Promovido pólo Concello, terá lugar ata o vindeiro 18 de febreiro en Mesón do Vento
Regos: "A nosa política de emprego céntrase na formación para que os desempregados poidan conseguir un posto de traballo de calidade"
Un total de 20 persoas desempregadas de Ordes están a participar dende esta semana nun curso de mantemento industrial promovido polo Concello de Ordes en colaboración coa Federación de Industria de Comisións Obreiras de Galicia.
As clases, que deron comenzo o pasado luns 31 de xaneiro no Mercado Agrario Comarcal de Mesón do Vento, celébranse en horario de luns a venres de 16:00 a 20:00 horas, ata o 18 de febreiro. O curso ten unha duración de 60 horas, e trataranse contidos relacionados coa electricidade, electrónica, neumática, hidráulica e fontanería.
Esta iniciativa súmase así aos outros cursos formativos dirixidos aos desempregados do municipio que puxo e está a poñer en marcha o Concello de Ordes e nos que teñen participado xa centos de ordenses nesta situación de desemprego.
A frase de Manuel Regos, alcalde de Ordes
“A nosa política de emprego céntrase na formación co fin de que os desempregados ordenses conten coa mellor preparación para conseguir un emprego de calidade”
*