A presidenta de Cáritas Ordes entre José Luis Martínez Sanjurjo, Pilar Farjas e Diego Calvo. |
O candidato do Partido Popular á alcaldía de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, comprometeuse hoxe a implantar un comedor social na nosa localidade promovido polo Concello. Sanjurjo efectuou o anuncio esta tarde, no trancurso dun cocido solidario organizado por Cáritas e polo Partido Popular local, e que contou coa asistencia da conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, e do delegado da Xunta de Galicia na provincia de A Coruña e secretario provincial do PP, Diego Calvo.
Martínez Sanjurjo amosouse convencido de que “en Ordes temos capacidade, imaxinación e recursos para facer moito máis para axudar aos que peor o están pasando”.
Ao remate do acto, Martínez Sanjujo entregou á presidenta de Cáritas de Ordes o importe recadado nesta actividade solidaria, 1.000 euros, que a responsable da ONG agradeceu en nome propio e no de toda a a organización.
A frase de José Luis Martínez Sanjurjo, candidato do PP á alcaldía de Ordes
“Máis que nun acto político, estamos nunha celebración solidaria de apoio a Cáritas, unha organización da que destacou o esforzo que está a desenvolver neste momento de crise para axudar aos máis desfavorecidos"
"Axudando a Cáritas axudámonos a todos”
*