG de Ordes, Gonzalo Castro, asegurou que “crear solo produtivo en Ordes é imprescindíbel para non só consolidar o tecido empresarial existente, senón tamén para atraer novas actividades ao noso concello”.
Neste sentido, Gonzalo Castro salientou que “crear solo empresarial, e polo tanto crear postos de traballo, é aínda máis necesario nun momento no que no concello de Ordes hai case mil persoas no paro”.
En concreto, lembrou que “no último ano o paro subiu en Ordes un 43%, case o dobre que no resto da comarca, pasando ded 661 persoas desempregadas en xuño de 2008 a 943 en xuño deste ano”, segundo os datos do Instituto Galego de Estatítisca.



Una peregrinación del Arzobispado de Valencia hará parada en Ordes
Serán más de 75 jóvenes y estarán con nosotros el viernes, 14 de agostomiércoles, 29 de julio de 2009
Luis Gómez: "Estamos cumprindo o obxectivo de converter a Feira de Cans de Caza do Mesón na mellor de toda Galicia"
O Concello ten dispostas 220 xaulas para albergar a máis de 3.000 exemplaresA novidade deste ano será unha degustación gratuita de produtos de caza nos restaurantes do Mesón do Vento e no recinto feiral entre as 11 e as 14:30 horas do domingo 2 de agosto
Campionato de Caza de Perdiz con Can
O programa de actividades da XVII Feira de Cans de Caza abrirase na mañá do sábado 1 de agosto coa quinta edición do Campionato de Rastro, modalidade xabarín. Paralelamente terá lugar o Campionato de Caza de Perdiz con Can. Para ambas competicións, o Concello de Ordes ten preparados 600 euros en premios que se repartirán do seguinte xeito: 300 euros para o primeiro clasificado, 150 para o segundo, 75 para o terceiro, 50 para o cuarto e 25 para o quinto clasificado. Os dez primeiros levarán tamén un saco de penso e unha medalla conmemorativa.
O sorteo dos percorridos terá lugar ás 7:30 horas do sábado, no recinto feiral do Mesón do Vento, e os participantes serán puntuados tanto polo número de pezas capturadas como polo tempo empregado para facelo. As probas rematarán ás 14:30 horas, momento no que terá lugar un xantar de confraternidade.
Este domingo 2 de agosto, a partires das 8.30 h.
Nesta feira, repartiranse máis de 1.800 euros en premios nas distintas modalidades a concurso, no que estarán representadas ata trinta razas. Así, o mellor can da mostra levará 150 euros, o segundo clasificado 100 euros e o terceiro 75 euros, ademais da pertinente medalla para cada un. Así mesmo, tamén se outorgarán premios de 50 euros para as distincións ao mellor can de cada raza e á mellor camada de caza maior e menor (nas modalidades de coello e perdiz). Ademais, todas as gaiolas serán agalladas cun saco de penso. Uns premios que serán entregados polo alcalde de Ordes, Manuel Regos, ás 14:30 horas.
Esta XVII Feira de Cans de Caza está organizada polo Concello de Ordes, en colaboración coa Asociacións Feira de Cans-Amigos de Ardemil, Ferralla Lois, Reale Seguros e Moure Villaverde SL.
Así o contou Radio Ordes:
As frases de Luis Gómez, concelleiro de Turismo e Mercados
“Incrementamos nun 30% o número de xaulas, pasando das 170 do ano pasado ás máis de 220 que temos listas para esta fin de semana, polo que estamos seguros de que sobrepasaremos con moito as nosas previsións de reunir a máis de 3.000 cans”
"Este incremento demostra que está cumprido o obxectivo que nos marcamos dende o Concello de Ordes cando asumimos a organización desta feira o pasado ano: converter á Feira de Cans de Caza do Mesón na mellor de toda Galicia”
*
martes, 28 de julio de 2009
Última hora: Comunicado de Adega en referencia ás declaracións de Xesús Pedreira
Comunicado da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega).
28 de xullo de 2009. 23.20 h.
En resposta ás declaracións feitas polo concelleiro de medio ambiente, Xesús Pedreira, a asociación Adega, e en concreto a delegación de Ordes-Cerceda manifesta que foi Adega a través da súa delegación nacional quen emitiu o comunicado da denuncia presentada por Adega polas agresións medioambientais cometidas nas obras do paseo fluvial no rio Mercurín , se ben a delegación de Ordes-Cerceda o subscribe na súa totalidade.
Se ben é certo que o Concello colabora coa asociación en diversos programas que se desenvolven en Ordes, isto non quere dicir que cando se produzan agresións ao medioambiente non se vaia a facer nada por parte de Adega para denuncialas, a menos que con isto debamos entender que o que quere o Goberno Municipal é comprar o silencio dos ecoloxistas para actuar con total impunidade.
Queremos lembrarlle ao Goberno Municipal de Ordes que Adega é unha organización absolutamente independente e adicada, en exclusiva, á defensa ecolóxica de Galiza e que loitou, loita e loitará contra as agresións ao medioambiente, veñan de onde veñan, sen que as súas actuacións obedezan a intereses políticos, e moito menos partidarios, por iso é totalmente falso que se esté intentando “torpedear o que se fai dende o departamento de medio ambiente” como afirma Xesús Pedreira, de feito consideramos que o paseo fluvial constitue unha precisa zona de esparcimento para os e as veciños e veciñas de Ordes, aínda que o fin último non xustifica os medios agresivos que se levaron a cabo nas obras, sobretodo cando se trata dunha zona xa de por sí moi degradada.
*
Unanimidade para ceder á Garda Civil a parcela do Paraíso
Se instará por vía xudicial á Xunta á reversión do centro comarcal ordense ao Concello de Ordes para cederllo á Mancomunidade
Aprobada unha moción do BNG na que insta á Xunta a manter a gratuidade dos libros de texto
O pleno ordinario desta mañán en Ordes aprobou por unanimidade a cesión dunha parcela de 1.350 metros cadrados, ubicada no barrio do Paraíso e incluida na área de actuación número 13, á Dirección Xeral da Garda Civil para que constrúa nela unha casa cuartel con capacidade ata para 30 axentes.
Unha decisión que fixo que o alcalde de Ordes, Manuel Regos, cualificase o de hoxe como “un día histórico para Ordes, pois xa temos a cesión dos terreos e esperamos conseguir unha infraestrutura pola que levamos esperando trinta anos”. O nacionalista, Ramiro Recouso, manifestou “o excepticismo do BNG coa posibilidade de que se construa finalmente este cuartel, xa que nos últimos 3 anos os anunciados investimentos do Ministerio para o Cuartel non se produciron, e non hai razóns para pensar que a situación vaia a variar agora que o Goberno Municipal xa lle ten aforrado a inversión ao Ministerio do Interior, pagando co diñeiro de todos os veciños un novo baixo para a Garda Civil”.
O Concello agarda que esta cesión sexa publicada de inmediato nos boletíns oficiais correspondentes xa que “hai o compromiso da Dirección Xeral da Garda Civil de que este ano vai ir unha partida consignada nos Orzamentos do Estado para esta obra e que no 2010 se fará a obra”, lembra Regos Boquete.
Diante das reticencias do BNG sobre a cesión dun local municipal como sede provisional para a Garda Civil, o concelleiro de Urbanismo, Roberto González, lembrou que “existe un convenio de cesión do baixo por dous anos. Tamén se contempla a posiblidade de que piden estar máis anos, pero iso ten que decidilo o Concello de Ordes”. Así mesmo, ante as preguntas de Teodosio Martino sobre posibles dificultades diante da futura concesión das licencias de obras para a casa cuartel, Roberto González asegurou que este tema “analizarase cando toque, hoxe o que estamos facendo é a cesión definitiva da parcela”.
Unidade psicosocial
Tamén o pleno mantivo tamén a unanimidade á hora de aprobar o regulamento da unidade psicosocial de Ordes. A concelleira de Servizos Sociais, Ana Álvarez, explicou que o obxectivo deste regulamento é “mellorar a asistencia integral dos usuarios deste servizo”. A novidade é a limitación do número de sesións a un máximo de dez, se ben “non é algo riguroso porque se a persoa necesita máis derivarase ao servizo público ou atenderase na unidade psicosocial municipal”, explicou Álvarez.
A concelleira fixo fincapé que esta limitación está motivada porque “temos que axilizar a lista de espera sen mermar a calidade da atención que prestamos e o servizo”. Así mesmo, Ana Álvarez admitiu a peticíon do PP de que esa posibilidade de ampliar o número de sesión quedase reflectida por escrito.
Ordes reclamará por vía xudicial á Xunta de Galicia
Así mesmo, o pleno municipal aprobou tamén presentar un recurso contencioso administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia para instar á Xunta á reversión ao Concello do centro comarcal de As Casillas. O voceiro municipal, Manuel Astray, explicou que esta solicitude foi feita o pasado mes de febreiro pero que, aínda que o prazo inicial para a contestación era dun mes, debido ao cambio de goberno na Xunta o Concello decidiu darlle un prazo maior de resposta ao novo Goberno autonómico.
Gonzalo Castro mantivo que “o BNG defende que o edificio do Centro Comarcal sirva aos fins para os que foi concebido, mais o que debe facer o goberno municipal é utilizar a vía do diálogo e a cooperación institucional con outras administracións para conseguir que ese edificio sexa útil para a nosa comarca, sen que o Concello ou a Mancomunidade teñan que asumir costo algún polo seu mantemento e utilización”.
Diante do silencio administrativo da Xunta, o pleno acordou, cos 9 votos a favor do Goberno e a abstención de BNG e PP, instar á reversión ao Concello de Ordes do centro comarcal de As Casillas. Astray lembrou que “o Concello de Ordes cedeu os terreos onde actualmente se atopa o centro comarcal de As Casillas para que se destinase á construción dun centro de exposición e promoción dos recursos da comarca de Ordes, pero nunca se fixo tal” polo que, ao non cumprirse este requisito recollido no convenio de colaboración e amparados no artigo 111 do RD 1372/1986, de 13 de xuño, o Concello de Ordes solicita a reversión dos terreos, e da edificación que se asenta sobre eles, á titularidade municipal.
Ante as preguntas do BNG sobre o custe do mantemento desta instalación para as arcas municipais, Manuel Astray lembrou que este edificio “non é para o Concello de Ordes, senón que llo cederemos á Mancomunidade, que actualmente utiliza medios e instalacións municipais sufragados polo Concello de Ordes” e explicou que “do mantemento farase cargo a Mancomunidade de Municipios de Ordes”. Así mesmo, Astray Mariño criticou o cambio do sentido do voto do PP, que votara a favor en febreiro deste mesmo ano e que nesta ocasión se abstivo.
Astray reunirase co conselleiro Alfonso Rueda
Ademais, en calidade de vicepresidente da Mancomunidade de Ordes, Astray Mariño anunciou no pleno que o vindeiro 5 de agosto acudirá a unha reunión canda o presidente da Mancomunidade, Miguel Prado, co conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda. “El é a persoa que pode decidir neste tema e esperamos que dé cumprimento a este acordo plenario e non sexa necesaria a vía xudicial”, apunta Manuel Astray.
A favor da gratuidade dos libros de texto
Finalmente, o pleno tamén aprobou, cos votos a favor do grupo de Goberno e BNG, a moción presentada polos nacionalistas na que insta á Xunta a manter a gratuidade dos libros de texto.
Gonzalo Castro, defendeu a presentación desta moción argumentando que, “para o curso 2009-2010, a actual Consellería de Educación pretende desmantelar o programa de gratuidade de libros de texto nos centros de ensino sostidos con fondos públicos para os niveis obrigatorios e gratuítos”, o que pon de manifesto, a xuizo de Castro “a obsesión do actual goberno do PP na Xunta por desmantelar os logros conseguidos en etapas anteriores, como é o programa de gratuidade dos libros de texto impulsado polo goberno anterior con presenza do BNG”.
Castro sinalou que “se como di a Constitución española o ensino básico é obrigatorio e gratuíto, os manuais de texto que o alumnado necesita para seguir o curso tamén deberían selo, mais ainda nunha situación de crise económica como a actual, onde moitas familias están a pasalo mal”.
Neste sentido, a concelleira de Educación, Silvia Marín, explicou que o grupo de Goberno decidiu apoiar esta moción do BNG fronte á presentada polo PP porque “nun momento de crise económica como o que vivimos é importante que as familias teñan a posibilidade de adquirir os libros de balde”.
Nembargantes, Marín tamén apuntou que “sería importante que se lles facilitase ás familias a posibilidade de conseguir os libros de texto en propiedade”, como propoñía o PP, “xa que dende un punto de vista pedagóxico sería importante que os nenos puidesen suliñar e traballar cos libros”. A moción do PP foi rexeitada polos 12 votos do grupo de Goberno e BNG, fronte aos 4 votos a favor dos populares.
Paseo fluvial do río Mercurín e información publicada en Ordessiete
Por último, o BNG presentou un rogo no que solicitaba información ao Goberno Municipal acerca da denuncia presentada pola organización ecoloxista Adega polo deterioro da ribeira e as brañas do río mercurín nas obras do paseo fluvial e por non contar cos permisos necesarios para unha actuación en zona de Rede Natura.
Recouso, criticou que “o goberno atacase no blog de Renato Landeira [facendo mención a este medio] a unha organización do prestixio de Adega, poñendo en dúbida a súa independencia e rigor na defensa da natureza”.
Gonzalo Castro, tivo que mediar no acalorado debate que mantiveron neste punto Ramiro Recouso e o concelleiro de medio ambiente, Xesús Pedreira, manifestando o portavoz nacionalista que “o que toca é poñerse a traballar para evitar que a denuncia provoque a paralización da construcción do paseo fluvial, que é unha obra moi necesaria e demandada polos veciños de Ordes, neste cometido contan coa colaboración do BNG para conseguir que os veciños poidan desfrutar desta infraestructura canto antes”.
no turno de rogos preguntas, o concelleiro de Medio Ambiente, Xesús Pedreira, explicou o estado das obras do paseo fluvial do río Mercurín. Pedreira explicou que “non ningunha denuncia que poida paralizar estas obras, que xa superaron un estudo de impacto ambiental e un periodo de exposición pública sen ningún tipo de alegación”. Pedreira Mirás explicou que as obras se están a facer dacordo cos consellos dos técnicos e que “o cauce non se tocou para nada”.
*
A Alameda gozará este sábado das melodías de tres bandas de música
lunes, 27 de julio de 2009
Marco Andión gaña a sexta tirada ao prato 'Champiñón de Ouro'

Durante a xornada de onte domingo tivo lugar a VI Tirada ao Prato 'Champiñón de Ouro', que incluíu un xantar de confraternidade con troitas e churrasco. A organización proporcionou servizo de bar e cartuchería. O xurado da proba estivo presidido por Aresoso Bello e contou cos directores de tiro Juan Martís, Javier Veiras, José Cores e Jorge Juncal.
sábado, 25 de julio de 2009
Compartindo experiencias sobre enfermidades neuromusculares
A xornada prolongouse ao longo de máis de hora e media, que os presentes aproveitaron para compartir experiencias e, deste xeito, apoiarse uns aos outros. Thais Pousada, terapeuta ocupacional e coordinadora de Asem na provincia de A Coruña, lembra que as patoloxías neuromusculares son “más de 150 enfermedades diferentes, pero todas ellas con una característica común: la pérdida progresiva de fuerza muscular, son personas que se cansan fácilmente al caminar, correr, subir y bajar escaleras y muchos de ellos terminan dependiendo de otras personas o de dispositivos da ayuda como sillas de ruedas”.
ASEM conta na actualidade con 360 socios en Galicia, concentrados sobre todo na provincia de Pontevedra. Accións como a celebrada en Ordes sérvenlle para que este tipo de enfermos coñezan a existencia de mecanismos de axuda para a súas dolencias.
Tres estudantes de (case) 10

As tres rapazas e o equipo directivo do IES Nº 1 foron recibidos no salón de plenos ordense polo alcalde, Manuel Regos, e pola concelleira de Educación, Silvia Marín, quen lles fixeron entrega duns agasallos en nome do Concello de Ordes. Así, as rapazas levaron cadanseu reloxo mentras que o equipo directivo do IES Nº1 recibiu unha figura da fachada da Casa Consistorial ordense.