domingo, 7 de agosto de 2011

Martínez Sanjurjo: "A Xunta de Galicia e o PP si cumplen con Ordes"

O popular lembra que foi o goberno municipal quen permitiu a paralización das obras da ronda leste 

O portavoz municipal do Partido Popular de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, asegurou hoxe que a elevada morosidade que caracteriza ao Concello de Ordes lle resta credibilidade para falar de pagos pendentes e reta ao alcalde a facer públicas todas as facturas que se amorean na Casa Consistorial pendentes de ser pagadas.

“Se a aposta pola transparencia fose real, non debería existir problema algún en facer públicas esas facturas para que tanto os veciños como os acreedores podan efectuar un contraste de pareceres”, sinala o portavoz municipal popular.

Un alcalde sen argumentos que utiliza a descualificación persoal
“Que Manuel Regos se vexa obrigado a utilizar á descalificación persoal para defenderse das afirmacións vertidas polo Partido Popular, cando sinalamos que a rolda leste está paralizada por mor das débedas que o Concello mantén coa empresa construtora revela que o alcalde carece de argumentos sólidos cos que sustentar o seu posicionamento”, asevera Martínez Sanjurjo.

Ademais, para os populares ordenses resulta unha honra que un candidato “inexperto” quedase a tan só 141 votos da candidatura liderada por quen leva 24 anos na corporación municipal e na pasada campaña se serviu de toda clase de recursos públicos de titularidade municipal, e mesmo de coaccións, para facer campaña.

O propìo Concello autorizou a paralización das obras e agora culpa á Xunta
O PP ordense insiste en recordar, ademais, que antes das pasadas eleccións municipais o Concello de Ordes, autorizou expresamente á empresa construtura a paralización das obras da rolda leste, unha paralización da que curiosamente trata de cupabilizar agora á Xunta, nun exercicio de amnesia interesada. 

Para o líder do PP ordense, “neste asunto, o alcalde ten a mesma credibilidade que cando, na pasada precampaña, asegurou que o PXOM de Ordes quedaría desbloqueado nos próximos tres meses; o trimeste rematou o o urbanismo segue tan paralizado coma sempre”.

Con todo, José Luis Martínez reitera que  Xunta de Galicia está ao día na tramitación e pagamento das anualidades pactadas co Concello de Ordes para a execución da rolda leste da vila, como demostra o feito de que ao rematar 2010 aboase puntualmente a cifra pactada de un millón de euros, mentres que ao concluír 2011 deberá transferir, previa certificación do Concello, o importe restante de 1.164.733,82 euros, tal e como foi acordado no convenio asinado no seu momento para a execución desta infraestructura. Un convenio, lembra o PP, no que o Concello asumiu a obriga de redactar o proxecto, contratar e executar as obras.

Os datos demostran, en opinión de Martínez Sanjurjo, que a Xunta e o Partido Popular cumpren con Ordes, mentres que desde o Concello só poden ofrecer demoras e facturas sen pagar.


Un millón de euros
Paralelamente, sorprende o descoñecemento do que fai gala, a xuízo do PP, o alcalde de Ordes nas súas declaracións xa que os 18.000 euros pendentes de pago dos que fala son realmente 17,241,38 euros, cifra que sobrepasaba a cantidade de un millón de euros pactada no convenio para 2010. A Xunta pagou un millón de euros, a cantidade pactada para 2010, e transfeririá o restante 1.164.733,82 euros, unha vez estea certiticada a obra.

E sorprende, ademais, que o rexedor faga referencia a unha certificacion de outubro de 2010 por valor de 160.000 euros cando, segundo acredita o cartel informativo colocado no inicio do tramo en cuestión, a data de inicio dos traballos quedou fixada precisamente para outubro de 2010

*