jueves, 21 de mayo de 2009

Xosé Manuel Lema gaña o II Certame de Poesía Concello de Ordes


O xornalista lévase un premio de 350 euros e diploma

O xornalista e escritor Xosé Manuel Lema Mouzo, de Santa Comba, alzouse co primeiro premio na categoría xeral do II Certame de Poesía Concello de Ordes coa súa obra O doce sorriso da miña nai. Un posto premiado con 350 euros e diploma acreditativo. A finalista foi a ordense Marisol Gándara Sánchez, con Reciclar Amor, que levou un premio de 200 euros e diploma acreditativo.
.
O resto de gañadores son ordenses
As outras dúas categorías, xuvenil e infantil, foron copadas por veciños e veciñas de Ordes, que foron premiados con 140 e 110 euros respectivamente. Así, dúas mulleres coparon os dous premios da categoría xuvenil: Paula Martínez Díaz, con Cavilando; e Olalla Tojo Souto, con Reino atrapado. Na categoría infantil, os gañadores foron dous rapaces de Ordes: Pablo Otero Villaverde, con O neno coxo, e Samuel Temprano Gago, con Carta dun namorado.

Os premios foron entregados polo alcalde de Ordes, Manuel Regos; a concelleira de Educación, Silvia Marín; e o concelleiro de Cultura, Ramón Vázquez Raña, durante un acto no que os premiados leron os seus poemas e que estivo animado musicalmente polo grupo de gaitas 'Embruxo de Leira'. O Concello de Ordes tamén agasallou a todos os rapaces participantes, que levaron para as súas casas un libro de agasallo.

As frases de Ramón Vázquez, concelleiro de Cultura
"É un modo de valorar o seu traballo pola literatura e a lingua galega"

"Un agasallo que agardamos serva como estímulo para que sigan escribindo poesía na nosa lingua"
.
Foto arriba: Pablo Quinteiro de Radio Ordes e o alcalde Manuel Regos cos gañadores na categoría xuvenil.
.
Foto medio: Gañadores da categoría infantil.
.
Foto abaixo: O alcalde Manuel Regos coa gañadora en categoría xuvenil, Paula Martínez.
*