Unhas duas mil persoas secundaron a movilización
Miguel Prado: "Estamos aquí para apoiar unha manifestación en defensa dun sector estratéxico para a nosa comarca"
"Esiximos garantía de recollida e prezo”. Baixo este lema discurriu a manifestación en defensa do sector lácteo que esta mañá atravesou o centro da vila a instancias de Unións Agrarias, Sindicato Labrego Galego, Asociación Agraria Xóvenes Agricultores e a Asociación Galega de Cooperativas Agrarias. Unha marcha que foi encabezada polos alcaldes que integran a Mancomunidade de Municipios da comarca de Ordes e apoiada por unhas 2.000 persoas segundo estimacións dos propios sindicatos convocantes.
Miguel Prado, presidente da Mancomunidade de Ordes e alcalde de Frades
“Estamos aquí para apoiar unha manifestación en defensa dun sector estratéxico para a nosa comarca, non só para os gandeiros que viven da venda do leite, senón tamén para o resto da poboación da zona”
“Se comezan a pecharse explotacións isto non só afectará aos gandeiros, senón tamén ao sector comercial e a toda a economía da comarca de Ordes”
Manuel Mirás, alcalde de Oroso
"O sector leiteiro está vivindo unha situación complicada, cuns prezos en orixe que diminúen constantemente e cuns custes de produción que non deixan de medrar, polo que entendemos que a situación que sofren os nosos produtores é insostible e hai que buscarlle unha solución a curto ou medio prazo”
Manuel Regos, alcalde de Ordes
"É de descatar a gran colaboración e solidariedade amosada polos comerciantes de Ordes que pecharon os seus negocios ás doce da mañán para participaron nesta marcha en defensa do sector lácteo”
*