Terá lugar ao longo de 30 horas, do 25 ao 29 de maio, no recinto feiral do Mesón do Vento
Pedreira: "A poda mellora a saúde da árbore e mellora a calidade da madeira"
O Concello de Ordes organiza un curso de formación gratuito denominado “Silvicultura, a poda agroforestal”, que terá lugar do 25 ao 29 de maio no recinto feiral do Mesón do Vento (Ordes). Un curso teórico-práctico de 30 horas de duración no que poderán participar 50 alumnos, que terán que anotarse no Concello de Ordes ou chamando ao teléfono 981 68 00 02.
Aprenderán distintas técnicas de poda
Ao longo deses catro días, os alumnos coñecerán a importancia das podas para conseguir un maior rendemento industrial da madeira e aprenderán distintas técnicas de poda, ademais de recibir consellos sobre datas, frecuencia ou procedementos de poda. Ademais, os asistentes coñecerán técnicas de poda por especies (coníferas, frondosas e frutais) e analizarán os efectos produtivos desta práctica e a súa importancia para a ordenación do monte.

Os veciños e veciñas ordenses interesados en participar en calquera dos tres cursos gratuitos poden anotarse no Concello de Ordes ou chamando ao teléfono 981 68 00 02. Cada curso ten un número limitado de 50 prazas, pero cada veciño pode inscribirse nos cursos que desexe. Ao finalizar cada iniciativa entregarase un certificado de asistencia.
As frases de Xesús Pedreira, concelleiro de Medio Rural
“A poda non só mellora a saúde da árbore e diminúe o risco de incendios, senón que tamén mellora a calidade da madeira e diversifica os seus posibles destinos industriais, polo que pode supoñer un aumento da renda forestal dos veciños”
“O obxectivo do Concello de Ordes é ofrecerlles aos nosos veciños o acceso a unha serie de técnicas e coñecementos que de seguro incrementarán a produtividade das súas explotacións, algo tan importante nestes tempos de crise económica”.
*