miércoles, 3 de agosto de 2011

Risas e máis risas co clown e a maxia do Verán Cultural

Momento da actuación do mago Cayetano Lledó o pasado luns na Alameda.

Gran éxito de público nas primeiras actuacións celebradas na Alameda

Hoxe mércores toca folk con Matamá Ensemble 

Centos de veciños así como visitantes do municipio participaron xa nas primeiras das actuacións celebradas na Alameda con motivo da programación do Verán Cultural que promove o Concello de Ordes.

O primeiro dos espectáculos trouxo ata Ordes o mundo do clown co espectáculo “Trasno” o pasado domingo, e o luns tocoulle o turno á maxia de mans do mago Cayetano Lledó. Onte martes, a partir das 20:00 horas celebrouse un espectáculo de teatro infantil con “Ringo Rango”.

Espectáculo de clown o pasado domingo na Alameda de Ordes.
Hoxe toca folk 
De cara aos próximos días, hoxe mércores terá lugar a Noite de Folk con “Matamá Ensemble” a partir das 21:30 horas; e mañá xoves día 4 de agosto celebrarase un espectáculo de títeres con As Aventuras de Polichinela a partir das 20 horas.

Aínda que todos estes espectáculos está previsto que se celebren na Alameda, en caso de choiva trasladaranse á Casa da Cultura de Ordes.

*