viernes, 20 de agosto de 2010

Recouso pregúntase onde está o campo de regatas de Ordes

Critican a enganosa información respecto de Ordes que se ofrece á Unión Europea

Denuncian tamén "abusos" no cobro pola instalación de terrazas durante as festas

Os nacionalistas de Ordes amosáronse hoxe "sorprendidos” pola información respecto ao Concello de Ordes publicada na web do programa European Twinning do Consello de Municipios e Rexións de Europa (CEMR) que xa fora adiantada por Ordessiete o pasado 15 de agosto. Respecto dela, o concelleiro nacionalista Ramiro Recouso pregúntase onde están esas “galerías de arte” e eses “museos”. Pero sobre todo Recouso, pregúntase onde está ubicado o “porto deportivo” e o “campo de regatas”, que permiten aos veciños e visitantes de Ordes, practicar o deporte da “vela”.

O nacionalista rematou as súas manifestacións pedíndolle ao alcalde “que se centre, que baixe da nube na que vive, e que atenda as verdadeiras necesidades do Concello, empezando por reducir drasticamente a débeda de mais de cinco millóns de euros”.

A través deste enlace tes acceso á información do Concello de Ordes publicada no programa da UE, European Twinning.

Cobro "abusivo" polas terrazas durante as festas
Por outra banda, o portavoz municipal dos nacionalistas de Ordes, Gonzalo Castro, denunciou tamén esta mañá a acción do Goberno municipal  de "pretender cobrar abusivamente aos hostaleiros polas terrazas instaladas durante os catro días das festas patronais de Ordes". Así, Castro indicou que a "ordenanza municipal que regula a taxa pola instalación de terrazas estabelece unha cantidade de 25,64 euros por cada mesa por toda unha tempada, que vai do 15 de xuño ao 15 de setembro, e por cada mesa instalada a maiores durante celebracións especiais, como as festas patronais, a cantidade a cobrar sería de 1,12 euros por cada día".

Castro salientou que "o alcalde pretendeu cobrar aos hostaleiros de Ordes polas mesas instaladas só durante os catro días das festas a cantidade correspondente a toda a temporada, enviando unha carta de xeito sorpresivo o primeiro día das festas onde se lles requiría o pago de cantidades moi elevadas, que nalgún caso chegaban a roldar os 900 euros, ao facturar a totalidade da tarifa de tempada pola instalación dunha terraza só durante os catro días das festas".

Foto: O concelleiro nacionalista Ramiro Recouso.

*

Xa podes inscribirte nas ligas deportivas da comarca de Ordes

Organizadas pola Asociación Deportiva de Ordes, este ano está previsto que haxa ligas de fútbol sala femenino e masculino, bádminton, balonmano, tenis, tenis de mesa, xadrez, baloncesto, tute, voleibol, diana, póker, chave e futbolín


A Asociación Deportiva de Ordes, contando coa colaboración do Concello, ten todo preparado para a celebración esta próxima tempada das Ligas Deportivas da Comarca de Ordes.


Unhas ligas, que nesta ocasión e como novidade, incluirán diferentes modalidades. Así, está previsto que se celebren ligas de fútbol sala femenino e masculino, bádminton, balonmano, tenis, tenis de mesa, xadrez, baloncesto, tute, voleibol, diana, póker sen apuestas, chave e futbolín. A inscrición mínima para que se celebre a liga en cada modalidade será de sete equipos por deporte.

Todos aqueles que estean interesados en participar deberán facer as súas inscricións ata o próximo 15 de setembro no teléfono 606910334, onde poderán recibir máis información, así como a través da dirección de correo electrónico asociaciondeportivaordes@gmail.com ou na web www.asociaciondeportivaordes.es.tl

jueves, 19 de agosto de 2010

Novo curso de iniciación á vixiancia e prevención de lumes

Estivo dirixido aos voluntarios ordenses que participan no programa municipal de Voluntariado Verde 2010

O programa de Voluntariado Verde que o Concello de Ordes promove dende a súa concellería de Medio Ambiente, conta cun bloque de actividades de vixiancia e prevención de lume que pretende ser unha iniciativa de apoio, sensibilización e información sobre a a necesidade de protexer o noso medio.

Así, hoxe xoves día 19 de agosto tivo lugar no Centro Comarcal de Ordes un curso de iniciación á vixiancia e prevención de lumes para os voluntarios ordenses. O encargado de impartir o curso foi un técnico forestal participante no programa de Voluntariado en Defensa do Monte Galego que promove a Xunta de Galicia.

Con este curso preténdense cumprir os obxectivos de mellorar, sistematizar e cualificar a formación do voluntariado; así como os de crear unha estructura de información, formación e sensibilización do voluntariado.

Asimesmo, logo de proporcionar ós voluntarios a formación e información necesaria, traballarase en labores de vixiancia e prevención de incendios diversificando as zonas de vixiancia, repetindo o menos posible as rutas, abarcando o maior territorio posible, buscando espazos que se adapten ós obxectivos do programa de Voluntariado Verde, buscar gran visibilidade os días de risco de incendios, coñecer o medio natural, a súa xeografía, a xente, flora, fauna, historia e potenciais. Tentarase compaxinar estas accións coas xa iniciadas dentro do bloque de actividades de sendeirismo preparando roteiros a pé.

Andaina polo roteiro do Mercurín o próximo sábado
Por outra banda o Concello de Ordes, tamén a través do programa Voluntariado Verde, está a traballar en actividades de sendeirismo e roteiros pola comarca de Ordes, promovendo nesta ocasión unha nova andaina polo roteiro do río Mercurín o próximo sábado 21 de agosto.

A saída realizarase pola mañá, ás 09:00 horas e está previsto que a andaina, dunha lonxitude de 15 kilómetros, dure aproximadamente catro horas. Todas aquelas persoas que queiran participar teñen ata mañá venres para anotarse no Departamento de Medio Ambiente do Concello de Ordes.

A frase de Xesús Pedreira, concelleiro de Medio Ambiente, Medio Rural e Sanidade de Ordes
"Temos un desafío moi importante na conservación do patrimonio natural en Galicia posto que, só dende o 4 de agosto deste ano os incendios levan queimadas na nosa comunidade unhas 77.000 hectáreas. Preocuparse polo ambiente é preocuparse polo futuro e a calidade de vida de cada un"
Foto: Alumnos participantes no curso de íniciación á vixiancia e prevención de lumes do Concello de Ordes.

*

martes, 17 de agosto de 2010

Ordes celebrou o Día do Emigrante


Os homenaxeados en representación do colectivo emigrante, foron Jesusa Cao e José Villasenín dous ordenses residentes en Arxentina

Ordes celebrou un ano máis, enmarcado dentro da súa programación das festas patronais, o Día do Emigrante. Unha celebración de gran tradición no municipio e que nesta ocasión tivo como homenaxeados a dous ordenses residentes na Arxentina, José Villasenín e Jesusa Cao.


Os actos deron comenzo cunha misa solemne na igrexa parroquial de Santa María de Ordes que estivo seguida da tradicional ofrenda floral no Monumento ao Emigrante situado detrás da Casa do Concello, lugar onde tamén tivo lugar a actuación do grupo de baile do Centro Galego da Comarca de Ordes en Buenos Aires cuxos membros foron partícipes tamén dos actos con motivo desta celebración.

Toda unha vida sen voltar a Ordes
O alcalde Manuel Regos deu a benvida a todos estes veciños e veciñas ordenses chegados da Arxentina, así como aos seus familiares e mostrou a súa satisfacción por poder contar no municipio con estes veciños tan especiais. Ademais tamén se mostrou orgulloso de poder ter cumprido o soño de Jesusa Cao, unha das homenaxeadas que levaba máis de 60 anos sen volver a Ordes.

O Día do Emigrante como cada ano serviu, tal e como explicaron dende o Concello, para homenaxear a un colectivo tan importante para o municipio, facéndose agora extensivo este homenaxe, non só para os emigrantes senón tamén para os inmigrantes que se teñen convertido xaen veciños e veciñas de Ordes.

*

lunes, 16 de agosto de 2010

Santa María de Ordes saiu ás rúas e prazas da vila

O Día do Emigrante homenaxeará a Jesusa Cao e José Villasenín, ordenses residentes na Arxentina

Ordes celebra hoxe, día festivo no municipio, unha nova edición do Día do Emigrante. Unha celebración que leva 26 anos celebrándose no municipio e que quere homenaxear a todos aqueles veciños que nalgún momento da súa vida tiveron que emigrar. Un motivo que agora se ve ampliado e que intenta englobar nesta homenaxe a todo o colectivo migrante, tanto os emigrantes ordenses como os inmigrantes que teñen agora como residencia o municipio.

Nesta ocasión haberá dous homenaxeados en representación de todo o colectivo, que serán Jesusa Cao e José Villasenín, dous ordenses que residen na Arxentina.

Por outra banda esta mañá celebrábase a misa solemne na honra de Santa María, patrona da localidade. Unha misa que foi seguida da tradicional procesión na que se sacou a Imaxe da Virxe.

Ademais a xornada desta mañá tamén incluiu un desfile dalgúns dos traxes pertencentes á colección que alberga o Museo do Traxe Juanjo Liñares, a actuación da Banda de Música de Arca na Alameda e sesión vermú a cargo da orquestra de Arca.


Breves apuntes al ceremonial religioso de esta mañana
Por R. A. Landeira

Pese a que debemos mostrarnos de acuerdo en que la procesión de Santa María de Ordes no tiene la trascendencia social del Corpus Christi de Toledo ni mucho menos la de la Semana Santa sevillana, no por ello hemos de restarle la dignidad ceremonial que se merece. Me quedo con la definición que del protocolo hizo Sabino Fernández Campo, quien fuera jefe de la Casa de S.M. El Rey (1990-1993). El protocolo, decía Fernández Campo, es la educación reglamentada, la cortesía sometida a un orden impuesto por las normas o por la tradición.


Algunos errores de protocolo
Esta mañana tuvo lugar la procesión de Santa María de Ordes por las avenidas de la villa. Sí hubo protocolo, pero con unos cuantos errores que pasaremos a detallar. Como se aprecia en la fotografía, la procesión iba precedida por algunos miembros de la corporación municipal. En la posición central, el edil Ramón Vázquez Raña ejerce erróneamente de estandarte del pendón ceremonial eclesiástico junto a los también ediles Silvia Marín y José Luis Gómez Candal tirando cada uno de un hilo del pendón. Lo correcto hubiera sido colocar a la Corporación Municipal de Ordes (evidentemente a los miembros que acepten la invitación, que habrá de provenir del Cura Párroco de Santa María de Ordes) al comienzo de la segunda parte de la comitiva, justo después de la cruz parroquial.


En todo caso, no es admisible que las autoridades civiles invitadas porten pendones religiosos. El protocolo en estos casos establece que la Corporación Municipal irá presidida por el Alcalde, que portará su Vara de mando detrás del miembro de la Corporación municipal de menor edad, en nuestro caso, José Manuel Tobío o Silvia Marín, quien deberá portar la bandera más antigua que se conserve del Concello de Ordes. Detrás del alcalde, el resto de miembros de la Corporación. A las autoridades civiles se le reservan siempre facultades civiles.


Respecto al vestuario, nuestros ediles sí han sabido estar a la altura portando traje completo oscuro con corbata lisa y camisa clara. Respecto a la edila Silvia Marín, sí acierta con el largo que recomienda la Iglesia Católica en sus ceremonias, pero no así al elegir el color blanco, color este junto con el negro, muy conflictivo para el ceremonial religioso. La Iglesia recomienda en mujeres los tonos oscuros –sin concretar los colores- y evitar el blanco y el negro, reservados a ceremonias y celebrantes muy concretos.


La norma consuetudinaria del Protocolo es que, de desconocerlo, se ha de actuar con naturalidad y la naturalidad exige una fuerte dosis de discreción. Así, no debemos olvidar que en actos en los que el Concello de Ordes no es el organizador anfitrión, la regla de oro es actuar en un segundo plano con discreción. En el caso de esta mañana, el anfitrión es la Autoridad religiosa oficiante quien previamente ha escrito una carta a su Obispo poniéndole al tanto de la celebración de las fiestas patronales e invitándolo, en ese mismo acto, a presidir el ceremonial religioso. Lo normal es que el Obispo decline la oferta y ceda en el párroco la presidencia de los actos.

En conclusión, el orden procesional del cortejo de esta mañana debería haber sido como sigue:


1º Piquete de la Guardia Civil destinada en el Concello de Ordes. Lo ideal sería a caballo y en traje de gala, si bien lo primero no es siempre posible.

2º Timbaleros del Concello de Ordes, en caso de que existan.


3º Cruz o pendón procesional. Lo portará un estandarte que en ningún caso deberá ser una Autoridad civil invitada.


4º Niños de Primera Comunión.


5º Santa Imagen de la Virgen María.


6º Clero oficiante. La mayor autoridad eclesiástica presente, presidirá la Procesión.


7º Estandartes de Cofradías, en caso de que existan.


8º Cruz parroquial.

…………………………..


9º Autoridades civiles invitadas y Excelentísimo Concello de Ordes invitado y presidido por el Alcalde con su vara de mando. El miembro de la Corporación municipal de menor edad deberá portar la bandera más antigua que se conserve del Concello de Ordes.

10º Sargento de la Policía Local, Alférez de la Guardia Civil y Juez de Paz.

11º Invitados de la Parroquia de Santa María de Ordes y del Concello de Ordes

12º Mantillas, Reinas y Damas de las Fiestas, en su caso.


13º Banda de Música, si bien también se acepta que esta vaya antes de las autoridades civiles, cerrando la primera parte de la comitiva.

Fotos: Imaxes da procesión de Santa María de Ordes desta mañá.
 
*

domingo, 15 de agosto de 2010

Ordes busca un ‘hermano’ en Europa

Regos ‘vende’ Ordes al Consejo de Municipios y Regiones de la UE como un municipio conocido por sus “museos y galerías de arte”, por sus “acontecimientos deportivos” y actividades deportivas como la “vela”

El pasado 24 de febrero, Ordes recibió la visita de un grupo de profesores y estudiantes polacos y lituanos participantes en el proyecto Comenius de intercambio de alumnos de la Unión Europea. Entre los ordenses, los afortunados fueron un grupo de estudiantes del IES Maruxa Mallo, quienes además de introducir a sus compañeros centroeuropeos en nuestras costumbres y tradiciones, posteriormente en junio de 2010 devolverían esa visita a sus localidades de origen de Pszczyna (Polonia) y Druskininkai (Lituania).

Ordes está integrado en el Programa de la UE, European Twinning
En aquel primer encuentro, el alcalde Manuel Regos mostró su entusiasmo por promover el hermanamiento de nuestra vila de Ordes con ambas ciudades. Para ello, y según declaró el primer edil, se le hizo llegar una carta a los alcaldes de dichos territorios con esa intención. Además, y esto no llegó a hacerse público, el Concello de Ordes promovió su nombre junto con el de otras poblaciones españolas en el Programa European Twinning creado por el Consejo de Municipios y Regiones de Europa (CEMR), dependiente de la Dirección General de Educación y Cultura de la Comisión Europea e integrado por las distintas federaciones de municipios europeos, en el caso español, la Federación Española de Municipios y Provincias -FEMP-.

Este programa pretende servir de enlace entre los diferentes municipios europeos para que entre ellos promuevan su hermanamiento. En el caso ordense, nuestros dirigentes se han decidido por Italia, Polonia y Lituania a la hora de encontrar a su 'hermana' gemela.

Ordes y Cerceda
Pero lo sorprendente es la forma (a través de este enlace) en que nuestro Concello pretende seducir a sus homónimos europeos. Desde Ordes aseguran que nuestro concello es conocido en primer lugar por sus “museos y galerías de arte”, sus “infraestructuras y acontecimientos deportivos” y actividades al aire libre como la “vela”. En cuarto lugar destacan la "vida nocturna" para concluir con “iniciativas medioambientales” y la “calidad medioambiental”.

También el vecino municipio de Cerceda propuso su candidatura en el programa de Hermanamiento de la UE destacando entre sus virtudes el "deporte y ocio", los "parques de atracciones" y la "historia y patrimonio", entre otras.

Puedes escuchar al alcalde Manuel Regos proponiendo el hermanamiento con el municipio lituano de Druskininkai el pasado 24 de febrero:



*

sábado, 14 de agosto de 2010

Mucha e Nucha dan comezo ás festas patronais


Enmarcado dento do programa municipal de Verán cultural

A Alameda encheuse onte para ver a actuación de Mucha e Nucha, as Cantareiras de Ardebullo coas que o Concello da por inauguradas as festas patronais 2010.

*

Regos reconoce a 'La Voz de Galicia' la mala situación financiera del Concello de Ordes

El alcalde habla de "problemas económicos" y considera que "a débeda non é mala se se emprega ben"

La situación no es "desesperada", reconoce, porque la deuda municipal está al 55%, lejos del tope del 110%

Pese a considerar que el panorama financiero del Concello de Ordes "non é desesperado nin moito menos", el alcalde Manuel Regos sí dio a entender en la entrevista que hoy le concede el diario coruñés La Voz de Galicia, la "importante crisis" que vive la administración local ordense. Así, Regos vincula la caída de ingresos en el municipio en base a la "sensible reducción" de las aportaciones del Estado, y "a baixada das licencias pola construción".

El primer edil apuntó que la situación no es "desesperada" porque Ordes contempla una deuda viva del 55%, "moi lonxe do máximo do 110%". Por último, cierra la entrevista asegurando que "a débeda non é mala se se emprega ben".

* 

Denuncian un vertedoiro incontrolado na rúa Mediodía

A organización xuvenil Galiza Nova alerta ademais da existencia de moitos outros lugares insalubres en Ordes

Os feitos teñen lugar na polémica finca do Zoadoiro propiedade de Julio Fernández, de Fradesa

A organización xuvenil Galiza Nova de Ordes denunciou esta mañá a existencia dun vertedoiro incontrolado situado na rúa do Mediodía, que segundo a formación, "está a causar innumerables molestias aos veciños e a contaminación do medio ambiente". Ademais, segundo estas declaracións non se trata dun caso aillado senón que "no concello de Ordes abundan este tipo de vertedoiros nos que se acumula todo tipo de residuos, dende escombro, bolsas de plástico, ferros, ata electrodomésticos; que contaminan o medio ambiente e prexudican a saúde de todos os veciños e veciñas".

Polémica respecto dos supostos "intereses" coa parcela de Fradesa
Podes ver o vídeo da ubicación do vertedoiro ilegal no lugar do Zoadoiro, concretamente na parcela propiedade do promotor Julio Fernández a través da súa sociedade, Fradesa. En octubre de 2008 este solar foi motivo dunha gran polémica ao denunciar públicamente o BNG de Ordes que existían "intereses persoais" por parte de determinados políticos da corporación municipal respecto da urbanización desta finca.



Para a organización xuvenil do BNG é "inconcibible" que un concello como o de Ordes, distinguido con varios premios en xestión de residuos, "permita a existencia de vertedoiros en varios puntos da vila, incluíndo o centro urbán" e responsabilizan directamente da súa existencia á tolerancia do alcalde Manuel Regos e do concelleiro de Medio Ambiente de Ordes, Xesús Pedreira.

Foto: Imaxe do vertedoiro descontrolado da rúa Mediodía (Galiza Nova).

*

Os membros do Voluntariado Verde traballan nun novo roteiro


Estiveron encargados da marcaxe e acondicionamento da percorrido polas parroquias de Buscás e Poulo

O programa Voluntariado Verde do Concello de Ordes está a traballar no acondicionamento e marcaxe dun novo roteiro que pasa polas parroquias de Buscás e Poulo. A actividade realizouse en dúas etapas, os días 5 e 12 de agosto.

Durante a actividade, os voluntarios inspeccionaron en primeiro lugar a ruta para posteriormente colocar e marcar o roteiro coas sinais indicativas dos roteiros de percorrido corto.

Charla sobre a prevención de lumes
Por outra banda e enmarcado tamén dentro das iniciativas do Voluntariado Verde o próximo xoves 19 de agosto celebrarase unha charla de Vixilancia e Prevención de Lumes. Será de 11:00 h. a 13:00 horas no Centro Comarcal.

Podes ver o vídeo da limpeza do río Cabrón en setembro de 2009 por un grupo de voluntarios, estudantes, membros da Asociación Tarandeira, de Adega e traballadoras do Grumir de Ordes:



 A frase de Xesús Pedreira, concelleiro de Medio Ambiente de Ordes
"É de destacar a gran labor que están a desempeñar os nosos voluntarios quen de forma desinteresada contribúen a fomentar as novas rutas e a coidar as xa existentes ao tempo que disfrutan do noso patrimonio natural"

*

viernes, 13 de agosto de 2010

Un novo curso para discapacitados terá lugar en setembro

O prazo de inscrición xa está aberto, debéndose entregar a solicitude na Oficina Integral da Discapacidade do Concello

O Concello de Ordes porá en marcha un novo curso de habilidades sociais para persoas con discapacidade a partir do próximo día 1 de outubro ata o 31 de marzo de 2011. Trátase dun curso dirixido a persoas que teñan unha discapacidade legal, recoñecida pola Xunta de Galicia nun grao non inferior a un 33%, que se celebrará todos os días laborables da semana catro horas cada día en horario de mañá. O curso é totalmente gratuíto e terá lugar na Aula de Mesón do Vento, ao igual que o que xa se celebrou durante o curso pasado.

Inscricións na Casa do Concello
Todos aqueles que estean interesados en participar deberán formalizar a súa inscrición asinando unha solicitude e aportando unha fotocopia do DNI do interesado e/ou do seu representante, e unha fotocopia da Calificación Legal da discapacidade.

Haberá prazas limitadas polo que se terán en conta as solicitudes que se formalicen por rigoroso orden de entrada no Concello. Para máis información pódese contactar coa Oficina Integral da Discapacidade do Concello de Ordes.

Nas clases desenvólvense diferentes tipos de obradoiros entre os que figuran clases de autonomía e desenvolvemento persoal, clases de cociña, obradoiros de psicomotricidade e relaxación, clases de alfabetización e cultura xeral, que axudan aos alumnos no seu desenvolvemento persoal.

A frase de Silvia Marín, concelleira de Discapacidade de Ordes
"Con esta iniciativa, o goberno local do Concello de Ordes pretende facilitar a integración dos participantes na sociedade, á vez de servir como respiro para as familias destas persoas que sofren algún tipo de discapacidade"
 
Foto: Silvia Marín, concelleira de Discapacidade de Ordes.
 
*

Percorre con nós a primeira fase da ronda leste

Regos da por inaugurado o novo parque infantil


Melloráronse os peches, a seguridade e se substituíron algúns xogos

O goberno local do Concello de Ordes deu hoxe por inauguradas as obras do parque Félix Rodríguez de la Fuente. Unhas obras, que tal e como explicaron dende o grupo de goberno, consistiron na renovación do peche, melloras no entorno, a colocación de novos xogos que substitúen aos anteriores e que están adaptados á normativa europea de seguridade, a adaptación dalgún dos existentes, así como a colocación de caucho no chan.

Foto: De esquerda a dereita, José Luis Gómez Candal, Xesús Pedreira, o alcalde Manuel Regos, Silvia Marín, José Ramón Vázquez Raña e unha técnico supervisora do Concello de Ordes.

*

O Rápido de Ordes, campión do Maratón de Fútbol 7 de Frades


Participaron máis de 60 xogadores dos concellos de Ordes e Frades

O conxunto do Rápido de Ordes e o Combinado de Frades proclamáronse campións da primeira edición do Maratón de Fútbol 7 do Concello de Frades, nas categorías infantil-cadete e xuvenil, respectivamente. Un torneo celebrado no campo municipal de Abellá e que foi todo un éxito de participantes como de público, sobre todo tendo en conta que se trataba da súa primeira edición.

O maratón, no que participaron máis de 60 xogadores dos municipios de Ordes e Frades, disputouse baixo o sistema de liguilla, con dous grupos de tres equipos cada un, sendo o campión o que máis puntos conseguiu. Na categoría xuvenil, o triunfo foi para o Combinado de Frades, que tamén se levou o pichichi grazas aos goles de Gonzalo. O trofeo ao arqueiro menos batido foi para Cristian.

Álex e Joel, máximos goleadores
Na categoría infantil-cadete, gañou o Rápido de Ordes, que tamén se levou o trofeo ao máximo goleador, que recaeu en Álex, galardón que compartiu con Joel, do Frades, xa que anotaron o mesmo número de goles. O trofeo zamora caeu nas mans do porteiro do A. C. Ordes.

A clasificación do maratón quedou como sigue:

- Categoría infantil-cadete: 1- Rápido de Ordes; 2- A. C. Ordes e 3- Frades.

- Categoría xuvenil: 1- Combinado de Frades, 2- Papucín e 3- Atlético Ordes.

Foto: Os equipos gañadores, Combinado de Frades e Rápido de Ordes.
*

jueves, 12 de agosto de 2010

Traspasan el 'Pub Scoita' por 40.000 euros

El pub Scoita del Campo da Feira busca nuevo gerente. Sus titulares han puesto en el mercado su traspaso por un importe de 40.000 euros.

*

Mañá se abren as portas dun novo Parque Félix Rodríguez de la Fuente


Renováronse os xogos para adaptalos á normativa europea de seguridade

Mañá venres terá lugar a apertura do novo parque Félix Rodríguez de la Fuente tralas obras levadas a cabo no mesmo. Estas obras consistiron na renovación do peche, melloras no entorno, así como a colocación de novos xogos que sustitúen aos anteriores, e que están adaptados á normativa europea de seguridade, así como a colocación de caucho no chan.

A frase de Manuel Regos, alcalde de Ordes
"O resultado das obras conleva o máis importante, que é a seguridade dos nenos e nenas do municipio cando disfrutan dos xogos do parque"

As frases de Xesús Pedreira, concelleiro de Medio Ambiente, Medio Rural e Sanidade de Ordes
"Con estas obras o parque queda totalmente renovado, solventando todas as deficiencias que se podían encontrar neste momento nesta área de xogos, contribuindo así a que os nenos e nenas do municipio conten cun espazo seguro e adaptado a todas as necesidades".

"Tamén se mellorou a accesibilidade da zona contando con xogos que están adaptados para poder participar nenos e nenas que conten con algún tipo de discapacidade"

Foto: Aspecto que ofrecía esta tarde o parque Félix Rodríguez de la Fuente.

*

miércoles, 11 de agosto de 2010

A ronda leste xa é unha realidade (Galería de fotos)














No te pierdas la lluvia de las Perseidas de mañana

.
La máxima actividad llegará mañana 12 de agosto a partir de las 23:30 horas

Fieles a cada noche estival, la lluvia de las Perseidas o Lágrimas de San Lorenzo serán visibles desde Ordes este jueves y viernes.

El origen de esta lluvia de estrellas fugaces está en el cometa Swift-Tuttle, ubicado más allá de la órbita de Urano y cuya cola de escombros se extiende a través de todo el camino de regreso a la Tierra. Estas partículas en el "viaje de vuelta" al entrar en contacto con la atmósfera del planeta y desintegrase da lugar a las estrellas.

Recuerda: Podrás observarla desde sitios alejados de iluminación
En los cielos con menor carga de contaminación lumínica, como es el nuestro de Ordes, se podrán observar con nitidez los meteoros. La máxima actividad estará comprendida entre las 23:30 horas del 12 de agosto y las 02:00 horas del 13 de agosto, una noche con luna nueva que condiciona muy favorablemente la visión de las estrellas.

A través del siguiente enlace puedes conocer todos los detalles sobre este fenómeno meteorológico que ha acompañado al ser humano a lo largo de toda su historia.

*

martes, 10 de agosto de 2010

Conta atrás para a 'Obra do século' en Ordes

.
Mañá ás 20:00 horas se inauguran as obras da Primeira fase da Rolda Leste do municipio

Trátase dun novo vial de enlace entre a N-550 e a AC-524 que desviará o tráfico pesado do centro do municipio

Ordes está de noraboa. O goberno local inaugurará mañá mércores 11 de agosto ás 20:00 horas unha das obras máis esperadas, a primeira fase da Rolda Leste do municipio, coa que se pretende desviar o tráfico pesado do centro do municipio.

Trátase dun novo vial de enlace entre a N-550 e a AC-524 que conta con tres carrís de circulación, un carril bici e unha senda peonil, converténdose así nunha gran avenida que desviará o tráfico pesado do centro urbán.

As obras, que tiveron un investimento de 868.396,68 euros, estiveron financiadas pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia a través dun convenio asinado entre dita administración e o Concello de Ordes.

"Decisivas" as 3000 sinaturas, segundo o BNG
Tamén co gallo deste inauguración, o BNG de Ordes fixo pública a súa posición respecto dunhas obras que para a súa existencia consideran "decisiva" a adhesión de máis de 3.000 sinaturas veciñais con este propósito. O concelleiro Ramiro Recouso salientou que “o BNG reclamou o mantemento do proxecto inicial no tocante á conexión da Ronda e a N-550 mediante rotondas, en lugar do carril de espera central polo que se optou finalmente, xa que, tendo en conta a elevada densidade de tráfico, esta opción pode xenerar graves problemas de seguridade vial, ademáis de aillar as zonas do Regueiro e de Vilar”.

Segundo o nacionalista, “lamentábelmente, o alcalde rexeitou todas estas propostas, que respondían a reclamacións veciñais, o que amosa a súa despreocupación á hora de negociar coas demáis administracións unha boa execución e melloras para os proxectos a realizar no noso concello.”

Inaugurará o alcalde, Manuel Regos
O acto de inauguración de mañá estará presidido polo alcalde Manuel Regos que estará acompañado polos compañeiros da corporación municipal, así como por representantes da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia, das empresas encargadas da realización das obras, representantes dos diferentes colectivos do municipio e por veciños e veciñas de Ordes.

Podes ver a continuación o acto de presentación do vial que tivo lugar o 27 de febreiro de 2009:




Foto: Reunión entre o alcalde Manuel Regos co concelleiro de Medio Ambiente, Medio Rural e Sanidade, Xesús Pedreira coa por aquel entonces conselleira de Política Territorial, María Xosé Caride en febreiro de 2009, pechando o convenio de investimento de 2,2 millóns de euros de construción da rolda de circunvalación de Ordes que mañá en parte se inaugura.

*

Todo listo para as festas de Santa María

.
A Policía Local informa de que do 14 ao 18 de agosto cortarase a N-550 habilitándose unha ruta alternativa

A vila de Ordes ten todo preparado para a celebración das festas patronais na honra de Santa María. Así, o Concello ten deseñado un amplo programa festivo no que as verbenas son as grandes protagonistas.

As festas darán comenzo o sábado 14 de agosto e prolongaranse ata o martes 17. O primeiro dos días festivos a charanga “Os Amigos de Visantoña” animarán a xornada coa súa música e pola noite chegará a primeira das grandes verbenas que correrá a cargo de dúas das orquestras máis importantes do panorama musical, “Panamá” e “Sintonía de Vigo”.

O domingo día 15, día da patrona, haberá pasarrúas a cargo da Banda de Música de Arca, e ás 12 horas celebrarase unha Misa Solemne na igrexa de Santa María. Pola noite tampouco faltará a boa música, que nesta ocasión correrá a cargo das orquestras Bámbola e Olympus. Unha noite que terá ademais un atractivo especial cunha sesión de fogos de artificio a partir da media noite.

Misa en homenaxe ao colectivo migrante
Na xornada do luns día 16, día festivo no municipio, a Asociación Cultural “Amigos da Música” de Ordes e o grupo de gaitas “Os Viqueira” porán a nota musical do día. Un día que como é costume estará adicado ao Emigrante. Así ás 12 horas celebrarase unha misa en homenaxe ao colectivo migrante, que irá seguida dunha ofrenda floral no monumento erixido na honra dos migrantes e que está situado tralo Concello. O alcalde Manuel Regos anima e invita a todos os migrantes do municipio a que sexan partícipes destes actos, que como explicou só teñen como obxectivo “facer un recoñecemento a este colectivo tan importante na nosa comunidade”.
Pero os actos do día 16 non rematarán aí, e á noite serán as orquestras Alarma e Panorama as que poñan a nota musical.

Para rematar as festas o martes día 17 outras dúas grandes orquestras serán as protagonistas no escenario durante a verbena nocturna, a Fania Blanco Show e a orquestra París de Noia.

Dende o Concello, o alcalde Manuel Regos, anima a todos os veciños e veciñas a que participen nas festas que espera sirvan de lugar de encontro e confraternidade entre todos os ordenses.

CORTES DE TRÁFICO NA N-550 DURANTE AS FESTAS
Pola súa banda a Policía Local quixo poñer en coñecemento de veciños e visitantes que a N-550 ao seu paso por Ordes sufrirá un corte de tráfico durante as festas patronais. Así dende as 09:00 horas do sábado 14 de agosto ata as 8 horas do mércores 18 de agosto cortarase a N-550 facendo unha serie de desvíos e marcando así unha ruta alternativa.

Desvío dirección Santiago: o tráfico desviarase pola rúa Rosalía de Castro, a rúa Lagartos e a NOVA VARIANTE AC-524

Desvío dirección A Coruña: NOVA VARIANTE AC-524, rúa do Paraíso, rúa Lagartos e rúa de Galicia.

Ademais estará prohibido estacionar nos días de corte no párking anexo á Alameda e enfrente na Avenida Alfonso Senra do número 109 ao 126.

Por outro lado tamén se marcarán unhas paradas de bus provisionais. Así en dirección Santiago a parada ubicarase na avenida de Alfonso Senra nº 120, (tenda Javier Alfonso), e en dirección Coruña na avenida de Alfonso Senra nº 137 (bar Mira).
Durante as festas tampouco se cobrará a O.R.A.

A Policía Local do Concello de Ordes prega aos usuarios en xeral que respecten a sinalización instalada e as indicacións de Protección Civil e Policía Local.

*

lunes, 9 de agosto de 2010

Días de música e baile na Alameda

Ordes viviu unha fin de semana chea de música coa celebración do Día da Muiñeira e o Día das Bandas

Ordes segue a sumar actos culturais ao seu verán, e esta fin de semana tivo á música como protagonista. Así o sábado celebrábase o Día da Muiñeira e a tarde do domingo o Día das Bandas, dúas celebracións que encheron a Alameda de veciños e visitantes.

En canto ao Día da Muiñeira, nel participaron catro agrupacións, a Agrupación Folclórico- Cultural Sementes do Arte de Ordes, o Grupo de danzas da Asociación Cultural Veciños de Leira, a Agrupación Folclórico Cultural San Martiño de Cerceda e Os Xeitosos de Trazo.

Día das Bandas
Por outra parte o Día das Bandas, celebrado na tarde do domingo tamén contou cun gran éxito, sendo nesta ocasión a Banda de Música de Agolada e a Banda de Música de Ordes as que foron protagonistas no escenario.

Foto arriba: Momento de baile de Muiñeiras na Alameda ordense.
,
Foto abaixo: O concelleiro de Cultura e Deportes de Ordes, José Ramón Vázquez Raña, xunto a Fernando Gontad, director da Banda de Música de Ordes e Nilo Jesús García Armas, director da Banda de Música de Agolada.
*

domingo, 8 de agosto de 2010

O Mesón do Vento encheuse das mellores xaurías de caza galegas

.
Ordes pechou a XVIII Feira de Cans de Caza cunha boa acollida de público e participación

O Concello informa hoxe de que milleiros de persoas se achegaron durante o dia de hoxe ao recinto feiral de Mesón do Vento para visitar a XVIII Feira de Cans de Caza organizada polo Concello de Ordes.

Este mediodía se fixo entrega dalgúns dos premios outorgados ás mellores camadas e exemplares. Así a distinción á mellor camada de Caza Maior foi para a de Andrés Ferreiro, a de mellor camada de caza menor foi para a de Alejandro González, e a de Juan Manuel Calvo foi premiada como mellor camada de cans de mostra, saindo campeón do Campionato de Caza de Perdiz con can, José María Carnota.

Na entrega dos premios participaron o presidente da Federación Galega de Caza na Coruña, Manuel Saa, o presidente da Sociedade O Gatillo, Leoncio Gómez e o concelleiro, José Luis Gómez Candal.

Como actividades complementarias o recinto feiral de Mesón do Vento tamén contou com diferentes stands con todo tipo de complementos para cans. Ademais hoxe, como boa feira que se precie, tampouco faltou a gastronomía con degustación gratuíta de caza.

A frase de José Luis Gómez Candal, concelleiro de Promoción Económica, Turismo, Mercados e Exposicións de Ordes
"Trátase dunha cita que medra cada ano un pouco máis, convertíndose xa en todo un referente a nivel galego, e conseguindo nesta ocasión un éxito rotundo en canto a participación e visitantes"

Foto arriba: Vista das xaurías da Feira.

Foto abaixo: O concelleiro José Luis Gómez Candal con José María Carnota, campión de Caza de Perdiz con can.

*

sábado, 7 de agosto de 2010

O BNG buscará mobilizar a Ordes contra a ampliación do vertedoiro de Sogama

.
Agardan acadar a lo menos 3.000 sinaturas de adhesión á petición á Xunta de Galicia

Castro: "Co proxecto de ampliación da súa capacidade en máis de 340.000 toneladas converterase no vertedoiro da meirande parte do país”

O BNG de Ordes anunciou hoxe o comezo de recollida de sinaturas para evitar a ampliación do vertedoiro de Sogama. Fronte a esta situación, os nacionalistas instalarán unha carpa na Alameda e repartirán carteis informativos e impresos para a recollida de sinaturas nos comercios ordenses, co obxectivo de informar e implicar aos veciños na “urxente e necesaria mobilización social, co obxectivo de frenar un proxecto que pretende converter a comarca de Ordes no vertedoiro de todo o país, reforzando un modelo de tratamento de residuos que se ten demostrado moi prexudicial para o medioambiente e que constitue un perigo para a saúde”, segundo palabras do seu portavoz municipal, Gonzalo Castro. O BNG instará á Xunta a variar o modelo de xestión de residuos, descartando a ampliación de Sogama, descentralizandoo e abandoando a incineración.

Castro lembrou que nas diferentes reunións celebradas polo BNG con colectivos veciñais “constatouse a preocupación existente diante de feitos como o verquido de lixiviados aos ríos colindantes, o soterramento de medicamentos, ou mesmo os incendios que se teñen declarado no propio vertedoiro, que non fan máis que poñer de manifesto que a xestión dos resíduos que se está a facer na actualidade dista moito de ser medioambientalmente sostíbel e pode ter consecuencias irreversíbeis para o medioambiente e a saúde da nosa comarca”.

As frases de Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG de Ordes
“O vertedoiro da Areosa foi aberto no ano 1996 como medida provisional para almacenar residuos da planta de Sogama, pero co proxecto de ampliación da súa capacidade en máis de 340.000 toneladas converterase no vertedoiro da meirande parte do país”

"Agardamos conseguir un éxito semellante ao da mobilización que se levou a cabo para o desvío do tráfico de camións de Sogama da vila, que logrou a adhesión de máis de 3.000 sinaturas, que resultaron decisivas para que a Xunta asumise o compromiso da construcción da Rolda Leste, que ainda que se trata dunha infraestructura manifestamente mellorábel, constitue un avance para o definitivo desvío do tráfico de camións de Sogama da vila de Ordes"

Foto: Cartel deseñado polo BNG de Ordes contra a ampliación do vertedoiro de Sogama.

*

O paseo fluvial conta xa con aparellos de ximnasia para os maiores

.
Segundo o Concello, estes equipos biosaudables cumpren un interesante servicio público de benestar e saúde

A área fluvial do Río Mercurín xa conta cunha serie de equipos biosaludables dirixidos, sobre todo, á terceira idade do municipio. Con estes equipos preténdese mellorar a calidade de vida dos maiores do municipio a través da realización dos exercicios que se propoñen, así como tamén se busca fomentar lugares de encontro e diversión.

Tódolos equipos dispoñen dunha placa de instruccións que incorpora textos sinxelos e debuxos, onde o usuario pode comprender o funcionamento e os obxectivos do mesmo.

Segundo palabras de Xesús Pedreira, concelleiro de Medio Ambiente, Medio Rural e Sanidade de Ordes, "trátase dunha nova filosofía de vida para os nosos maiores, para que disfruten do seu tempo de ocio con saúde como se merecen”.

*

O Concello pon en marcha un novo curso de habilidades sociais para discapacitados

.
Terá lugar no mes de outubro e o prazo de inscrición xa está aberto, debéndose entregar a solicitude na Oficina Integral da Discapacidade

O Concello porá en marcha un novo curso de habilidades sociais para persoas con discapacidade a partir do próximo día 1 de outubro e ata o 31 de marzo de 2011. Trátase dun curso dirixido a persoas que teñan unha discapacidade legal, recoñecida pola Xunta de Galicia nun grao non inferior a un 33%, que se celebrará todos os días laborables da semana 4 horas cada día en horario de mañá. O curso é totalmente gratuíto e terá lugar na Aula de Mesón do Vento, ao igual que o que xa se celebrou durante o curso pasado.

Todos aqueles que estean interesados en participar deberán formalizar a súa inscrición asinando unha solicitude e aportando unha fotocopia do DNI do interesado e/ou do seu representante, e unha fotocopia da Calificación Legal da discapacidade.

Haberá prazas limitadas polo que se terán en conta as solicitudes que se formalicen por rigoroso orden de entrada no Concello. Para máis información pódese contactar coa Oficina Integral da Discapacidade do Concello de Ordes.

A frase de Silvia Marín, concelleira de Discapacidade de Ordes
"Con esta iniciativa, o goberno local do Concello de Ordes pretende facilitar a integración dos participantes na sociedade, á vez de servir como respiro para as familias destas persoas que sofren algún tipo de discapacidade"

*

viernes, 6 de agosto de 2010

Esta noche....Siniestro Total

.
El inmortal grupo vigués actúa hoy en la primera noche del Festival Brincadeira en el Campo da Feira

La legendaria banda de rock Siniestro Total, liderada por Julián Hernández y en activo desde 1982, ofrecerá esta noche un concierto dentro del programa diseñado por el Concello de Ordes para la edición 2010 del Festival Brincadeira. Junto a los vigueses actuarán a partir de las 22:00 h. Chícharo Psicótico, Gualitxo y Sex Museum.

Puedes ver a continuación una actuación en directo de la banda en el programa de Gran Wyoming:



*

A Alameda acollerá unha fin de semana chea de música e folclore

.
Mañá sábado celebrarase o Día da Muiñeira e o domingo o Día das Bandas

O municipio ordense sigue adiante coa súa programación do Verán Cultural e para esta fin de semana ten previsto celebrar dúas das súas citas máis importantes. Así mañá sábado pola tarde terá lugar o Día da Muiñeira, e o domingo o Día das Bandas.

En canto ao Día da Muiñeira, terá lugar mañá pola tarde a partir das 20:00 horas na Alameda, e nel participarán catro agrupacións, a Agrupación Folclórico- Cultural Sementes do Arte de Ordes, o Grupo de danzas da Asociación Cultural Veciños de Leira, a Agrupación Folclórico Cultural San Martiño de Cerceda e Os Xeitosos de Trazo. Ao comenzo do acto os catro grupos bailarán unha peza ao mesmo tempo, dando paso despois ás actuacións de cada agrupación.

Bandas de música
Por outra parte e xa na xornada do domingo, a Alameda de Ordes acollerá tamén a partir das 20:00 horas, a celebración da XI Xuntanza de Bandas de Música Populares organizada pola Asociación Cultural “Amigos da Música” e que conta coa colaboración do Concello de Ordes. Nesta ocasión as bandas que poñerán a música na Alameda ordense serán a Banda de Música de Ordes e a Banda de Música de A Golada.

*

Aberto o prazo de inscrición nas ligas deportivas da comarca

.
Organizadas pola Asociación Deportiva de Ordes coa colaboración do Concello, este ano está previsto que haxa ligas de fútbol sala femenino e masculino, badminton, balonmano, tenis, tenis de mesa, xadrez, baloncesto, tute, voleibol, diana, póker, chave e futbolín

A Asociación Deportiva de Ordes, contando coa colaboración do Concello, ten todo preparado para a celebración esta próxima tempada das Ligas Deportivas da Comarca de Ordes.

Unhas ligas, que nesta ocasión e como novidade, incluirán diferentes modalidades. Así, está previsto que se celebren ligas de fútbol sala femenino e masculino, badminton, balonmano, tenis, tenis de mesa, xadrez, baloncesto, tute, voleibol, diana, póker sen apuestas, chave e futbolín. A inscrición mínima para que se celebre a liga en cada modalidade será de sete equipos por deporte.

Inscricións ata o 15 de setembro
Todos aqueles que estean interesados en participar deberán facer as súas inscricións ata o próximo 15 de setembro no teléfono 606910334, onde poderán recibir máis información, así como a través da dirección de correo electrónico asociaciondeportivaordes@gmail.com ou na web www.asociaciondeportivaordes.es.tl

A tempada pasada tan só se organizara a liga de fútbol sala masculino que contou cun gran éxito de participación con máis de 200 persoas inscritas e 15 equipos de toda a comarca.

*

jueves, 5 de agosto de 2010

Ardemil celebra esta fin de semana a súa tradicional malla

.
Organizada pola Asociación Cultural Castro da Croa e que conta coa colaboración do Concello de Ordes

A parroquia ordense de Ardemil acollerá esta fin de semana a celebración da súa tradicional malla. Un evento organizado pola Asociación Cultural Castro da Croa e que conta coa colaboración do Concello de Ordes.

Aínda que xa o pasado sábado 31 de xullo se levou a cabo a sega do trigo, os actos centrais da malla de Ardemil terán lugar esta fin de semana, dando comenzo o venres día 6 de agosto pola noite, a partir das 22 horas, con panceta de balde para todos os asistentes.

Xa na xornada do sábado, un pouco antes das 12 horas inaugurarase unha estatua en homenaxe á malla, ao que seguirá a malla propiamente dita, que se completará cunha gran feira de antigüedades e tractores novos e antigos. Dende a organización esperan que se trate da feira de antigüedades máis grande de Galicia, que contará ademais con feira de tractores novos e exposición de coches antigos, motos, tractores, mobles, pías, arapos e motores antigos de mallas entre outras cousas.

Tamén na xornada do sábado, pola mañá contarase coa actuación dun grupo de gaitas e a partir das 16 horas actuación do grupo “Maldados”. Polo día e á noite actuación do grupo “Dúo Tajú”.
Ademais haberá carpas con polbo e carne ó caldeiro e a actuación dun mimo.

Xa para o domingo día 8 de agosto, ás 12 horas haberá unha concentración de tractores antigos.

*

Un 'duelo' de bandas para este domingo

A Banda de Música de Ordes e de A Golada nos deleitarán na Alameda con obras do seu repertorio clásico e popular

Este domingo 8 de agosto a partir das 20:00 horas terá lugar na Alameda de Ordes a XI Xuntanza de Bandas de Música. Nesta ocasión a Banda de Ordes, quen actuará de anfitriona, recibirá á Banda de A Golada quen interpretarán obras do seu repertorio clásico e popular.

A Xuntanza está organizada pola Asociación Cultural Amigos da Música de Ordes, en colaboración co Concello de Ordes.

Foto arriba: Banda de Música de Ordes dirixida por Fernando Gontad.

Foto abaixo: Banda de Música de A Golada.

*

miércoles, 4 de agosto de 2010

La parada de autobús dirección A Coruña no cumple con las recomendaciones de seguridad vial


Debería estar colocada después del paso de peatones y nunca antes, como está ahora
.
González las reubicó erróneamente en octubre de 2009 pretendiendo "garantir unha maior seguridade vial"

En octubre del año pasado, el concelleiro de Obras y Urbanismo, Roberto González, reubicaba las paradas de autobús en dirección Santiago y A Coruña. Por aquel entonces seguraba haberlo hecho, según sus propias palabras, "para garantir unha maior seguridade vial tanto para os usuarios dos autobuses como dos propios vehículos que circulan pola avenida de Alfonso Senra”.

Pero lo cierto es que la ubicación de una de las paradas, concretamente la de dirección norte A Coruña no cumple con las recomendaciones en seguridad vial que dicta la Fundación Real Automóvil Club de España (RACE), sobre la ubicación de pradas de autobús cercanas a los pasos de peatones. Estas recomendaciones establecen que "es correcto" implantar una parada de autobús cerca de un paso de peatones, o viceversa, pero esta "deberá situarse siempre después del paso para evitar así que el propio autobús haga de pantalla impidiendo disponer de una buena visibilidad del paso de peatones".


Debería estar situada frente a la iglesia
Así, la ubicación ideal de la parada debería estar situada justo frente a la iglesia de Santa María y no donde está ahora, frente al paso de peatones. Sin embargo, tal y como se percibe en las fotografías, la parada en dirección sur hacia Santiago sí está correctamente ubicada, pues deja a espaldas del autobús el paso de peatones.

Como ejemplo de respuesta a tales conclusiones, el Cabildo de Tenerife recientemente trasladó todas las paradas situadas antes de los pasos de peatones -como la ordense- siguiendo las recomendaciones del RACE.

Foto arriba: Parada de autobús en dirección norte-A Coruña. Como se aprecia, el autobús hace su parada justo antes del paso de peatones, haciendo de pantalla y evitando la visibilidad de los peatones que cruzan y de los véhículos que pretendan pasar junto al autobús detenido, tal y como denuncia el RACE.

Foto abajo: Parada de autobús en dirección Sur-Santiago. La parada está correctamente ubicada después del paso y los peatones y conductores de vehículos tienen una óptima visibilidad de ambos carriles.

*

O campo da feira encheuse de nenos coa celebración do Día do Neno

O Concello preparou para os pequenos, inchables, todo tipo de obradoiros, un rocódromo e unha festa da escuma

O municipio ordense celebrou na tarde de onte unha das súas citas veraniegas máis esperadas polos máis pequenos da casa, o Día do Neno. Unha celebración que como cabía esperar, non defraudou en canto á participación e á diversión.

Así o campo da feira ordense encheuse de pequenos e pequenas do municipio que puideron disfrutar coas diferentes actividades programadas polo Concello para dita celebración. Inchables, obradoiros de vidro, maquillaxe e de manualidades e un rocódromo fixeron pasar unha tarde divertida ao gran número de participantes, unha tarde que se pechou cun gran broche final, a festa da espuma.

*

martes, 3 de agosto de 2010

De andaina polo roteiro do Mercurín

O próximo 21 de agosto volverase a repetir o roteiro e todos os que queiran participar deberán anotarse con anterioridade no Concello

O pasado 31 de xullo tivo lugar un roteiro polas marxes do río Mercurín no cal participaron un grupo de 15 persoas motivadas e interesadas polo sendeirismo. Ao longo dos 15 quilómetros de percorrido que durou aproximadamente catro horas, os participantes disfrutaron das paisaxes que ofrece a nosa comarca.

O roteiro volverá a realizarse o próximo sábado 21 de agosto. Todas aquelas persoas que queiran participar terán que anotarse no Departamento de Medio Ambiente do Concello de Ordes.
.

A frase de Xesús Pedreira, concelleiro de Medio Ambiente de Ordes
"O obxectivo desta actividade enmarcada dentro do bloque de sendeirismo do programa de Voluntariado Verde é fomentar o contacto coa natureza ó tempo que se mellora a condición física a través de actividades ao aire libre promovendo así un hábito saudable"

*

lunes, 2 de agosto de 2010

Gran éxito da Xuntanza de Corais onte na igrexa de Santa María

Centos de persoas acudiron a ver este evento musical que vai xa pola súa décima edición

A igrexa de Santa María de Ordes serviu de escenario onte pola tarde para celebrar unha nova edición da Xuntanza de Corais do Concello de Ordes. Unha xuntanza que foi xa pola súa décima edición e que contou cun bo número de público que non se quixo perder esta xornada adicada á música en Ordes.


Nesta ocasión participaron no concerto catro grupos corais pertencentes a diferentes municipios de toda a provincia.
*

O Día do Neno chega mañá ao Campo da Feira

.
A partir das 17:00 horas haberá inchables, xogos, un rocódromo e unha festa da espuma

Mañá pola tarde vai ter lugar unha nova edición do Día do Neno. Unha xornada adicada aos máis pequenos do municipio que poderán disfrutar de todo tipo de xogos no municipio.

Os actos darán comenzo a partir das 17:00 horas no campo da feira ordense onde se instalarán todos os xogos e onde os nenos e nenas do municipio poderán disfrutar dunha xornada adicada única e exclusivamente para eles. Haberá inchables para os máis pequenos e diferentes obradoiros de manualidades, vidro, maquillaxe e tatuaxes, ademais dun rocódromo de parede e unha gran festa da espuma.

*

domingo, 1 de agosto de 2010

Negreira (PP) da a entender que en Ordes habrá renovación de la cabeza de lista a las Municipales

.
Según ha podido saber Ordessiete, el candidato o candidata popular podría darse a conocer oficialmente en los últimos días del mes de agosto

El presidente provincial del PPdG, Carlos Negreira, viene de presentar al empresario José Manuel Guerra como cabeza de lista de los populares en el Concello de Teo. En ese mismo acto se dio a conocer los planes del partido de renovar las cabezas en todos aquellos municipios de la provincia de A Coruña donde no se gobierna. Inedudiblemente, tal premisa afectaría a entre otros, a nuestro concello de Ordes.

Si bien en un principio los planes de Negreira, a la postre también candidato a la alcaldía de A Coruña, pasaban por presentar las cabezas de lista de todos los municipios de la provincia antes del 31 de julio, según ha podido saber Ordessiete, el candidato o candidata que finalmente opte a la alcaldía de Ordes por los populares se dará a conocer oficialmente los últimos días del mes de agosto.

Foto: El presidente provincial del PPdG y candidato a la alcaldía de A Coruña, Carlos Negreira.

*

Ordes acolle a celebración dun curso de socorrista acuático dirixido a desempregados


Serán un total de 265 horas de duración e terá prácticas non laborais

O municipio ordense acolle a celebración dun curso enmarcado dentro da programación de accións formativas dirixidas prioritariamente para persoas traballadoras desempregadas da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia. Concretamente trátase dun curso de socorrista acuático totalmente gratuíto para os participantes.

Este curso constará de 265 horas de duración e prácticas non laborais. Nel están participando 15 persoas que están a realizar tanto clases prácticas como teóricas, as prácticas na piscina climatizada e as teóricas na Casa da Cultura.

Foto: Alumnos participantes no curso de socorrista acuático.
*

Esta noite terá lugar a X Xuntanza de Corais

.
Na Igrexa de Santa María a partires das 21:30 h.

Hoxe domingo día 1 de agosto terá lugar unha das citas culturais máis características do verán ordense, a Xuntanza de Corais. Unha xuntanza que vai xa pola súa décima edición e que terá lugar a partir das 21:30 horas na Igrexa de Santa María de Ordes. Nesta ocasión participarán no concerto catro grupos corais pertencentes a diferentes municipios de toda a provincia.

Así chegarán a Ordes os membros da coral Aires de Carral que están dirixidos por Juan J. Gordillo, o Coro da Terceira Idade do Concello de Abegondo dirixidos por María del Mar Mariño, a Coral Polifónica Lembranzas de Santa Cruz de Oleiros que dirixe Salvador Gastón, e a Coral de Santa Cruz de Montaos dirixida por Fernando Taboada.

*