Os ordenses homenaxeados foron o AC Hockei de Ordes, o C.F. Mesón do Vento, Roberto Faya e Victorino Cores
O salón de festas do Hotel Os Carballos (Deixebre-Oroso) acolleu na noite de onte venres a II Gala do Deporte da Mancomunidade de Ordes, na que se fixo entrega dun total de 35 premios que distinguiron aos mellores deportistas e entidades deportivas dos concellos de Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo durante a tempada 2008-2009. Unha gala organizada polo Concello de Oroso, en colaboración coa Mancomunidade de Ordes, e patrocinada pola Deputación da Coruña.
Entre os invitados estaban presentes o triatleta e ciclista do Xacobeo Galicia, Iván Raña; o adestrador da selección galega de fútbol, Fernando Vázquez; o presidente do Autos Lobelle, José Antonio Lobelle; ou Valery Malov, figura internacional do tenis de mesa.
Deportistas ordenses premiados
Un total de 35 deportistas da mancomunidade foron premiados na Gala. Os ordenses homenaxeados foron os que seguen:
1º Premio - AC Ordes, equipo senior (Hockei)
Campións da Liga Autonómica Galega de Hockei sobre patíns. Categoría Absoluta. Ademais, clasificáronse coma segundos na Fase de Ascenso á 1ª División Nacional. Ele son: Buba, Ángel, Antón, Guillermo, Seijo, Roy, Adrián, Pablo, David, Fariza, Miguel e Edu. O adestrador é Marco Rey.
2º Premio - CF Mesón do Vento
O Clube de Fútbol do Mesón do Vento foi fundado na tempada 1978-1979 e conta na actualidade con 350 socios. Este ano están de celebración, xa que están no seu 30ª aniversario e, ademais, porque acaban de ascender a Rexional Preferente Norte finalizando a tempada como o quipo máis goleador e menos goleado. O ano pasado xa ascendera a 1ª autonómica.
3º Premio - Roberto Faya Cerqueiro (Atletismo)
Velocista ordense, corredor de 400 metros lisos, aínda que ás veces tamén corre nos 200 metros. Practica atletismo desde os 19 anos. Foi campeón galego absoluto de 100, 200 e 400 metros ata 10 veces. No seu poder está a segunda mellor marca de todos os tempos de Galicia nos 300 metros, que recorreu en tan só 34 segundos. Actualmente adestra no Atlética A Silva e esta mesma tempada proclamouse campión de España de 400 metros para maiores de 35 anos e campión de Galicia absoluto dos 400 metros.
Promesa - Equipo benxamíns AC Ordes (Hockei)
Adestrados por César Gómez Gago, os benxamíns do AC Ordes son o orgullo e a esperanza deste clube. Son rapaces de ata 11 anos que pertencen á primeira promoción de xogadores formados integramente no seo do AC Ordes. O equipo está formado por: Manuel Vidal , Daniel Grela, David Regueiro, Daniel del Río, Valentín Álvarez, Rodrigo Meijide, Daniel Gómez, Álvaro Botana, Miguel López, Fran Martínez e Tomás Romero.
A pesar da súa xuventude, xa teñen acadado importantes éxitos, entre os que destacan: o Campionato Galego Prebenxamín 2006, o primeiro posto no campionato Internacional de Valença de Miño ou, máis recentemente, o subcampionato galego benxamín da tempada 2008-2009.
Recoñecemento-Victorino Cores Liste (Atletismo)
- Segundo posto no Campionato Galego en 400 metros lisos en pista cuberta.
- Terceiro posto no Campionato Galego en 200 metros lisos en pista cuberta
- Campión galego de 400 metros lisos en maiores de 60 anos en pista cuberta.
- Subcampión galego en 200 metros lisos en pista cuberta.
- Subcampión galego de 800 metros lisos en pista ao aire libre.
- Subcampión galego en 400 metros lisos en pista ao aire libre.

*