lunes, 1 de agosto de 2011

Cans de caza no Mesón do Vento


Participaron preto de duascentas xaurías chegadas de toda España

O recinto feiral de Mesón do Vento acolleu onte domingo a XIX edición da Feira de Cans de Caza de Ardemil organizada polo Concello de Ordes coa colaboración da Asociación Feira de Cans Amigos de Ardemil. Preto de duascentas xaurías de diferentes razas e chegadas de toda España, sobre todo da zona norte, déronse cita neste evento que xa se ten convertido nunha das feiras máis consolidadas do municipio.

A mañá contou, ademais de coa exposición das diferentes xaurías e estands con productos relacionados coa caza, cunha exhibición de cans de mostra da campiona de España de San Huberto, Ana Isabel Arbiol, así como unha degustación gratuíta de caza nos establecementos hosteleiros da zona.

Tamén se fixo entrega dos premios dos campeonatos celebrados o sábado, así como se premiou aos mellores exemplares de cada unha das razas participantes.


*