viernes, 8 de mayo de 2009

Galiza Nova de Ordes critica a "entrega en man" das axudas por desprazamento a estudiantes

.
A organización xuvenil nacionalista afirma que Regos "obriga aos estudantes a participar nun acto propagandístico" que terá lugar mañá sábado

Galiza Nova estará o domingo 17 na Alameda de Compostela na manifestación a favor da lingua galega

A finais de abril, despois de que o BNG presentase unha iniciativa no pleno da Corporación Municipal de Ordes solicitando que se resolvesen as axudas para o desprazamento de estudantes, e segundo a organización, o alcalde Manuel Regos, comezou a comunicar as resolucións das solicitudes das axudas convocadas en setembro de 2008 para o desprazamento de estudantes de ensino secundario obrigatorio, bacharelato, ciclos formativos e universitarios do Concello de Ordes.

"Esperar mais de medio ano"
Para Galiza Nova de Ordes, "é inconcebible que os estudantes ordenses tiveran que esperar máis de medio ano para coñecer a resolución da súa solicitude de axuda, cando o curso escolar xa esta próximo a rematar". Ademáis, consideran "moi grave" que nas resolucións das axudas se estableza como requisito indispensable para poder percibir a mesma a participación do estudante nun acto publico de entrega das axudas presidido polo alcalde de Ordes, que terá lugar mañá 9 de maio na Casa da Cultura.

"Non é normal que en pleno século XXI, a entrega destas axudas se realice en man, en lugar de transferilas a unha conta bancaria do solicitante, obrigando aos estudantes a participar nun acto propagandístico do alcalde de Ordes, o que constitúe unha boa proba da actitude “clientelar e caciquil” que caracteriza a Manuel Regos, aseguran dende a organización.

Os seus responsables lamentan "a falla total de información que sufriron os mozos e mozas de Ordes respecto da resolución destas axudas", así como "a ausencia de máis medidas de apoio para os máis novos do Concello, non só no ámbito do ensino senón tamén no eido laboral, xa que nun contexto económico como o actual son moitos os mozos e mozas de Ordes que se ven obrigados a marchar da súa vila para conseguir un emprego, sen que o goberno municipal de Manuel Regos faga nada ao respecto".

Apoio á manifestación a favor da lingua galega
Galiza Ordes amosa tamén o seu apoio aos actos de mobilización convocados pola Mesa pola Normalización Lingüística en defensa da lingua galega convocada para o domingo 17 de maio ás 12 horas desde a Alameda de Santiago de Compostela .


*