Un informe da Intervención recomenda disminuir gasto corrente, incrementar ingresos e refinanciar a débeda existente
O portavoz nacionalista insiste na necesidade dunha auditoría externa
O BNG fixo público hoxe o contido dun informe da Intervención Municipal do Concello de Ordes que advirte do “total incumprimento” do Plan de Saneamento aprobado polo pleno en xullo de 2009. Este informe forma parte da documentación relativa á liquidación da conta xeral do exercicio de 2010, que se debatirá no pleno ordinario do mes de setembro.
Gonzalo Castro, manifestou que “este informe da intervención municipal ven a evidenciar a existencia dunha xestión caótica e irresponsábel por parte do alcalde e o seu goberno, o que confirma a necesidade de realizar a completa auditoría externa das contas do Concello, proposta polo pleno o pasado mes de xullo, a iniciativa do BNG”.
O portavoz do BNG salientou que, ademais deste ao seu xuízo incumprimento, “o informe da Intervención tamén advirte do incremento da débeda do Concello durante o ano 2010 en máis de dous millóns de euros, o que supón una débeda acumulada por habitante de 622 euros, situando a Ordes como un dos concellos galegos máis endebedados.”
Castro enfatizou que “o informe de intervención indica que os ingresos correntes liquidados non son quen de financiar os gastos correntes, atopándose a situación do Concello, nun gravísimo desequlibrio financeiro, co agravante de que vai medrando ano tras ano”. Desde a Intervención municipal ademais de aconsellar “a diminución urxente e drástica do gastos correntes, o incremento de ingresos e o refinanciamento da débeda (que precisaría da autorización da Xunta, dado o aforro neto negativo)”, recomendase “non solicitar ou, de ser o caso, rexeitar calquera subvención na que o Concello teña que aportar unha porcentaxe”
Para o voceiro nacionalista “este informe da intervención confirma a existencia dunha situación crítica no Concello de Ordes, debido ao estrago de recursos públicos, cunha débeda que xa rolda os 11 millóns de euros, e que sigue a impedir atender o pago dos servizos e traballos dos provedores do Concello, ocasionando un grave quebranto económico aos autónomos e ás empresas de Ordes”.
*