sábado, 6 de agosto de 2011

Regos lamenta a falta de experiencia de Sanjurjo nas súas acusacións fronte as obras da ronda leste

Regos: “O Concello de Ordes non ten ningunha débeda coa construtora por outros traballos e é a Xunta quen ten que pagar”


O alcalde Manuel Regos lamentou esta mañá que o portavoz do Partido Popular de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, utilice a xuízo de aquel, “a mentira para quitar méritos ao traballo do goberno local, neste caso en relación ás obras da rolda leste”.

En canto ás acusacións verquidas polo popular ordense nun medio de comunicación, o alcalde quixo facer unha serie de aclaracións. Así, foi contundente ao afirmar que o Concello de Ordes non ten ningunha débeda coa empresa construtora pola realización doutros traballos, tal e como afirmaba o portavoz popular.

Pendientes 18.000 euros
Ademais, en canto á certificación dos traballos, o alcalde explicou que o Concello certificou máis de 680.000 euros ao goberno autonómico, mentres que este só pagou arredor de 160.000 dunha certificación do pasado mes de outubro. Cantidade que o goberno autonómico abonou hai quince días aproximadamente, e que o Concello pagou á empresa ao día seguinte de recibilos, quedando todavía pendientes desa mesma certificación 18.000 euros. Dende o goberno local, aseguraron que se están a facer as xestións pertinentes coa Xunta de Galicia en relación ás certificacións pendientes.

Regos lamentou que a falta de experiencia política de Martínez Sanjurjo o leve a facer este tipo de acusacións erróneas, que o único que buscan é enganar aos veciños e veciñas sobre o traballo que está a facer o goberno local polo ben do municipio.

Acusacións
O alcalde lamenta que o portavoz popular, en lugar de consultar os expedientes relativos a este tema que ten á súa disposición no Concello, faga este tipo de acusacións nos medios de comunicación, mentindo e perxudicando únicamente desta maneira ao Concello e á Xunta, estando ademais esta última gobernada polo seu propio partido.

*