Roberto González: "Trátase de obras moi necesarias e demandadas polos veciños"
O Concello de Ordes levou a cabo unha serie de obras de mellora no núcleo urbano do municipio. Nesta ocasión tratouse da dotación de servizos a unha das rúas do centro, concretamente o saneamento e abastecemento de auga na rúa República Arxentina. Uns traballos que están xa rematados e que se realizaron a través de dous proxectos que ascenderon, en total, a un pouco máis de 50.000 euros.
Servizos moi necesarios
Tal e como explicou o edil de Obras e Urbanismo, Roberto González, trátase dunhas actuacións moi importantes para a zona, mellorando así uns servizos moi necesarios e demandados polos veciños.
De cara ao próximo ano, tal e como explicou o edil ordense, queda pendente unha terceira fase dos traballos, tamén relativos á mellora do saneamento e abastecemento, que terá un orzamento aproximado de 40.000 euros.