Corte e desvíos provisionais de tráfico
Co gallo das festas patronais realizarase un corte de tráfico da N-550 ao seu paso por Ordes dende as 09:00 horas do domingo 14 ata as 08:00 horas do xoves 18 de agosto.
Debido a este corte de tráfico habilitaranse unha serie de desvíos:
- Desvío dirección Santiago: desviaranse os vehículos pola rúa Rosalía de Castro, rúa dos Lagartos e rúa Nova e a variante AC-524.
- Desvío dirección A Coruña: realizarase pola nova variante AC-524, a rúa Paraíso, rúa dos Lagartos e rúa de Galicia.
Ademais estará prohibido estacionar nos días de corte no aparcamento anexo á Alameda e enfrente na avenida Alfonso Senra dende o nº 109 ao 126.
Tamén se establecerán unhas paradas provisionais para os autobuses (Castromil). En dirección Santiago a parada realizarase na avenida de Alfonso Senra nº 120, e en dirección A Coruña na avenida de Alfonso Senra nº 137.
Durante estes días non se cobrará a O.R.A.