miércoles, 24 de agosto de 2011

Xa podes inscribirte nas ligas deportivas de Ordes


Fútbol sala masculino e feminino, tenis, tiro con arco, xadrez, bádminton, tenis de mesa...

Máis información no teléfono 606910334 ou no correo electrónico asocaciondeportivaordes@gmail.com

A Asociación Deportiva de Ordes, coa colaboración do Concello, organiza un ano máis as ligas deportivas locais. Este ano as disciplinas nas que se pode realizar xa a inscrición son fútbol sala, fútbol sala feminino, tenis, tiro con arco, xadrez, bádminton, tenis de mesa, tute, diana, futbolín e unha liga de videoxogo FIFA 2011 Playstation en pantalla xigante.

Todos aqueles que estean interesados en participar poden facer a súa inscrición no bar da piscina municipal de Ordes, así como recibir máis información a través do teléfono 606910334 ou no mail asociaciondeportivaordes@gmail.com. A data límite para realizar a inscrición será o vindeiro 30 de setembro.

20 equipos en 2010
Estas ligas deportivas teñen ano tras ano unha gran aceptación. O ano pasado celebráronse as ligas de fútbol sala, na que participaron 20 equipos, a de tenis e a de dardos. Ademais como broche final das ligas da pasada tempada e dando conta da súa importancia, á clausura das mesmas acudiu o que foi xogador do Lobelle, Alemao, que fixo entrega dos galardóns aos gañadores de cada disciplina.

*