lunes, 22 de agosto de 2011

Existoso fin do Verán cultural en Ordes


A casa da cultura ordense acolleu representacións teatrais cun gran numero de espectadores.

Milleiros de persoas participaron da maxia, clown, títeres, música e teatro

O edil Vázquez Raña, moi satisfeito coa boa acollida da programación

Un ano máis o Concello de Ordes deu por finalizada a programación enmarcada dentro do “Verán Cultural 2011”. Unha programación que achegou ata o municipio os mellores e máis variados espectáculos culturais, entre os que se encontraron actuacións musicais, espectáculos de maxia, clown e teatro tanto profesional como afeccionado.

Así, o pasado venres poñía o broche final a esta ampla programación o grupo de teatro afeccionado do municipio coa representación da obra “Só pasa unha vez na vida” na Casa da Cultura. Acto que contou cun gran éxito de público, co aforo do auditorio cheo.

Ao igual que esta iniciativa, todos os espectáculos programados polo Concello dentro desta actividade, contaron cun gran éxito de participación, sendo milleiros os veciños así como visitantes do municipio os que disfrutaron coas diferentes citas culturais coas que contou este mes de agosto. Entre elas cabe destacar o certame de Corais, o certame de Bandas, o Día da Muiñeira ou o Día do Neno que encheu de rapaces e rapazas o campo da feira ordense o pasado día 9 que disfrutaron dunha gran festa con inchables e espuma, entro moitas outras iniciativas.

Satisfeito
O concelleiro de Cultura de Ordes, José Ramón Vázquez Raña, mostrou a súa satisfacción pola boa acollida destas actividades enmarcadas dentro do Verán Cultural, que un ano máis achegaron aos veciños de Ordes diferentes disciplinas do mundo da cultura, como a maxia, a música e o teatro. 

*