Finalmente ambos actos tiveron lugar na Casa da Cultura por mor do mal tempo
O auditorio da Casa da Cultura de Ordes encheuse de público para participar nos dous actos programados para esta fin de semana, o Certame de Bandas e o Día da Muiñeira.
O sábado foron as bandas as protagonistas nun acto no que participaron a banda de música Sementeira de Cambre, e os anfitrións, a Banda de Música de Ordes. Foron centos de persoas as que acudiron a este concerto, entre eles os concelleiros Ramón Vázquez Raña e Roberto Iglesias que entregaron uns agasallos aos directores de ambas formacións.
Por outra banda, a xornada do domingo estivo adicada ao folclore coa celebración do Día da Muiñeira, que tamén debido ao mal tempo celebrouse na Casa da Cultura. Un edificio abarrotado de xente que non se quixo perder a actuación das catro agrupacións participantes, o grupo de danzas Asociación Cultural Veciños de Leira; a agrupación folclórica Camiño Real de Poulo; a asociación cultural Os Xeitosos de Trazo e a agrupación folclórica cultural Sementes do Arte de Ordes. A este acto acudiron tamén os edís ordenses Ramón Vázquez Raña e Lucía Iglesias que fixeron entrega a cada un dos grupos dun recordo deste día.