lunes, 25 de mayo de 2009

Este sábado, dez horas 'non stop' de trekking, BTT, barranquismo, escalada, rapel...

.
Chega a Ordes a segunda edición do raid Odiseo organizada polo Club Seo, patrocinado polo Concello de Ordes coa colaboración de Deportes Capitán, Casal 18, Antón Veiras e Dona María

É preciso que teñas un gran nivel de experiencia e preparacion física

Este sábado 30 de maio chega a Ordes a segunda edición do raid Odiseo organizado polo Club Seo de Ordes co patrocinio do Concello. Trátase dunha proba deportiva multiactividade na que participarán un medio cento de atletas que percorrerán diversos lugares do concello practicando modalidades deportivas coma o trekking, mountain bike, carreira, barranquismo, rápel e orientación específica. Unhas probas que os competidores deberán afrontar durante as dez horas que durará a competición.


Liga Galega de Raids de Aventura
O II Raid Odiseo-Concello de Ordes será a segunda das cinco probas puntuables das que consta este ano a Liga Galega de Raids de Aventura. A competición desenvolverase polos montes do concello de Ordes, na que os participantes practicarán modalidades coma como trekking, BTT, barranquismo, escalada, rapels, orientación específica e probas urbanas, para o disfrute dos veciños e veciñas de Ordes.

A complexidade técnica das diferentes especialidades non requerirá de elevados coñecementos técnicos e non suporá unha traba aos equipos participantes, xa que calquera participante afeito ás actividades de montaña poderá afrontalas. Polo contrario, si será preciso un gran nivel de experiencia e preparación física, xa que a acumulación de desnivieis positivos e negativos, así como os quilómetros totais (entorno a uns 80 ou 90), esixirá que os competidores dispoñan dunha gran preparación física.

O Concello de Ordes participa coma patrocinador desta proba, que organiza o Club SEO e que conta coa colaboración de establecementos coma Deportes Capitán e casas rurais como Casal 18, Antón Veiras e Dona María.


*