Espaldarazo do Pleno ás obras da nova Casa do Concello
Manuel Regos retira da orde do día a cesión da parcela para a casa cuartel ao non ter chegado un certificado do registro da propiedade
Regos: “Dicir non á ampliación da casa consistorial é dicir non tamén á subvención de 660.000 euros da Xunta de Galicia”
O pleno extraordinario do mércores acordou estimar as alegacións veciñais presentadas á modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal na parte correspondente á construción dun aparcamento soterrado no parque Félix Rodríguez de la Fuente. Así mesmo, o Grupo de Goberno decidiu seguir adiante coa modificación puntual das normas subsidiarias no que atinxe á ampliación e reforma da casa consistorial.
"Despilfarro en cemento e formigón"
Pola súa banda, o BNG manifestaba que a recalificación urbanística intentada polo Goberno Municipal non é casual e emplazou ao goberno municipal a “abandonar esta política de despilfarro en cemento e formigón”, xa que, segundo Gonzalo Castro, o que “necesitan os nosos veciños é que se utilicen os fondos públicos para mellorar os servicios sociais e para crear emprego en Ordes”.
.
O concelleiro de Obras, Roberto González fixo fincapé no feito de que a modificación das normas subsidiarias de planeamento municipal permitiran correxir erros pasados. A actual casa consistorial figura como edificio cultural e iso témolo que cambiar”, explica o concelleiro de Urbanismo. Neste sentido, a actual casa consistorial de Ordes figura como “equipamento sociocultural” nas normas subsidiarias de planeamento municipal, cualificación que o actual Grupo de Goberno quere cambiar ao correcto “equipamento técnico-administrativo e de servizos”.
"A subvención só pode empregarse neste proxecto"
Fronte aos reproches dos grupos da oposición, que cuestionaban a idoneidade de acometer estas obras nun contexto de crise económica e recomendaban investir eses cartos en proxectos de xeración de emprego, o alcalde ordense lembrou que “a subvención que conseguimos da Xunta para a ampliación e reforma da casa consistorial só pode empregarse para este proxecto”, xa que son uns cartos dos que o Concello de Ordes non pode dispoñer libremente senón que están consignados para un fin determinado.
Retirada da cesión da casa cuartel
Por outra banda, Manuel Regos retirou da orde do día o punto terceiro, correspondente á cesión gratuita dunha parcela á Dirección Xeral da Garda Civil para a construción dunha Casa Cuartel en Ordes. Manuel Regos explicou que dende o rexistro da propiedade non enviaran un último certificado pendente, polo que non se podía debater este punto ata dispoñer da devandita documentación que, segundo o rexistro, chegará o vindeiro venres.

Petición a Audasa
Onde si houbo unanimidade foi na petición a Audasa, empresa concesionaria da explotación da autoestrada AP-9, para que doe os cartos recaudados na peaxe de saída de Ordes na noite do pasado 30 de abril, data da celebración da gala “Panorama contra o cancro”, para destinalos á Asociación de Loita contra o Cancro. Todos os grupos coincidiron en destacar o gran éxito de organización deste evento e reclamaron de Audasa que, neste tipo de eventos, non cobre a peaxe e que realice melloras na entrada e saída da autopista en Ordes.
O alcalde aproveitou para agradecer a colaboración amosada por todos os veciños e veciñas, que permitiu que un evento que reuniu a preto de 50.000 persoas en Ordes (o que supón cuadruplicar a poboación do municipio) se desenvolvese sen ningún tipo de incidente. De feito, o concellerio de Sanidade, Xesús Pedreira, explicou que durante o concerto só se atenderon dous casos por intoxicación etílica e lembrou que na zona “aínda que non estivesen á vista había un operativo con tres médicos, tres ATS e dúas ambulancias da Cruz Vermella en posicións estratéxicas por se fora preciso evacuar a alguén”.

Unanimidade nas reivindicacións do sector lácteo
Finalmente, o pleno aprobou unha moción do BNG, enmendada polo Grupo de Goberno, sobre a defensa do galego e unha moción en apoio ao sector lácteo. Unha moción na que a corporación municipal solicita ao Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño e á Consellería do Medio Rural que “activen medidas urxentes de choque que despexen as incertezas de futuro dos gandeiros e gandeiras de Galicia”. A corporación municipal aprobou por unanimidade esta moción, segundo informa o Goberno municipal, en apoio á campaña en defensa do sector lácteo que están realizando as organizacións profesionais agrarias, Unións Agrarias, Xóvenes Agricultores, Sindicato Labrego Galego e a Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (AGACA).
Tamén o BNG presentaba unha moción na que solicitaba que a Corporación manifestase a súa vontade na defensa da lingua galega. Na citada moción, os nacionalistas solicitaban que o Pleno apoiase o ‘Manifesto pola convivencia lingüística e a igualdade de dereitos para o galego’ e que secundase as campañas e iniciativas que se promovan en defensa do idioma galego e, concretamente, a convocada para o vindeiro 17 de maio en Santiago de Compostela. A moción foi aprobada logo dunha emenda que excluia o apoio ao Manifesto e ás campañas do 17 de maio, Día das Letras Galegas.
As frases de Roberto González, concelleiro de Obras e Urbanismo
"Nunca houbo un proxecto para construir un parking, só se presentou un estudio que abría as portas a esta posibilidade pero non había planos, nin proxecto nin nada. Nestes momentos de crise económica tampouco sería o momento axeitado”
As frases de Manuel Regos, alcalde de Ordes
“Dicir non á ampliación da casa consistorial é dicir non tamén á subvención de 660.000 euros da Xunta de Galicia"
“Agardamos ter unha reunión co novo conselleiro de Presidencia para ver mesmo de incrementar esas axudas"
A frase de Gonzalo Castro, concelleiro do BNG
"Lamento que só o BNG levase os problemas do sector lácteo ao debate de política xeral que se está celebrando no Congreso dos Deputados, xa que nin o Presidente do Goberno Central nin o líder do PP mencionaron os problemas deste sector nos seus discursos”.
*