Promovida polo Concello, trata da facilitar a conciliación da vida familiar e laboral dos ordenses
Máis de medio cento de nenos de Ordes deron comenzo esta semana a unha nova quenda da Escola de Verán, promovida polo Concello de Ordes para os meses de xullo e agosto. Unha iniciativa que consiste en actividades nas que as familias deixan aos seus pequenos durante as mañás das vacacións escolares co fin de facilitar a conciliación da vida laboral e familiar. Estas actividades buscan que os pequenos vexan, descubran e participen do entorno no que viven durante as vacacións mentres a súa familia traballa ou descansa.
Xa no mes de xullo, estas actividades contaron cun gran éxito ao participar nas mesmas máis dun cento de rapaces e rapazas ordenses, que ademais de divertirse con xogos, manualidades ou obradoiros, conviviron e fixeron amizade con outros rapaces do municipio, á vez de facilitar que as súas familias poidan conciliar o seu traballo co coidado dos pequenos.
As actividades durante este mes de agosto teñen lugar no pavillón Campomaior en horario de 09:00 a 14:00 horas.